Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
miércoles, 31 de marzo de 2021
As campás de Lodoselo rememorando o 31 de marzo
Queremos que nos oian. Necesitamos outras políticas que vertebren o territorio. Basta xa! Sen un medio rural habitable e habitado o futuro é menos esperanzador.
viernes, 19 de febrero de 2021
"Sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social"
Hai un tempiño (entre un e dous meses, coido) viñeron pasar un día con nós Miguel e Marta para gravar e falarmos da nosa realidade. Hoxe, Miguel Ares, enviounos este documental no que se recollen algunhas imaxes de Lodoselo e as intervencións de Juan (veciño) e Toño (como voceiro do CDR O Viso).
Este é un documental sobre o rural galego e o seu progresivo despoboamento. Segundo o Instituto Galego de Estatística temos en Galicia máis de 154.000 persoas maiores de 70 anos. A gran maioría vive en núcleos rurais que, aos poucos, se van baleirando. Co abandono do rural pérdese un xeito de vida que nada ten que ver co das cidades: o contacto coa natureza e cos veciños, o ritmo lento, valores e relacións baseadas na confianza mutua... De todo isto falan neste filme homes e mulleres que naceron en aldeas cheas de vida e aínda viven nestes núcleos de poboación onde, hoxe, a falta de relevo xeracional é unha realidade.
Como contrapunto, entrevístase tamén a habitantes retornados ás súas orixes rurais. Son retratos filmados que contan historias de sabedoría cunha linguaxe narrativa sinxela e pausada. Cos uns e cos outros componse unha sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
viernes, 12 de febrero de 2021
Na víspera do Día Mundial da Radio: IncluLimia. Radio Lodoselo
Hoxe Anabel, educadora do CDR O Viso charla con Araceli e Bruno de Limisi.
viernes, 8 de enero de 2021
Unha regalía: para gozar da nosa contorna
lunes, 4 de enero de 2021
O lobo no Covelo
Velaquí unha nova de interese porque xa había tempo que non tiñamos visto o lobo por aquí. Esta vez poideron grabar estas imaxes á beira da granxa O Covelo.
Será que hai neve na Serra e nos altos pero chámanos a atención que se achegue tanto e máis cando si temos constancia de que hai outras poboacións ben abondosas na contorna (xabaríns, cervos...) e que debería manter á liña se a presenza do lobo fose real.
Ou vai ser que non é un lobo o que aparece no vídeo? Fálannos de varios avistamentos estes días en varios lugares (Nocelo da Pena, Perrelos, Portela... ) e mesmo de algunha matanza. Pero foi o lobo?
sábado, 5 de diciembre de 2020
Día de neve e filloas
https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d346173855k1482122o2l1/Neve. Filloas. Dec. 2020
Nevou o xoves, o venres... e así estaba o campo da Lama e arredores esta mañá. Con dous monecos de neve na ventá da vivenda comunitaria ollando o quentiños que están dentro. As fotos de exterior son de Fran.
E, á hora da merenda apareceu a Manola, que fixo a matanza en Nocelo, cun bo agasallo para esta xente (algúns son moi lambisqueiros): filloas da matanza feitas pola Manola!!! Moitísimas grazas. As fotos de interior son de María José
martes, 1 de diciembre de 2020
Grazas, Tito, por este agasallo
Tema do cantautor Antonio Luz sobre o vivir, o sentir e o latexar do rural.
jueves, 19 de noviembre de 2020
" O esencial é invisible ós ollos, vese co corazón"
25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Porque a violencia contra a muller constitúe un obstáculo para o logro da igualdade, o desenvolvemento e a paz (ONU)
domingo, 8 de noviembre de 2020
Parabéns, Sra. Encarnación: No Luar e na Región con motivo do seu 100 aniversario
A Sra. Encarnación leva varios anos en "A túa outra casa" a vivenda comunitaria tutelada que o CDR O Viso puxo en marcha hai máis de 18 anos.
Aínda que a maioría dos programas do CDR para as persoas maiores da nosa contorna tratan de conseguir o obxectivo de que poidan permanecer nas súa casas, con todos os apoios posibles e ese é o modelo polo que apostamos, temos que recoñecer que ten habido momentos nos que "A túa outra casa" ten servido como opción a que algunha xente non teña que marchar lonxe dos seus lugares de referencia.
Nesta vivenda para 12 persoas con todas as precaucións deste momento pola pandemia maldita celebramos o pasado 27 de outubro o aniversario da Sra. Encarnación.
Veciña de Cortegada, deste Concello de Sarreaus, Encarna ("Caxón" para algunha xente) cando lle dicimos que nos diga que quere que poñamos dela no blog, di que " está moi agradecida pola marabillosa familia que ten; tamén por ter ben a cabeza e a vista".
"Moi agradecida ás traballadoras da casa por coidala tanto e tan ben, aínda que sabe que dá moito traballo porque ten moitos anos".
E nós encantados de poder seguir compartindo o día a día con esta xente que nos aprende o saber estar, a relativizar todo, a valorar o importante ( a familia, o cariño), a estar sempre coa palabra gracias na boca... Graciñas.
sábado, 31 de octubre de 2020
Tocou rozar algúns terreos que as ovellas e os burros non deron mantido limpos
Algunha facenda do CDR (burros e ovellas) son empregadas para manternos bastantes terreos, fincas como pasteiros e pradarías que a vecindade nos cede. Normalmente terreos pequenos nos arredores das casas que os granxeiros e agricultores non traballan. E que empregamos como pasto extensivo.
Máis de oito hectáreas que co pastoreo, a rotación permanente dos animais, a sega de herba para facer pacas, a roza de toxos, silvas, fentos... para estrar a corte (o lugar a cuberto onde comen ou dormen os animais para mantelos secos e, ao mesmo tempo, que fagan esterco que empregamos para mellorar a terra). Nalgunhas ocasións non damos "mantido a raia" a vexetación espontánea cos traballos de mantemento que facemos os traballadores e as persoas voluntarias que nos axudan nestas tarefas.
Contribuímos así ó mantemento da diversidade e dunha paisaxe humanizada que forma parte do noso patrimonio. Nun territorio no que todo "nos fala" porque se da unha marabillosa simbiose entre as persoas e a paisaxe, a contorna.
Grazas ó Concello de Sarreaus que nos posibilitou dispoñer unhas horas do Pepe (un auténtico profesional no manexo do tractor habilitado para esta labor) e rozar algúns anacos en tres terreos que teñen arredor casas e que convén manter limpos para evitar males maiores no caso dalgún incendio.
miércoles, 14 de octubre de 2020
15 de outubro: Día Internacional das Mulleres Rurais
Día internacional das mulleres rurais. Vídeo 2018
Construíndo a resiliencia das mulleres rurais a raíz do COVID-19
lunes, 5 de octubre de 2020
Día mundial dos animais
lunes, 13 de julio de 2020
O galiñeiro do "Carraghal" (carregal) un fervedoiro de vida
miércoles, 20 de mayo de 2020
E, entre nós, rapamos o rabaño do CDR
Este ano, con todas as anomalías que temos tido pola culpa do maldito coronavirus, acometemos con máis atrevemento que mestría un novo cometido que outros anos viñan facer os especialistas, os rapadores. Con Fran, á cabeza, animando desde había uns días a facelo nós.
viernes, 1 de mayo de 2020
Manolo e Brais son noticia hoxe na Región. Dous cracks que temos en Lodoselo!
martes, 31 de marzo de 2020
"Marzo amola, abril esfola"

martes, 24 de marzo de 2020
"A solidariedade é abrumadora" (Juanjo)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/25/
«La forma en la que está colaborando todo el mundo en Ifema es un espectáculo»
Juan José Pérez Blanco es el ingeniero ourensano que dirige las obras para montar en el recinto ferial madrileño el mayor hospital de campaña del país
martes, 10 de marzo de 2020
De Lodoselo al Vaticano

viernes, 21 de febrero de 2020
Dicen entre elas falando: "eu non saio polas casas, porque nunhas danme caldo e noutras danme papas".
Ven Antroido, ven axiña, con mázcara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo.
Adeus martes de Antroido, adeus meu amiguiño, ata o domingo de Pascua non comerei máis touciño
Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, cómeo todo, deixa un bocado para o martes de Antroido.
Martes de Antroido, ti has de vir, cuncas e platos han de ruxir.
Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, non o comas todo, deixa unha miga para o día de Entroido.
Eu quería ó carnaval como un irmán verdadeiro, agora xa non o quero, que me chaman entroideiro.
Anque lle vimos aquí, non é por facerlle mal, vimos por lle anunciar que estamos no Carnaval.
¡Vinde nenas! ¡Vinde nenos! Non quero cara de penas e de choros moitos menos.
O Entroido imos festexar: filloas e orellas comeremos a fartar. de disfraces non falemos que eso non faltará.
Adeus martes de Entroido, unto vello e longaniza, escondeivos compañeirois que hoxe é corte de linza.
Aí ven o Entroido, e festa rachada, os nenos na escola faremos foliada.
¡Delgadiña, delgadiña quen te vestíu de gorda, con careta e sen careta a fame ben se che nota.