Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

domingo, 12 de febrero de 2023

Domingo corredoiro. Lodoselo 2023

Este 12 de febreiro, domingo corredoiro, tivemos a sorte de escoitar as chocas dos nosos peliqueiros e lembrar un ano máis esta emotiva festa; e agradecer a todas as persoas que fixeron e seguen a facer grandes estas datas. 

Se en tempos, como nos recordaban hoxe, cando estaba prohibido tamén se facía e eran os quintos que ese ano ían facer o servizo militar os que se vestían de peliqueiros, hoxe poidemos gozar dun momento ben lindo, de todo un grupo de persoas que nos agasallou coas mellores galas destas festas. Presente e futuro: porque tiñamos ata as crianzas máis pequeniñas (con catro meses!!!) vestidas de peliqueiros no colo. E moi boa canteira. 

Na vivenda comunitaria (A túa outra casa), á saída da misa e diante da taberna... polas rúas: uns sons, unhas imaxes con raíces tan dentro de nós que sempre nos fai ferver o sangue, que nos enche de entusiasmo. Que de hoxe nun ano. Moitísimas grazas

 

Pincha neste enlace para ver o vídeo 
 

Velaquí a maxia que todos os pobos sentiron desde a máis remota antigüidade: a do placer do prohibido, a do anonimato, o rompemento de normas, a anarquía total durante un tempo breve para logo volver á monotonía de todo o ano. A necesidade de vivir por uns días unha inversión de valores, de trastocar papeis, de “tolear” colectivamente.
Honramos desde aquí a máis universal festa dos galegos, con milleiros de anos de historia, que non se resignou a morrer nos anos máis negros da nosa historia. http://entroido.galiciadigital.com/inicio

Foto de Xosé Calleja que quixo estar con nós este día; tamén Nieves (de Laza). Nieves Amado Rolán é arqueóloga. Outra estudosa destes temas (tradicións, entroido... ) coma o amigo Xosé C. E outro artista, Roberto de la Torre, que se presenta no seu perfil de instagram como “Fotógrafo documental, rituales, magia y religión. Gallaecia”.