Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Magosto do Ceip de Sarreaus no Pobo escola







No día de San Martiño, para celebrar o Magosto visitounos un grupo moi especial: "o alumnado do CEIP de Sarreaus!".  Viñeron andando dende o Colexio, nun espectacular día de outono, pasar a xornada no Pobo Escola. Fixeron os seus bolos preñados, houbo xogos de por medio ... e non podían faltar as castañas!
Agardámosvos pronto! Moitas grazas!


viernes, 6 de noviembre de 2015

Castañas e tixolo preparados

Xa sabedes, o sábado 7 de novembro dende as 17h  XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MAGOSTO. Imos celebrar o 25 aniversario do CDR "O Viso"e queremos facelo acompañados de todas as persoas que teñen colaborado e/ou están contribuíndo a facer realidade esta utopía.O tixolo (do Ceip Rosalía de Castro) e as castañas (aí tedes ás persoas maiores da vivenda comunitaria preparándoas para que non esbouren) xa están esperando, e boa música do país con dous grupos espectaculares da Limia: - Os galos de antioquía e   - Cantaralai. A música tradicional como xeito de manter viva a cultura e a vivencia comunitaria da festa. 






jueves, 29 de octubre de 2015

Dende A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso cumpre 25 anos e celébranos convidando á xente a un magosto  http://www.dendealimia.com/articulo/novas/centro-desenvolvemento-rural-cumple-25-anos-celebranos-convidando-xente-magosto/20151029113251005617.html

Patricia F.S |29 de Octubre de 2015 (11:59 h.)


O 7 de novembro vai ser un día importante para o CDR O Viso pois celebran 25 anos axudando ó rural galego. Queren festexalo por todo o alto por iso convidan á xente a un gran magosto que terá lugar no centro de Lodoselo. Para confirmar asistencia poden chamar ó 988 46 15 71 ou enviar un e-mail a info@cdroviso.org. O festexo terá lugar a partir das 17h.
"Sabendo que o que somos non é un estado conseguido... é un proceso de cambio e busca permanente", así definen o seu traballo que dende o ano 1990 se leva desenvolvendo no centro. Partiron coa constitución do CDR O Viso e dende aí foron aparecendo o comedor social e comunitario, o centro de información xuvenil e comunitario, a vivenda comunitaria para axudar ós máis maiores ou o centro de día Lodoselo. Unha gran lista de traballos dirixidos a axudar ós sectores da poboación máis vulnerables da Limia. Con moito esforzo dos seus traballadores e fundadores, así pasaron xa 25 anos axudando e creando unha gran comunidade de usuarios dos servizos do centro. Agora como premio a todo este tempo de labor e para seguir con máis ganas, convidan a todo o mundo que o desexe a festexar con eles o seu vixésimo quinto aniversario. 

jueves, 22 de octubre de 2015

Participaremos nestas xornadas

Os vindeiros días 28 e 29 de outubro participaremos nas xornadas para  a Conservación da Biodiversidade Agraria e a Soberanía Alimentaria que terán lugar no CDR Sastipem thaj Mestapem de Coceder.


miércoles, 21 de octubre de 2015

FORMACIÓN / POBO ESCOLA

  

      

  

Hoxe visitounos o alumnado do curso de "Dinamización de actividades 
de Tempo Libre Infantil e Xuvenil" dun dos Obradoiros de Emprego do 
Concello de Barbadás.

lunes, 14 de septiembre de 2015

En Lodoselo, chorando branco


Velaquí o tanque de leite que hoxe os amigos do "Covelo", a granxa do José, Josefa, Rosa Mari, Elio e Sabela, baleiran cara o chan...  "Chorando branco, sufrindo facemos isto, loitando polo noso pan, derramando vida... porque nola queren roubar. Apoiando a Rosa Rua Perez e a súa familia, meus curmáns e meus padriños", escribe o amigo Óscar. Apoiando a tódolos gandeiros e gandeiras da Limia!  Ánimo porque nada necesitamos máis que o ánimo e non hai maior talento nin tarefa máis benéfica que o de dalo. Desde o CDR O Viso, APERTAS, IRMÁNS!!! 

jueves, 6 de agosto de 2015

Verán seco, seco...


Xa tivemos unha primavera bastante seca e o verán xa atopou case todo agostado (desde o comezo da estación)... 
Na aula da Natureza, con Néboa, de visita no apiario; tivemos bastante sorte e collemos una cantos enxames. Colmeas con varias medias alzas e outras que apenas teñen os cadros da cámara de cría cheos.
Agrandamos a corte das ovellas e o día 31 de xullo e 1 de agosto empezaron de novo os partos: os dous primeiros dobles (parella de femias e macho e femia). Pero no monte todo seco...
Levan nacido máis dun cento de pitiñ@s: cruces das galiñas que temos con galo araucano e algúns ovos doutros galiñeiros.
E os chavales que se achegan a darlle o biberón a chinada (Joseba) ou acariñar e gozar cos poliños, coellos, ovellas (Laura).

sábado, 27 de junio de 2015

Concerto "2naFronteira" no encontro de educador@s sociais

2nafronteira
O dúo 2naFronteira nace en Italia no 2008, do encontro entre a cantante galega Carmen Penim, orixinaria da fronteira de Ourense con Portugal, no Couto Mixto e o pianista romano Maurizio Polsinelli. No 2011 publican o seu primeiro disco xuntos HUMO EN LOS OJOS basado en poemas de Carmen que foran editados como poemario "Cambio versos por champán". Ambos os dous, licenciados en filoloxía e apaixonados pola poesía, compoñen os seus propios temas e escriben a música para poesías da tradición española (Generación del 27 SaveFrom.net, os Seis poemas gallegos SaveFrom.netde Lorca, Góngora,Garcilaso SaveFrom.net...) e a tradición galega. Os seus concertos son sempre unha mostra de paixón e calidade técnica. No seu novo disco ALMA introducen tamén o uso do harmonio, instrumento de resonancias antigas que casa ben coa exploración que actualmente ambos os dous músicos realizan nas tradicións populares e cultas da música galega.
No 2014 presentan un novo traballo "Zapatiños para Díaz Castro" a musicalización para voz, piano e harmonio de 15 poemas de Nimbos do autor Letras Galegas 2014.
O nome de 2nafronteira describe o eclecticismo musical deste dúo e a súa intención de seguir investigando sen pecharse a ningunha posibilidade compositiva ou de colaboración no futuro.
Algúns dos poetas musicalizados: Lorca en español e os seus "Seis poemas gallegos", Altolaguirre, Góngora, Paz Andrade SaveFrom.net, Curros SaveFrom.net, Celso Emilio SaveFrom.net, Álvarez Blázquez, Pessoa, etc. Actualmente teñen dous proxectos abertos: Cantares Gallegos de Rosalía e a musicalización de "Nimbos" de Díaz Castro (Letras Galegas 2014) Zapatiños para Díaz Castro.

martes, 23 de junio de 2015

Lorca na "escola de Lodoselo"


Este pasado venres poidemos gozar dunha magnífica posta en escea da obra de Lorca. O grupo de teatro "IAD12+13" do IES Universidade Laboral (Ourense) achegáronnos "Vodas de Sangue". Esta obra recolle a paixón amorosa dun home e unha muller por riba dos odios familiares e das normas sociais e ten como fin unha traxedia colectiva: a noiva foxe co seu antigo noivo o día da súa voda e iso orixina a morte dos dous rivais. Moitas grazas a tod@s: José Ramón, Matilde, Pilar, Tania, Brais, Tamar, María, Álex, Vanesa, Héctor, Álvaro, Rubén, Camilo, Alba... e ata a próxina. 
Moitos deles xa participaran do programa do Pobo escola (vindo como nenos co seu Centro) polo que tras pasar a noite no albergue ó día seguinte fixemos a fornada e gozamos tamén desta actividade saboreando ademais os recordos de hai anos.

domingo, 24 de mayo de 2015

Seguindo as pegadas

   E seguimos recibindo no Pobo escola alumnado de CEIPs (A Ponte, O Couto, Padre Feijoo -Allariz-, Amadeo Rodríguez) e tamén doutros como IES Cidade de Antioquía, Escolapios de Monforte, Asociacións de Diabéticos e Celíacos de Ourense, Maristas, Divino Maestro, AMPA de Amoeiro... Poñemos as fotos que nos enviou Eva -da AMPA de Amoeiro- do domingo que pasaron aquí pais, nais e crianzas; co ánimo de que volvades pronto por aquí. Moitas grazas. Tamén para que se animen outras familias, centros, asociacións...
Seguindo as pegadas.

jueves, 14 de mayo de 2015

Alumnado da UTAD en Lodoselo



   Esta semana tivemos con nós ó alumnado da Licenciatura de Serviço Social da Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro. O CDR ten asinado un convenio para a realización de prácticas do alumnado da UTAD e foi un alumno desta promoción que estivo aquí, con nós, desde o 1 de outubro ó 13 de febreiro o promotor desta xornada -con actividades do pobo escola e dúas sesións máis teóricas.  Ademais desta xornada inesquecible, Carlos agasallounos cunha copia do seu "Relatório de Estágio": A empregabilidade, a Urgência e a componente Educativa em território rural". Moitas grazas. 
" Devemos lutar pela igualdade sempre que a diferença nos inferioriza, mas devemos lutar pela diferença sempre que a a igualdade nos descaracteriza"

lunes, 11 de mayo de 2015

Aprendendo e apoiando o rural

   E, tras de abril chegou maio; e con el, polo Pobo escola pasaron o Ceip Ruxidoiro, Escola Infantil Campus de Ourense, Ceip Xoaquín Lourenzo Xocas, Colexio Concepción Arenal, o Ceip de Maceda, Padre Feijoo Zorelle, A Purísima ... 
E un destes días veu Toño, o rapador de Ribeiro (Bande) que por segundo ano se achega para "pelar" (tosquiar) as ovellas. Xa nos avisa de que se vai, asi que estamos organizando un curso "de rapadores". Os que teñades interese en facelo ídevos anotando chamando ó CIX (CDR O Viso).
<Iframe width = altura "560" src = "420" = "http://www.kizoa.com/embed-20415583-3818363o1l1" frameborder = "0" allowfullscreen> </ iframe>

  E seguimos ...

lunes, 27 de abril de 2015

Os da Compañía de A Coruña un ano máis...

Un ano máis alumnado de Secundaria do Colexio Plurilingüe da Compañía de María de A Coruña cos seus profesores Emilo, Carlos e Javier pasaron este fin de semana en Lodoselo. E como di Emilio, cada ano son mellores. Parabéns !!! Velaquí unha pequena mostra dalgúns momentos destes días


http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19903232k9601716o1l1/emilio-2015

miércoles, 15 de abril de 2015

O CDR "O Viso" en "Eu son Rosalía"

 

 

   O día 15 de abril o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo no Concurso Xornalistas na escola convocado por este periódico. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais temos que agradecerlles que publiciten ó CDR O Viso poñendo o noso logotipo e o noso lema de "Escoita as pedras... Descobre a Galicia que non se ve". Tamén a nosa web e o Pobo- escola. Moitas grazas!!! E sorte para conseguir ese magnífico viaxe que é o agasallo para os gañador@s!!!

jueves, 26 de marzo de 2015

Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou

   Quedaba unha ovella por parir e este 25 de marzo naceron os últimos dous añiños desta tempada; dous días antes esta Kika -deitada desde comezos de marzo- sacou estes 7 poliños. E tamén seguen nacendo e medrando os coellos. Toda unha sorte, tamén para os primeiros grupos do Pobo escola que mañá venres 27 chegan a Lodoselo.

  

 

viernes, 20 de febrero de 2015

Febreiro, sete capas e un sombreiro.

As novas labregas deste mes é que naceron tres poliños (cruces de araucanas) e como hai moitos añ@s e non moito pasto para as ovellas son máis malas de gardar; parece unha gardería de añ@s que corren por xogar e as nais corren detrás deles. Si que temos tido a estas alturas un mes de febreiro con frío e xeadas pero tamén auga, algo de neve... Febreiro.

jueves, 29 de enero de 2015

Novas labregas de xaneiro 2015

       Neste mes de xaneiro tivemos moitos nacementos de años, seguimos aprendéndolle a Néboa a estar coas ovellas (prefire marchar xogar con outros cans, patrullar ó seu aire…) e apañamos “estrume” co Fariñeiro para facerlle “cama” ás ovellas porque aprendemos este dito
  O vello pastor doutra 
este dito repetia :
 Vale mais a boa cama 
ca outonada polo dia.
Tamén temos xa una galiña chocando (en xaneiro!!!), os coellos medrando, os patos pelexando … e o ourizo sempre durmindo.
No invernadoiro, preparando a terra, metendo compost, facendo semilleiros e transplantando leitugas, acelgas.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d17525365k4847210o1l1/xaneiro-2015

viernes, 9 de enero de 2015

Pequena mostra do Concilia Nadal

CONCILIA NO NADAL
Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que foi o día 29 de decembro. Fixemos turrón de chocolate, un niño de cegoña que máis tarde colocamos, estivemos cos animais, escoitamos o conto da "Historia de Antela contada por unha cegoña", fixemos un xoguete de pompas de xabón, compartimos xantar coa xente maior..., e sobre todo desfrutamos da natureza, a pesares de que a friaxe do inverno nos acompañara.
Un pracer pasar este día con vós rapaces/as! Esperámosvos na próxima e desexámosvos un BO NADAL a tod@s!!!