Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de febrero de 2025

Domingo Corredoiro: Peliqueiros


 


Un ano máis tivemos a sorte de que os peliqueiros viñeran "Á túa outra casa" a vivenda comunitaria do CDR O Viso na que conviven 12 persoas maiores. É esta unha das visitas que máis nos emocionan. E lembramos tempios pasados con eles e cóntannos o medo que lles tiñan cando eran nenas ou nenos; do que corrían para que non os pillaran porque se te pillaban debías darlle algo (aínda que só fose unha peseta) porque co que xuntaban esperaban pagar o aluguer do traxe...

Graciñas, moitísimas grazas. E que, de hoxe nun ano!  



miércoles, 31 de marzo de 2021

As campás de Lodoselo rememorando o 31 de marzo


 Queremos que nos oian. Necesitamos outras políticas que vertebren o territorio. Basta xa! Sen un medio rural habitable e habitado o futuro é menos esperanzador.

viernes, 21 de febrero de 2020

Dicen entre elas falando: "eu non saio polas casas, porque nunhas danme caldo e noutras danme papas".


Entroidando: Que siga a tradición. Momentos para celebrarmos xuntos: colgamento do Meco, actividades no Centro de Inclusión e Casa Niño Lodoselo, no desfile infantil en Xinzo e en Sarreaus.
Pincha na imaxe ou no enlace. 


 http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d312217427kP1103377435o2l1/entroidando-2020

Ven Antroido, ven axiña, con mázcara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo.

Adeus martes de Antroido, adeus meu amiguiño, ata o domingo de Pascua non comerei máis touciño 

Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, cómeo todo, deixa un bocado para o martes de Antroido. 

Martes de Antroido, ti has de vir, cuncas e platos han de ruxir.

Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, non o comas todo, deixa unha miga para o día de Entroido.

Eu quería ó carnaval como un irmán verdadeiro, agora xa non o quero, que me chaman entroideiro. 

Anque lle vimos aquí, non é por facerlle mal, vimos por lle anunciar que estamos no Carnaval. 

¡Vinde nenas! ¡Vinde nenos! Non quero cara de penas e de choros moitos menos.

O Entroido imos festexar: filloas e orellas comeremos a fartar. de disfraces non falemos que eso non faltará.

Adeus martes de Entroido, unto vello e longaniza, escondeivos compañeirois que hoxe é corte de linza.

Aí ven o Entroido, e festa rachada, os nenos na escola faremos foliada.

¡Delgadiña, delgadiña quen te vestíu de gorda, con careta e sen careta a fame ben se che nota.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

"Eu son nós"

Resumo do descurso do premio Pedra Alta 2019


O premiado co galardón Pedra Alta 2019, Toño, recolleu a escultura representativa en nome de todo o CDR O VISO, así como, segundo el mesmo, en nome de todos os alí presentes, posto que nas súas propias palabras, eu son nós.
Tras unha petición de que todos se saudasen entre eles a modo de felicitación polo conseguido, este mestre comezou agradecendo a Miguel e Digno, ás dúas persoas que foron referencia para iniciar todo o proxecto que a día de hoxe pode recoller ese premio, un conxunto de asociacións galegas de pedra e xente, pilares básicos da súa crenza.
A emoción fíxose protagonista deste home que, incapaz de amosar unha perspectiva protagonista, só puido encherse de gabanzas para todos aqueles que creron, aqueles que alaban o que fan e todos os que, ao final, forman parte dunha iniciativa que segue crecendo e axudando a moitas persoas. Facéndose eco das palabras de Unamuno, nadie es el que es si no el que le hacen los demás, recordou tamén a máxima dun cura da Limia que dixo non ser amados é unha simple desventura, a verdadeira desgracia é non amar.
                               Procedeu tamén a pedir perdón por chegar á súa posición por causalidades do destino, empurrado ou animado por alguén, así como ocorría nunha historia coa que exemplificou a situación, provocando os sorrisos de todos os presentes no Museo Etnográfico da Limia. Insistiu en múltiples ocasións no seu carácter de imaxe, de representación de algo moito máis profundo, quitándose méritos e facendo fincapé na importancia de todos aqueles que se manteñen detrás, os que saen e os que representan a todos os que saíron.
Quixo Toño tamén recordar a todos os que xa non están, pero estiveron, asegurando que son moitos os que fan que o CDR funcione. Desculpouse por todos os erros cometidos, asegurando que oxalá foramos tan bos como dicides que somos, coa intención de procurar facer da mellora, algo permanente. Describiu de forma clara o traballo que desenvolven e como intentan aprender cada día a levar a cabo a solidariedade organizada, a traballar mediante a ética de coidados, a compartir unha mirada do rural como merece ser mirado, acompañar e intervir e outras moitas máximas que este home soubo transmitir dun xeito realmente poético.
Toño 3A súa intervención rematou coa exemplificación de todo o anteriormente dito cun conto escrito nunha saba pola súa familia. Conseguiu emocionar mediante debuxos, palabras e cantos que deixaron claro como este mestre, e a asociación da que é imaxe, son dignos merecedores deste premio que, de seguro, faranlles sentir un enorme orgullo.
Por medio de contos e historias, tanto reais baseadas na súa experiencia como fábulas que fan entender aínda máis profundamente as súas palabras, Toño chegou ao corazón de todos os alí presentes, así como aos que dende as súas casas poden escoitar agora este discurso dende o seguinte enlace https://www.facebook.com/dende.alimia/videos/2465698160378210/?t=3127.

lunes, 2 de diciembre de 2019

Publicación do Museo da Limia

Foi ao redor da Pedra Alta que nos xuntamos hai dous anos para celebrarmos, co protagonista, a vida e obra de Don Elixio Rivas Quintas que da Xunqueira limiá enxergou, cedo, A Limia enteira, foi tamén baixo o pétreo fito que nos reunimos para prestar homenaxe ao profesor de Historia Antiga e orgulloso veciño de Lucenza, Antonio Rodríguez Colmenero, imprescindible recorrermos a ambos se queremos poder interpretar os pasos da nosa historia.
Este ano, en cambio, tocaba mudar de perspectiva e colocar a ollada no labor colectivo, o labor dunha entidade, o CDR O Viso, que desde hai trinta anos (en 2020 asinala a efeméride) como tal e desde 1985 como a Asociación O Cruceiro; é referencia do activismo social na comarca, un activismo presidido por vontades como a de facer o “necesario, posible”, por palabras do portavoz no día de celebración, Antonio Rodríguez Corbal, o “Toño de Lodoselo”, bonito nome “Otoño” que recollera en anécdota deliciosa o encargado da laudatio, Xosé Manuel Cid, mais, e sobre todo, bonito empeño o que encetou o Toño, e máis a Carme, acompañados por unha manchea de nomes propios, como os do Alberto, a Lucía e tantos outros, para librar batallas contra o despoboamento, por manter os pobos con vida, por unir xeracións en torno de experiencias de mutua e vivo convivio, en base a unha “solidariedade organizada” que comezou, como dixemos, hai xa anos, grazas ao impulso de cregos que teimaron en renacer galegos, o Digno de Arzádegos, o sábado presente, o noso Miguel Fernández Grande ou Antonio Gandoy Pérez, o cura “da bicicleta” creador do Preescolar na Casa e a quen, confesa, tanto debe o Toño e o propio CDR, conceptualmente. 
Adobiada coas intervencións de Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos e presidente de honra do Museo, Delfín Caseiro, presidente do Padroado e Sabela Rodríguez, secretaria do Padroado do Museo, a xornada tivo tamén pezas musicais polo acordeón e voz de Luis Humberto Cao e Baldomero Pavón,  unha laudatio, preñada de abondosas gargalladas, por parte de Xosé Manuel Cid e momentos moi emotivos coa recolla colectiva do premio e o conto en formato saba “A parte que falta” de Shel Siverstein, todo antes do almorzo de confraternización á volta dun cocido.
Abofé con tan merecentes premiados, valía a pena, confesaba Delfín Caseiro, recelebralos todos os anos á par do novo ou nova merecente. 

domingo, 15 de septiembre de 2019

Virxe das Dores 2019


Veciñanza de Lodoselo e dos pobos dos arredores, coral Ruada e a festexar, un ano máis, a Virxa das Dores. Velaquí unhas imaxes dalgúns momentos da xornada: ensaios iniciais, procesión, celebración. Grazas a todas e todos os que fixeron posible esta celebración e que, de hoxe nun ano!

lunes, 1 de abril de 2019

Momento espectacular: o Saúdo Celtibérico

En Madrid, na histórica protesta do rural, ó final do acto, despois de "mollarnos" con esa auga que empapa a terra e rega o compromiso que alí se sentía polo medio rural, fixemos o recorrido pola Castellana, a lectura do Manifesto... E, se xa estabamos emocionados, vivimos un entrañable intre que será dificilmente esquecido: hoxe atopei que lle chaman o Saúdo Celtibérico e que ten que ver cunha mostra de respecto e ánimo. 
Seica é bastante coñecido porque fan algo parecido os hinchas islandeses co seu equipo de fútbol. Aquí o tedes: O latido do corazón dos nosos pobos, a forza da unión que reanima, o silencio. #nósestabamos. 



viernes, 1 de febrero de 2019

O casamento dos paxariños

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno  e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa Bríxida.

Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.

Desde algúns blogs mesmo se defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe en Compostela.

Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa, é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.

En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños) o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.

Mentres, en Galiza é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes e lendas.


martes, 28 de enero de 2014

2 de febreiro: día Mundial dos humidais

   
logo
    O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome " un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos" nos 160 países que o asinaron ata a actualidade.   
Dende 1967 cada 2 de febreiro a Convención conmemora o día dos humidais.
   Podes seguir lendo no enlace da Sociedade Galega de Historia Natural.

Antela

Fotografía aérea da Lagoa de Antela dende o sur-surleste, coa vila de Xinzo de Limia en primeiro plano. Reproducida do libro Martínez Carneiro, X.L. (1997) Antela, a memoria asolagada, por cortesía de Edicións Xerais (www.xerais.com).

DATAS PARA LEMBRAR RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE NO 2014

Este ano 2014 conmemórase o Ano Internacional da Agricultura Familiar. Ademais desta efeméride achegamos un calendario coas datas máis relevantes relacionadas co medio, para que quen queira celebrar estes días teña a man esta ferramenta de consulta.
DECENIOS INTERNACIONAIS 
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra la Desertificación (2010 - 2019)

- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)

- Decenio das NNUU da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014)

- Decenio Internacional para a Acción «A agua, fonte de vida» (2005-2014)


XANEIRO

26 – Día Mundial da Educación Ambiental 

FEBREIRO

  2 – Día Mundial dos Humedais

MARZO

  5 – Día Internacional da Eficiencia Enerxética
14 – Día Internacional de Acción polos Ríos
21 – Día Forestal Mundial / Día da Árbore
22 – Día Mundial da Agua

ABRIL

  7 – Día Mundial da Saúde
22– Día Mundial da Terra
29– Día do Animal
30– Día Mundial da Concienciación polo problema do ruido

MAIO

  4  – Día Internacional do Combatiente de Incendios Forestais
15  – Día Mundial de Acción do Clima
21  – Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo 
22  – Día Mundial da Biodiversidade

XUÑO

  5  – Día Mundial do Medio Ambiente
  8  – Día Mundial dos Océanos
17 – Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía

XULLO

  7 – Día da Conservación do Solo
11– Día Mundial da Poboación

AGOSTO
 9 – Día Internacional das Pobacións Indíxenas                       

SETEMBRO

16 – Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono
22 – Día Mundial sen coche
25 – Día Mundial Marítimo

OUTUBRO

  7  – Día Mundial do Hábitat
13 – Día Internacional para a Reducción dos Desastres Naturais
17 – Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

NOVEMBRO

 6  – Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados
28 – Día Mundial contra o Consumismo

DECEMBRO

  5  – Día Internacional do Voluntariado
10 – Día Internacional dos Dereitos Humanos
11 – Día Internacional das Montañas
15 – Creación do PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente).

miércoles, 4 de diciembre de 2013



CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO


No ano 1985 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decretou o día 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado. Dende entón son cada vez máis os gobernos e entidades sen ánimo de lucro de todo o mundo os que celebran este día.

http://www.voluntariadogalego.org/upload/asc/not/0-1625-d-III%20PGAV.pdf

lunes, 20 de mayo de 2013

Lodoselo, Santiago, Roma...Roma, Santiago, Lodoselo.

   Este fin de semana 17, 18 e 19 de maio a veciñanza de Lodoselo estivemos de festa. Temos a sorte de ter un veciño, un amigo (O Pepe, da Celia e do Ánxel) que ven de ser nomeado arzobispo. Pero quen para nós é Pepe é para moita xente Mons. Fr. José Rodríguez Carballo, Franciscano, Arzobispo de Belcastro, Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica.     http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Rodr%C3%ADguez_Carballo
  
   Temos que darlle as grazas -entre outras cousas- porque sendo a súa unha distinción persoal quixo que fose unha homenaxe á nosa terra, ó noso medio rural, ós nosos antepasados; grazas por manifestar e testimoniar que "a persoa é coma unha árbore: non pode renunciar ás súas raíces; vir a Galicia é encontrarme coa miña cultura, coa miña xente". É un honor termos unha persoa así ó noso carón. Agradecellerlle o apoio que nos ten dado e que de seguro nos seguirá aportando ó pobo, ó CDR, ó medio rural galego e teriamos que lembrar aquilo que no seu día dicía Aristóteles: "a grandeza non consiste en recibir honras senón en merecelas". Isto está ó alcance duns poucos e Pepe é un deles. Parabéns!!!

   Poñemos aquí algunhas fotos e enlaces deste acontecemento 
  

  
Unhas palabras e a entrega por parte de Josefa dun recordo do pobo e o pan que amasamos e cocemos como sinónimo de alimento en moitas culturas, de vínculo de fraternidade, de compaña ("cum panis"), de boa fe, de hospitalidade, de amistade e solidariedade... xunto cao petición ás autoridades de apoio ó medio rural, ó entorno como parte de nós ó estilo de S. Francisco de Asís na festa do seu 119 sucesor.

A partires do minuto 12.03


A partires do min.1.23

No comezo e a partires do 6.45

E neste enlace que nos achegou Darío hai moi boas fotos deste día. Moitas grazas Darío polo teu traballo.
dasupe.blogspot.com

martes, 30 de abril de 2013

Aniversario de Elisa e Ricarda.