O martes 29 de novembro o CDR O Viso participará nun curso en Cartes (Cantabria). Organizado polo CEDREAC (Centro de Documentación e Recursos para a Educación Ambiental de Cantabria) e o CIMA (Centro de Investigación do Medio Ambiente) o curso "Educación Ambiental Rural ¿que marca a diferenza?" celebrarase entre o 22 de novembro e o 1 de decembro. Un dos obxectivos deste curso enmarcado no Programa de Formación 2011 é o de dar a coñecer diferentes experiencias de Educación Ambiental desenvolvidas en entornos rurais, polo que o CDR O Viso foi convidado para contar na tarde do 29 o seu proxecto e a súa traxectoria.
http://www.medioambientecantabria.com/CEDREAC/ampliar.php?Id_contenido=22385&Ficha=1
http://www.medioambientecantabria.com/cima/ampliar.php?Id_contenido=7034
Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.
viernes, 11 de noviembre de 2011
A experiencia do C.D.R. "O Viso" nun Mestrado da Universidade de Vigo
Un curso máis dentro do módulo de "Desenvolvemento Comunitario e compensación de desigualdades" o voceiro do CDR O Viso participou cunha sesión titulada: "Unha experiencia de desenvolvemento comunitario no noso medio: Centro de Desenvolvmento Rural O Viso (Lodoselo) o 29 de outubro en Ourense. O módulo forma parte do Mestrado Universitario de Intervención Multidisciplinar na diversidade en contextos educativos que oferta a Universidade de Vigo desde hai varios anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)