Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 19 de febrero de 2021

"Sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social"

   Hai un tempiño (entre un e dous meses, coido) viñeron pasar un día con nós Miguel e Marta para gravar e falarmos da nosa realidade. Hoxe, Miguel Ares, enviounos este documental no que se recollen algunhas imaxes de Lodoselo e as intervencións de Juan (veciño) e Toño (como voceiro do CDR O Viso).  

https://youtu.be/0jdid4dBPKc

 Este é un documental sobre o rural galego e o seu progresivo despoboamento. Segundo o Instituto Galego de Estatística temos en Galicia máis de 154.000 persoas maiores de 70 anos. A gran maioría vive en núcleos rurais que, aos poucos, se van baleirando. Co abandono do rural pérdese un xeito de vida que nada ten que ver co das cidades: o contacto coa natureza e cos veciños, o ritmo lento, valores e relacións baseadas na confianza mutua... De todo isto falan neste filme homes e mulleres que naceron en aldeas cheas de vida e aínda viven nestes núcleos de poboación onde, hoxe, a falta de relevo xeracional é unha realidade. 

Como contrapunto, entrevístase tamén a habitantes retornados ás súas orixes rurais. Son retratos filmados que contan historias de sabedoría cunha linguaxe narrativa sinxela e pausada. Cos uns e cos outros componse unha sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social. 

 Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

1 comentario: