Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 12 de mayo de 2017

Xeada matadora o 27 de abril



Despois dun mes de abril cunhas temperaturas cálidas, aínda que con escasísimas precipitacións, viñeron unhas xeadas (falouse de menos sete e menos oito graos) que deixaron aniquilados todos aqueles brotes que estaban vizosos polo bo tempo. 
Así as patacas que brotaran, os plantíos que se puxeran (verza, remolacha...), os castiñeiros, os nogais... e ata algúns carballos (o quercus pyrenaica) sufriron unha noite aniquiladora. A froita que xa se vía enxendrada (algunhas cereixas, peras...) tamén quedou chamoscada. O centeo, o trigo, a herba, o buxo de arredor da vivenda comunitaria... Muchou todo!
O vento destes días estalles arrincando as follas e nalgúns momentos isto parece o outono. 

Algunha xente maior lembrávanos o ano da fame; de cando veu unha xeada así e levara o pan...
Afortunadamente son outros tempos e temos outros posibles (que entón non había) pero é sangrante  pasear polo nosa contorna e ver o que lle está costando á natureza reporse; mesmo en algunha árbore que quedou totalmente abrasada estalle abrindo a casca... Chegará a secar?