Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 21 de noviembre de 2013

Boletín do Proxecto Symbios

  Inicio

A clave da metodoloxía de Symbios é a participación e o intercambio. Fronte a un cambio profundo do mapa humano de Europa e a necesidade de facer sustentables os territorios e as vidas das persoas de tódalas xeracións, é necesario aprendermos xuntos e deseñar propostas innovadoras. En Symbios hai foros abertos e consultas; un traballo de identificación, análise e intercambio de prácticas; investigación e difusión; aprendizaxe comparativa; seminarios transnacionais,...

Enlace para acceder ó Boletín
http://www.proxectosymbios.eu/descargas/newsletter/newsletter_symbios_01_2013_gl.pdf



lunes, 18 de noviembre de 2013

Paxareiros... vémonos en Lodoselo !!!

   

    O sábado 30 de novembro temos organizada outra xornada orinitolóxica: "A recuperación da águia real na Baixa Limia - Xurés".

    Desde as 10 da mañá coa charla por parte de Alberto Gil (do Grupo de Rehabilitación da Fauna Autóctona e o seu Hábitat: GREFA).

    Xantaremos xuntos  e pola tarde faremos algunha saída pola contorna.

   Para participar é necesario apuntarse nos teléfonos 988461571 ou a través dun correo electrónico a info@cdroviso.org.

martes, 12 de noviembre de 2013

Apoio domiciliario e Alimentación familiar

Dende onte, 11 de novembro, está tendo lugar o Curso "Apoio Domiciliario e Alimentación Familiar" en Lodoselo, un dos módulos necesarios para obter a titulación de Técnico/a en atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Esperamos que resulte interesante e de proveito para completar a formación d@s participantes.



As solucións non caen do ceo, hai que buscalas e construílas

O agro galego, a alternativa de futuro que emerxe en plena crise

O agro busca o seu futuro. O enorme potencial do rural en Galicia sitúao na actual crise económica ante unha oportunidade única para revalorizarse como opción laboral e, sobre todo, para se converter nun dos alicerces do desenvolvemento económico do país nos vindeiros anos. Con enormes eivas e problemas, o sector agrario atópase nunha encrucillada que debe ser resolta desde as administracións públicas. A falta de plans e estratexia impiden polo momento asentalo como unha alternativa de futuro que, no entanto, si se está a considerar xa entre xente moza que ve no campo a opción de traballo que antes fuxía cara a outros sectores e lugares. Pero hai moito que facer.
"Con medidas axeitadas, e nun período de dez ou quince anos, Galicia ten un enorme potencial no agro"
"Hai datos obxectivos que me fan ser optimistas, aínda que falte moito. Con medidas adecuadas, e nun período de dez ou quince anos, Galicia ten un enorme potencial para se converter nunha área produtora de alimentos de calidade e con moi boa saída ao mercado no conxunto de Europa, peropara confirmalo hai que ter unha estratexia desde os poderes públicos e valentía á hora de aplicar as medidas", di Edelmiro López, profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da USC e ex director xeral de Desenvolvemento Rural na Xunta, que lembra que o abandono do campo estase a frear desde a chegada da crise. 
O número de persoas que traballan no agro segue a diminuír, pero pola xubilacións e non polo abandono dos máis novos
"Non é que o rural estea mellor, senón que as oportunidades de traballo noutras actividades se reducen", explica. O feito é que o número de persoas que traballan no sector agrogandeiro segue diminuíndo, pero pola xubilación dos máis vellos e non polo abandono dos novos. Nos últimos anos, o número de persoas de menos 40 anos traballando en explotacións non baixa. "Cando a xente podía gañar 3.000 euros na construción nas Canarias, era difícil convencelos para que quedasen, pero nesta situación son moitos os que aguantan e incluso hai casos puntuais de xente nova que o intenta de cero", engade López, que cre que aproveitar esta mala etapa para reactivar o rural dependerá agora "de que se apliquen políticas públicas axeitadas para mellorar as condicións do traballo no agro".
En 1950, o 70% da poboación activa galega traballaba no agro; hoxe supón o 5,5%
O traballo é duro e os atrancos moitos nun país que pasou de ser eminentemente rural a situarse na media da UE en canto á actividade agrícola. Pero hai moita leira por sachar. En 1950, o 80% dos galegos vivían no medio rural e o 70% da poboación ocupada traballaba no sector agrario (case 830.000 persoas). Máis de 60 anos despois, a xente ocupada no agro reduciuse en máis dun 90% ata pasar ás 65.000 da actualidade, arredor do 5,5% do emprego total, cunha media semellante á da UE.
Os problemas, xa que logo, son claros. Edelmiro López resúmeos en varios puntos: o demográfico, cunha falta evidente de relevo xeracional e unha poboación envellecida; a baixa produtividade das explotacións e a volatilidade dos prezos; a falta de desenvolvemento dunha industria agroalimentaria forte; a continuidade dun balance agroalimentario deficitario; e, por riba se cadra de todos, o problema da terra.
Ese é o problema estrutural básico do sector agrario galego, tanto no que se refire ás deficiencias na base territorial das explotacións, cunha reducida superfice e unha enorme fragmentación parcelaria; como en canto aos enormes desaxustes ou deficiencias nos usos do solo. Un só dato: a superficie agraria utilizada (SAU) por explotación en Galicia sitúase nas 8,5 hectáreas, pouco máis dun terzo da media estatal (24,2 ha) ou da da UE dos 15 (22 ha).
"O reto urxente é arranxar o problema que supón que a terra estea dividida entre máis dun millón e medio de propietarios cando hai menos de 50.000 explotacións"
Así, o reto urxente para o agro galego, tal e como aclara Edelmiro López, é lograr arranxar o problema que supón "que a terra estea dividida entre máis dun millón e medio de propietarios cando hai menos de 50.000 explotacións agrícolas profesionais". Se hai que resumir as propostas urxentes para o sector, este experto teno claro. "Hai que facilitar o acceso aos factores de produción para poder montar unha explotación; no caso galego, esta cuestión fundamental ten que ver coa terra", asegura. 
"Isto só pode funcionar se establecemos mecanismos a través dos cales aquelas terras que non se traballan, e sen tocarlle á propiedade, poidan ser postas a disposición mediante o arrendamento daqueles que si as queren traballar", engade, tras aclarar que esta actuación debería ir moi ligada tamén "á cuestión dos usos da terrra e a conseguir unha ordenación axeitada que non permita o abandono ou a plantación masiva de terras con piñeiros e eucaliptos".
Pero tamén se precisa que aqueles que queiran quedar no agro "teñan unha retribución digna polo seu traballo". "Isto lévanos ás políticas agrarias e ás políticas agrarias que contribúan a estabilizar os prezos, cortar a especulación e recuperar certa regulación pública", indica López, que aclara que para obter prezos dignos non só se precisa esa mínima regulación pública dos mercados agrarios, senón tamén "un cambio de chip" tanto nas administracións como na sociedade galega.
"Debemos centrarnos en producións especializadas e con valor engadido e menos nas producións estandarizadas"
"Debemos centrarnos en producións especializadas e con valor engadido e menos nas producións estandarizadas", asegura, apostando polo apoio ás denominacións de orixe ou ás marcas galegas recoñecidas e de calidade."Por poñer un exemplo, non é o mesmo producir leite indeferenciado, co que só podemos competir vía custos cunha marxe moi baixa para o produtor, que adiantarse e apostar por queixos diferenciados, leite de calidade, iogures ou batidos", insiste.
"O rural precisa oportunidades laborais, pero tamén acceso aos servizos e á calidade de vida doutras zonas"
Con estas medidas urxentes, pero tamén con outras moitas complementarias, poderíase comezar a deter tamén a sangría demográfica que afecta ao rural e que non é maís "que unha consecuencia dos problemas socioeconómicos". "E isto non se soluciona con que nazan máis nenos, porque se eses rapaces acaban por non ter oportunidades de emprego no agro, tamén acabarán  marchando. Precísase traballo pero tamén, e quizais con máis urxencia, acceso aos servizos e á calidade de vida que atopan noutras zonas", recomenda.
A pelota está no tellado das administracións e a Xunta, coas súas competencias exclusivas, tamén ten moito que dicir. "Hai condicións para darlle a volta a todos estes problemas, pero as solucións non caen do ceo, senón que hai que buscalas e construílas", di Edelmiro López, que cre que o primeiro paso debe vir tamén da sociedade e de "deixar de asociar o rural ao atraso e a pobreza para velo como un medio e un piar clave do desenvolvemento económico do país". "Primeiro hai que crelo e logo adoptar as medidas axeitadas para logralo", di.
"O problema principal é que non hai política nin estratexia para o agro desde a Xunta de Galicia"
O que dúbida é que o crean desde os poderes públicos. "O problema principal é que non hai política nin estratexia para o agro", continúa Edelmiro, que vería "totalmente lexítimo" que o PP eliminase as políticas activas que aplicaron outros gobernos ou iniciativas como o Banco de Terras "se houbese alternativa". "Non hai un horizonte marcado nin unha dirección que tomar; as políticas que se aplican son pouco axeitadas, pero por desidia e non por intentar algo diferente", engade.
Aínda así, Edelmiro López reclama tamén "unha presión social" suficiente que aínda non existe e que leve a Xunta a cambiar o paso. "A sociedade galega debe ser consciente de que o rural non é un problema, senón unha grande oportunidade de futuro; debemos crer no seu potencial e ser exixentes cos que nos gobernan, sexan quen sexan", di. Pero non o hai. "O Exectuvio non ten proxecto e o que busca é maximizar os votos e manterse no poder; no tema da terra, por exemplo, habería que ser valentes e tomar medidas aínda que teñan custo elecdtoral; se non é así, acabaremos cunha terra xestionada por funcionarios ou ardendo cando lle toque", remata.

lunes, 11 de noviembre de 2013

Por un medio rural vivo e con futuro, polo ben de tod@s

O potencial non utilizado das zonas rurais como nova oportunidade para a inclusión sociolaboral

O inaprazable pacto por unha Galicia integrada
A sociedade galega necesita un gran pacto por un medio rural vivo e con futuro. Non polo ben do rural, grave fallo de percepción. É polo ben de Galicia, tamén da urbana. Porque somos un todo rururbano, pero dolorosamente fracturado. Non nos podemos permitir un territorio así, dislocado, gravemente descompensado en termos demográficos e socioeconómicos. Porque esa fractura, ese desequilibrio ten consecuencias fatais nas posibilidades reais de cohesión, de desenvolvemento harmonioso e sustentable, de inclusión social e benestar, tanto dos que habitan a Galicia verde, arredada, ardida e envellecida, como dos que habitan a Galicia acelerada, cementada e desempregada –ou, quizais, precarizada. Somos aldea, aldea mutante, viva, global. E somos vila galega, simbiótica, alternativa, amigable. Sómolo en potencia. Cómpre tanto ruralizar a urbe como urbanizar o agro, física e mentalmente, urbanística e culturalmente, con xeito. Varrendo estereotipos, recreando modelos.
O territorio rural está infrautilizado, desertizado. O chamado progreso pasouse de freada. E temos externalidades negativas enriba da mesa: diversas e perigosas. Si que hai potencial infrautilizado. E iso pódese afirmar da propia actividade agraria, pero tamén das actividades non agrarias e das posibilidades que abren os enfoques neorurais. (e hai unha valiosa unanimidade neste punto; ver ao respecto estes dous enlaces dispoñibles na nosa páxina web de symbios
http://www.lalin.org/files/Galicia%20un%20mundo%20rural%20vivo%20baja.pdf
http://praza.com/economia/3536/o-agro-galego-a-alternativa-de-futuro-que...)
Cómpre logo ese pacto. Que supere, en primeiro lugar, as fronteiras mentais do minifundio administrativo. Non vale xa conque o responsable público se autoxustifique no minifundismo competencial. “Ah, iso é de medio rural”; “non parece cousa de benestar?”; “que va, é claramente un tema de medio ambiente”; “quizais isto tería que levalo planificación, ou estatística, ou economía, ou....”
Pero tamén debe ser un gran pacto “transpartidario”. Imposible? Non; hai unha condición de posibilidade: un gran movemento social, unha alianza responsable polo futuro dos territorios, que implique ás comunidades locais, asociacións, emprendementos diversos (e nomeadamente os de raíz social e cooperativa), universidades e centros de coñecemento, investigación e innovación; con cabeza, con realismo, con visión. Hai que avanzar nesa liña, porque o heroísmo dos que intentan demostrar cada día que é posible, que esa potencia pode converterse en acto, non é suficiente. A estratexia de país é inaprazable.
Daniel López    http://proxectosymbios.eu  

viernes, 8 de noviembre de 2013

Escoita as pedras... Descobre a Galicia que non se ve



II Jornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio en infancia: 0-6 años

Tras el éxito de la "I Jornadas educaBarrié sobre experiencias de Ciencia en infancia: 0-6 años", dedicadas a la didáctica de la ciencia, esta 2ª edición 2013/14 contempla unas jornadas dedicadas a la didáctica de patrimonio en la misma etapa educativa.
Unas jornadas de innovación didáctica donde se reunirán, por primera vez en Galicia educadores y maestros de la etapa infantil 0-6 años con pedagogos y expertos en patrimonio, alrededor de comunicaciones y talleres. Una etapa que se segmenta en dos niveles desde el punto de vista administrativo, pero totalmente complementaria desde el punto de vista curricular y que constituye una oportunidad para crear un foro de encuentro y de desarrollo de grupos de trabajo pioneros a nivel nacional.



Dirigido a:

Profesores y profesoras de Educación Infantil, pedagogos, educadores y estudiantes de magisterio y ciclos formativos así como a todas aquellas personas interesadas en profundizar conocimientos en el área de patrimonio.

Objetivos:

Los objetivos principales de las Jornadas educaBarrié de Didáctica de Patrimonio en infancia son:
  • Asentar la imagen de la Fundación Barrié, desde su espacio de encuentro con la comunidad educativa, como referente formativo e innovador, a nivel nacional, en la etapa educativa 0-6 años.
  • Contribuir a la difusión social de la labor de la Fundación Barrié como entidad de referencia en la conservación y desarrollo del Patrimonio gallego, extrapolando su labor a las edades tempranas de educación.
  • Crear y mantener una red de profesores activos en el campo de la didáctica de Patrimonio en Educación Infantil.
  • Establecer educaBarrié y las sedes de la Fundación Barrié como lugar de encuentro y laboratorio de innovación en didáctica del patrimonio.

Programa:

ARQUITECTURA Y PAISAJE: 29 y 30 de noviembre 2013
Lugar de celebración: Fundación Barrié, sede A Coruña (Cantón Grande, 9)
Viernes 29 de noviembre
  • 17:30 - 17:45 Presentación: Enrique Fernández Varela. Director de Patrimonio de la Fundación Barrié.
  • 17:45 - 18:30 Juan Creus Andrade y Covadonga Carrasco López. Arquitectos "Naturaleza, Arquitectura y Paisaje".
  • 18:30 - 19:00 Charla Isabel García Rodeja. Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais e das Matemáticas. USC: “Mirar para aprender”. 
  • 19:00 - 19:20 Descanso
  • 19:20 - 20:00 Antonio Sandoval. Escritor y comunicador ambiental. "La Vitamina N: Naturaleza para todos".
Sábado 30 de noviembre
  • 10:00 - 10:30 Proyecto de la convocatoria educaBarrié: "Manolo, el murciélago curioso y los faros de Galicia".
  • 10:30 - 11:00 Escuela municipal de Monte Alto: "Paseos en Familia".
  • 11:00 - 11:30 Descanso.
  • 11:30 - 12:00 C.R.A. de Culleredo: ”A Torre de Celas”.
  • 12:00 - 12:30 EI Bairronovo: "Paisaje y arquitectura na EEI Bairronovo".
  • 12:30 - 13:00 Proyecto de la convocatoria educaBarrié. Proyecto "Titania: Isidro Parga Pondal en infantil".
  • 13:00 - 13:30 Colegio Andaina: "Algo más de color. Reflexión sobre las habitaciones de hospital".
  • 13:30 - 14:00 Preguntas y debate. 
  • 16:00 - 18:30 Taller de arquitectura y paisaje. Estudio de Arquitectura Irita y Pancho: “Arquitectura verde: transformando la naturaleza y las estructuras naturales” (0-3 años) y “La ciudad de las ideas” (3-6 años)
PATRIMONIO ETNOGRÁFICO: 24 y 25 de enero 2014
Lugar de celebración: Fundación Barrié. Policarpo Sanz, 31. 36202 Vigo
Viernes 24 de enero
  • 17:30 - 18:30 Mª Begoña Bas. Departamento de Didácticas Específicas. Área de Didáctica das Ciencias Sociais. UDC: "Patrimonio y Didáctica en la Educación Infantil".
  • 18:30 - 19:00 Xesús Fortes. Catedrático de Intervención Socio Comunitaria. Ciclo superior de educación infantil: "La formación de las educadoras y educadores infantiles desde el compromiso con el Patrimonio".
  • 19:00 - 19:15 Descanso
  • 19:15 - 20:00 Presentación del proyecto “Galicia +” de educaBarrié en colaboración con Preescolar na Casa.
Sábado 25 de enero
  • 10:00 - 11:00 Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño: "Enredando Artesanía na escola".
  • 11:00 - 11:30 Descanso
  • 11:30 - 12:00 CRA de Bergondo: "O tesouro dos Bergondiños".
  • 12:00 - 12:30 InnovArte: "InnovArte en Educación Infantil: una historia de vida profesional".
  • 12:30 - 13:00 Escuela Infantil de Allariz: “Xogamos ao boi”
  • 13:00 - 13:30 CDR O Viso: "Escucha las piedras, descubre la Galicia que no se ve".
  • 13:30 - 14:00 Preguntas y debate
  • 16:00 - 18:30 TALLER PREESCOLAR NA CASA. Salas rotativas: 1. El Patrimonio oral propio de cada familia. 2. El Patrimonio natural. 3. El patrimonio artístico. 4. El Patrimonio Lúdico.
  • 18:30 - 19:00 Descanso
  • 19:00 - 20:00 Pablísimo Contacontos.
PATRIMONIO INMATERIAL: 28 de febrero y 1 de marzo 2014
Lugar de celebración: Fundación Barrié, sede A Coruña (Cantón Grande, 9)
Viernes 28 de febrero
  • 17:30 - 18:00 Presentación de la Jornada: Javier López Martínez. Director de la Fundación Barrié.
  • 18:00 - 19:00 CHARLA INAUGURAL: Lois Ferradás Blanco. Decano de Ciencias da Educación. USC: "Patrimonio y la nueva cultura de la infancia".
  • 19:00 - 20:00 Pablo Carpintero Arias. Miembro de la directiva Asociación de Gaiteiros Galegos. UV: "Los valores del Patrimonio Cultural Inmaterial: utilidad pedagógica para los más pequeños”.
Sábado 1 de marzo  2014
  • 10:00 - 10:30 Proyecto guappis: "Tablets y Memoria Cultural: aplicaciones en el aula”.
  • 10:30 - 11:00 Ponte nas Ondas: ”El patrimonio inmaterial gallego-portugués como recurso educativo”.
  • 11:00 - 11:30 Descanso.
  • 11:30 - 13:00 CEIP Mosteiro de Caaveiro: "Los juegos de siempre en la escuela de A Capela" con la presencia de niños de primaria como monitores de la actividad.
  • 13:00 - 13:30 CEIP Ana María Diéguez: "Vamos de Romería".
  • 16:00 - 18:30 Antonio Castelos Boutureira y Gutier Álvarez Vázquez: Taller: "Nuestros ritmos".
  • 18:30 - 19:00 Descanso.
  • 19:00 - 20:00 Recital de música tradicional con Antonio Castelos Boutureira y Gutier Álvarez Vázquez.

Importe de matrícula:

Gratuito

Inscripción:

Completar el formulario online pinchando en "Apuntarse a esta actividad".

+ Información:

Email: educabarrie@fbarrie.org
Teléfono: 981 060 099

Descarga de ficheros

Programa II Jornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio en infancia: 0-6 añosDescargar
COMPÁRTELO:      

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Parabéns Pepe !!!!!

José Rodríguez Carballo, distinguido con el Premio Ourensanía 2013

El delegado del Vaticano se compromete a "actuar como embajador de esta provincia, donde quiera que me encuentre"

05.11.2013 | 07:35
Jurado del certamen, con Jesús de Juana y Manuel Baltar en el centro.
Jurado del certamen, con Jesús de Juana y Manuel Baltar en el centro.

El ministro general de los Franciscanos y secretario de la Congregación para los Institutos de la Vida Consagrada y las Sociedades de Vida Apostólica, José Rodríguez Carballo -nacido en Lodoselo (Sarreaus) el 11 de agosto de 1953- ha sido galardonado con el Premio Ourensanía 2013. El jurado, reunido ayer en el Pazo Museo de Otero Pedrayo de Trasalba (Amoeiro), destaca que Rodríguez Carballo "eleva los valores de la ourensanía a una relevante dimensión internacional", además de reconocer "su ingente obra teológica y su labor monacal", así como la defensa de la identidad que ha realizado, especialmente en el ámbito de la cultura y de la lengua de Galicia.
El delegado del Vaticano para las órdenes religiosas, José Rodríguez Carballo, declaraba ayer desde Roma a Faro que la concesión de este premio redundará en "un mayor compromiso" con esta provincia, lo que le permitirá "ahondar mis raíces en Ourense, una tierra tan hermosa y al mismo tiempo llena de desafíos".
Tras mentar una vez más su lugar de origen, Lodoselo (Sarreaus), hacia el que muestra una gran vinculación, Rodríguez Carballo se comprometió a actuar como "embajador de Ourense, allí donde quiera que me encuentre".
Rodríguez Carballo reconoce que Ourense es "tierra humilde", que produce "muchos frutos", dado que humildad "hace referencia a humus, la tierra fértil, capaz de convertir los desechos en abono". En ese sentido, señala que "sin un humus fecundo, no puede haber frutos".
"En la humildad de Ourense está su grandeza, que se encuentra sobre todo en sus propios hijos. Somos todos aquellos que, de una forma u otra llevamos la cabeza alta, sin orgullo, pero sin complejo de inferioridad, por nuestra condición de ourensanos", señaló Rodríguez Carballo.
El delegado del Vaticano para las órdenes religiosas aboga porque Ourense "continúe siendo puente", desde el punto de vista geográfico, entre la meseta y la costa, "forjador de valores auténticos, como son el trabajo, la familia y la dignidad de una vida coherente con nuestra condición". Y agrega: "Dicen que los ourensanos hemos llegado con la rueda a todas partes. Pues sería bueno no separar la rueda del los valores que nos dan identidad".
José Rodríguez Carballo visita Lodoselo todos los años, en la fiesta de esta localidad -la Asunción, que se celebra los días 15, 16 y 17 de agosto-, en la navidad y en pascua, "como mínimo".
La entrega del premio Ourensanía, en su tercera edición, se realizará el próximo lunes, día 11 de noviembre, en el monasterio de Oseira, coincidiendo con la celebración de la festividad de San Martiño. En el transcurso del acto, el presidente de la Diputación, Manuel Baltar, entregará a Rodríguez Carballo una figura de bronce realizada por el escultor Xosé Cid y una copia del acta del jurado.