Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

sábado, 5 de diciembre de 2020

Día de neve e filloas

 https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d346173855k1482122o2l1/Neve. Filloas. Dec. 2020

 

 

Nevou o xoves, o venres... e así estaba o campo da Lama e arredores esta mañá. Con dous monecos de neve na ventá da vivenda comunitaria ollando o quentiños que están dentro. As fotos de exterior son de Fran. 

E, á hora da merenda apareceu a Manola, que fixo a matanza en Nocelo, cun bo agasallo para esta xente (algúns son moi lambisqueiros): filloas da matanza feitas pola Manola!!! Moitísimas grazas. As fotos de interior son de María José

martes, 1 de diciembre de 2020

Grazas, Tito, por este agasallo

   Participamos na grabación deste fermoso tema que canta o noso amigo Tito, de Nocelo. Escolleron imaxes para o videoclip:
- Do forno do Pobo onde amasou, quentou o forno... a Rosa e soou a gaita e a pandeireta dos nosos artistas. 
- Do tear que temos nos baixos da reitoral onde estivo, ese día tecendo a Palmira, unha das expertas neste oficio.
- E ata quixeron poñer algunhas imaxes do burro Fariñeiro...
 
   Encantados de colaborar desde o CDR O Viso neste empeño de visibilizar o medio rural. Grazas ó artista por contar con nós e sobre todo por refrescarnos a Memoria do corazón, as raíces. Como moi ben escribe Manolo Rivas: "Somos o que recordamos".


 Tema do cantautor Antonio Luz sobre o vivir, o sentir e o latexar do rural.

https://youtu.be/ewLh7N6ekvI 




 

jueves, 19 de noviembre de 2020

" O esencial é invisible ós ollos, vese co corazón"

O principiño (Antoine de Saint-Exupéry) ou a traxedia que supón medrar perdendo o esencial

 
 
Velaquí pois unha proposta que nos parece ben interesante e que atopamos neste enlace
Pincha na imaxe e goza destes contos
 

   

25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Porque a violencia contra a muller constitúe un obstáculo para o logro da igualdade, o desenvolvemento e a paz (ONU)



domingo, 8 de noviembre de 2020

Parabéns, Sra. Encarnación: No Luar e na Región con motivo do seu 100 aniversario

 

A Sra. Encarnación leva varios anos en "A túa outra casa" a  vivenda comunitaria tutelada que o CDR O Viso puxo en marcha hai máis de 18 anos. 

Aínda que a maioría dos programas do CDR para as persoas maiores da nosa contorna tratan de conseguir o obxectivo de que poidan permanecer nas súa casas, con todos os apoios posibles e ese é o modelo polo que apostamos, temos que recoñecer que ten habido momentos nos que "A túa outra casa" ten servido como opción a que algunha xente non teña que marchar lonxe dos seus lugares de referencia.

Nesta vivenda para 12 persoas con todas as precaucións deste momento pola pandemia maldita celebramos o pasado 27 de outubro o aniversario da Sra. Encarnación.

Veciña de Cortegada, deste Concello de Sarreaus, Encarna ("Caxón" para algunha xente) cando lle dicimos que nos diga que quere que poñamos dela no blog, di que " está moi agradecida pola marabillosa familia que ten; tamén por ter ben a cabeza e a vista".

"Moi agradecida ás traballadoras da casa por coidala tanto e tan ben, aínda que sabe que dá moito traballo porque ten moitos anos".

E nós encantados de poder seguir compartindo o día a día con esta xente que nos aprende o saber estar, a relativizar todo, a valorar o importante ( a familia, o cariño), a estar sempre coa palabra gracias na boca... Graciñas.




 


sábado, 31 de octubre de 2020

Tocou rozar algúns terreos que as ovellas e os burros non deron mantido limpos


Algunha facenda do CDR (burros e ovellas) son empregadas para manternos bastantes terreos, fincas como pasteiros e pradarías que a vecindade nos cede. Normalmente terreos pequenos nos arredores das casas que os granxeiros e agricultores non traballan. E que empregamos como pasto extensivo.

Máis de oito hectáreas que co pastoreo, a rotación permanente dos animais, a sega de herba para facer pacas, a roza de toxos, silvas, fentos... para estrar a corte (o lugar a cuberto onde comen ou dormen os animais para mantelos secos e, ao mesmo tempo, que fagan esterco que empregamos para mellorar a terra). Nalgunhas ocasións non damos "mantido a raia" a vexetación espontánea cos traballos de mantemento que facemos os traballadores e as persoas voluntarias que nos axudan nestas tarefas.  

Contribuímos así ó mantemento da diversidade e dunha paisaxe humanizada que forma parte do noso patrimonio. Nun territorio no que todo "nos fala" porque se da unha marabillosa simbiose entre as persoas e a paisaxe, a contorna. 

Grazas ó Concello de Sarreaus que nos posibilitou dispoñer unhas horas do Pepe (un auténtico profesional no manexo do tractor habilitado para esta labor) e rozar algúns anacos en tres terreos que teñen arredor casas e que convén manter limpos para evitar males maiores no caso dalgún incendio.









miércoles, 14 de octubre de 2020

15 de outubro: Día Internacional das Mulleres Rurais

Día internacional das mulleres rurais. Vídeo 2018  

Construíndo a resiliencia das mulleres rurais a raíz do COVID-19 

As mulleres e as nenas están en desvantaxe nesta pandemia, un problema que se agrava máis aínda nas zonas rurais. As mulleres rurais xa enfrontaban, e enfróntanse, a batallas previas específicas na súa vida diaria a pesar dos seus roles crave na agricultura, a subministración alimentaria e a nutrición. 
As normas sociais restritivas e os estereotipos de xénero tamén poden limitar a capacidade das mulleres rurais para acceder aos servizos de saúde. 
A pesar de todo iso, estiveron ao pé do canón na pandemia, mesmo cun traballo de coidados do fogar non remunerado que foi en aumento. 
Desde esta perspectiva, nas aldeas remotas, especialmente nas máis marxinadas, necesitamos medidas para aliviar a carga do coidado e redistribuíla mellor entre mulleres e homes.T
Tamén necesitamos avogar por servizos e infraestruturas básicas suficientes (auga, saúde, electricidade, etc.) para apoiar o traballo doméstico e de coidados produtivo e non remunerado das mulleres, que se ve agravado pola crise. 
A pandemia tamén aumentou a vulnerabilidade dos dereitos das mulleres rurais á terra e os recursos. 
As normas e prácticas discriminatorias de xénero impiden que as mulleres exerzan os dereitos sobre a terra e a propiedade na maioría dos países e as viúvas de COVID-19 corren o risco de ser desherdadas. A seguridade da tenencia da terra das mulleres tamén se ve ameazada a medida que os migrantes desempregados regresan ás comunidades rurais, o que aumenta a presión sobre a terra e os recursos e agrava as diferenzas de xénero na agricultura e a seguridade alimentaria. 
Os investimentos con perspectiva de xénero nas zonas rurais nunca foron máis críticas. É por iso que o tema deste Día Internacional das Mulleres Rurais é "Construír a resiliencia das mulleres rurais a raíz do COVID-19", para crear conciencia sobre as loitas destas mulleres, as súas necesidades e o seu papel fundamental e clave na nosa sociedade. 

A inestimable contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento 

As mulleres rurais -unha cuarta parte da poboación mundial- traballan como agricultoras, asalariadas e empresarias. Labran a terra e plantan as sementes que alimentan nacións enteiras. 
Ademais, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións e axudan a preparar ás súas comunidades fronte ao cambio climático. 
Con todo, como sinala ONU Mujeres, as campesiñas sofren de maneira desproporcionada os múltiples aspectos da pobreza e a pesar de ser tan produtivas e boas xestoras como os seus homólogos masculinos, non dispoñen do mesmo acceso á terra, créditos, materiais agrícolas, mercados ou cadeas de produtos cultivados de alto valor. 
Tampouco gozan dun acceso equitativo a servizos públicos, como a educación e a asistencia sanitaria, nin a infraestruturas, como a auga e saneamento. 
As barreiras estruturais e as normas sociais discriminatorias continúan limitando o poder das mulleres rurais na participación política dentro das súas comunidades e fogares. 
O seu labor é invisible e non remunerado, a pesar de que as tarefas aumentan e endurécense debido á migración dos homes. Mundialmente, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as campesiñas se atopan en peores condicións que os homes do campo e que as mulleres urbanas.

 

lunes, 5 de octubre de 2020

Día mundial dos animais

Con motivo da celebración, onte, deste día, lembramos aquí a nosa aposta por ligar o desenvolvemento ó territorio, ó coidado do territorio. Porque as raíces dun territorio teñen as mesmas funcións que as dunha planta: arraigarse á terra e facilitar o crecemento dos seres vivos que a habitamos.
 

 O 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos Animais, unha data promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, co obxectivo de frear a extinción de moitas especies ó longo e ancho do mundo.

Elixiuse este día en particular por coincidir co santo dos animais San Francisco de Asís, quen en vida considerou que todos os seres que habitamos a terra somos criaturas de Deus.
Alá polo ano 1200, cando San francisco de Asís era apenas un raparigo, el dixo "que debemos comprender cal é o noso lugar na Terra, xa que o benestar de nós está integrado ó benestar de todos os animais e o medio ambiente".
As súas palabras, non foron comprendidas para nada naquela época, pero actualmente todos os seres humanos sabemos de certo, cuan sabia e premonitoria, foi aquela frase.
A intención de celebrar o Día Mundial dos Animais, é lembrarnos que, aínda que dicimos que somos a especie máis evolucionada, iso non lle quita os dereitos e protección ó resto dos animais do planeta.
Porque tal e como lle explican a Simba no Rey León, todos formamos parte dunha cadea coñecida como o ciclo da vida, e a destrución de calquera especie xera grandes estragos na natureza.

lunes, 13 de julio de 2020

O galiñeiro do "Carraghal" (carregal) un fervedoiro de vida

Na Lama, a beira da reitoral, está a horta do "carraghal" (que é como o pronunciamos aquí); na toponimia aparece como carregal, sendo unha das súas acepcións "terreo abundante en cárregas, generalmente pantanoso". 


Dende hai anos deixáronnola os pais do Arsenio e o Francisco (Serafín e Modesta) para complementar as actividades que desde o CDR O Viso facemos como Pobo escola e puxemos o invernadoiro, galiñas, coellos... Espazo polo que teñen pasado ó longo destes anos milleiros de nen@s, moz@s e persoas adultas.


Este ano tan especial non houbo posibilidade de que participaran os grupos dos colexios nin outros movementos de tempo libre que teñen en Lodoselo unha cita coa educación medio ambiental... Puntualmente visítanno as familias que volven de vacacións e o vecindario da contorna (arrastrado polas crianzas) que xa coñece este recuncho.


Así que vos facemos partícipes, por este medio, desta visita virtual e a posibilidade de facela real acordando un horario posible e mesmo vos ofertamos o poder mercar algúns exemplares. Son mestizaxe de varias razas: a galiña típica que sempre houbo nas nosas casas do pobo que se foi cruzando con outras razas que fomos metendo, como as galegas Galiña de Mos e Pita Piñeira. Pero tamén coa Pinta asturiana, Barneverdel e Araucana que no seu momento nos achegaron o Angel Isaac e o Alberto de Xinzo, o Manolo de Allariz ou o Toño de Freixo, a Ángela de Freande, a Esther e o Toño de Folgoso... 




Máis de 100 nacementos nesta primavera (algunhas xa están en Nocelo da Pena, Faramontaos, Xinzo, Coedo...) contabilizando os que naceron no galiñeiro do Ceip Rosalía de Castro para o que levamos en xaneiro dúas galiñas kikas que tamén criaron e están xa coa segunda polada. Outro punto de "atracción" para nen@s e menos nenos que xa teñen unha cita nos seus paseos pola vila.   


miércoles, 20 de mayo de 2020

E, entre nós, rapamos o rabaño do CDR



Este ano, con todas as anomalías que temos tido pola culpa do maldito coronavirus, acometemos con máis atrevemento que mestría un novo cometido que outros anos viñan facer os especialistas, os rapadores. Con Fran, á cabeza, animando desde había uns días a facelo nós.
Grazas a Eloi, que sabe de todo e que tamén nos fixo unha desmostración e a Alberto, Fran e Toño que queremos seguir aprendendo todos os días, o luns e martes pola tarde rapamos as ovellas. Esta semana xa é moita a calor que fai e si, quedaron ben fresquiñas.
A primeira tarde foi moita novidade: estaba o que lembrabamos de ter visto outros anos ós rapadorres, algún vídeo... Así que estabamos tensos: afacernos á máquina (de 2ª man pero ben xeitosa, por certo), a frustración de facerlle algún corte ás ovellas, a calor, etc. Con todo, soubémolo levar e si, comentamos á tarde seguinte que acabaramos moi cansos. Seguramente máis ffroito do estrés que do traballo físico, que tamen o é.
A tarde do martes xa foi máis sobre rodas; a pequena experiencia do día anterior contribuíu a que se notara unha gran melloría. E si, moi contentos de seguir aprendendo a facer algo de todo; como comentabamos para  alentarnos: mellor saber pouco de moitas cousas que moito de poucas, que parece que é ó que se tende, especializarse moitísimo (que tamén é necesario) pero para a nosa realidade rural (e para unha organización de economía social, como é o CDR) sempre se levou máis e coidamos que segue a ter vixencia o outro modelo.  

viernes, 1 de mayo de 2020

Manolo e Brais son noticia hoxe na Región. Dous cracks que temos en Lodoselo!


Todo un orgullo seguir aparecendo na prensa xente amiga, xente nova, veciños... que neste 1º de maio e todos os días do ano fan do traballo na contorna a principal ferramenta para construírmos un mundo mellor. 



El ave rapaz no pudo superar el daño que le produjo la herida en una de sus alas, aunque varias fueron las personas que trataron de salvarla, entre ellas, dos jóvenes de Lodoselo, en Sarreaus
Esta historia no tiene un final feliz. Sí tiene una parte positiva, y es que cada vez son menos las personas que no detienen su coche al cruzarse con un animal o ave malherida en una carretera o en la vía pública para tratar de auxiliarle. 
Prueba de esto último es el caso de Manuel González, vecino de Lodoselo -Sarreaus-, que no dudó en detener su vehículo para asistir a un imponente búho real -poco común en el entorno- herido de gravedad. "Volvía a casa en mi vehículo cuando me percaté de que estaba en la carretera. Trató de escapar pero no pudo porque tenía un ala rota", recuerda el vecino de Lodoselo. "Se dejó coger bien, pero estaba un poco asustado. Si se ve algo así pues, hombre, siempre intenta uno ayudar", añade. 
Manuel cargó con el ave, de grandes dimensiones -cada una de sus alas tenía una longitud de un metro- y la llevó a un joven cetrero del pueblo: Brais Mellado, de 15 años. "Yo no sabía que hacer. Me acordé de un vecino mío que le gusta mucho este tema de la cetrería y se lo llevé", recuerda Manuel, quien se sorprendió mucho de la presencia de este ave: "Si te digo la verdad yo nunca había visto un búho de estas características por nuestra zona. Fue la primera vez. Era grandísimo", añade.
Brais Mellado que, desde los 10 años de edad, siente adoración por las aves rapaces -lo que le llevó a introducirse en el mundo de la cetrería-atendió al búho real. "Trouxéronmo á finca da casa e eu no momento xa souben que era un búho real. É unha especie bastante rara de atopar por aquí e está bastante amenazada. As aves rapaces están protexidas en toda España porque non hai un grande número de exemplares", explica el adolescente. "Eu como tiña comida para aves rapaces dinlle un pouco. O búho estaba moi delgado. Notábaselle no peito e tiña moita fame, porque ao estar moi asustados non adoitan comer diante dun humano, pero este búho, a diferencia doutros casos, pois comeu", añadió. 
Los jóvenes decidieron llamar al Centro de Recuperación de Fauna de O Alto do Rodicio, sin embargo, al no obtener respuesta -este servicio cierra a las 21,00 horas y eran cerca de las 22,00 horas- optaron por llamar al 112, desde donde se envió a dos voluntarios de Protección Civil de Sarreaus. Los efectivos cobijaron al búho en instalaciones municipales durante toda la noche dentro de una caja de cartón grande al no tener un contacto alternativo de un veterinario de urgencia. "Nos dixeron que a primeira hora da mañá xa irían os do Centro de Recuperación a recollelo. Chamei alí á mañá e me dixeron que o veterinario vería ao búho ao día seguinte", cuenta Brais Mellado. No tuvo buena suerte el Búho de Sarreaus. Pese a que todos los implicados en su rescate: Manuel, Brais y José Ángel Garrido -uno de los efectivos de Protección Civil- querían asistir a la suelta del ave una vez que ésta estuviera recuperada, desde el servicio de prensa de la Consellería de Medio Ambiente aseguraban ayer que, pese a que el ave había llegado viva a las instalaciones de O Rodicio, no se pudo hacer nada por salvarle. Previsiblemente y según cuenta Brais, una descarga eléctrica ocasionó los daños al búho. Un final triste en una historia en la que la solidaridad ciudadana fue la gran protagonista.


martes, 31 de marzo de 2020

"Marzo amola, abril esfola"


Velaquí tres imaxes de hoxe, 31 de marzo que nos enviaron Fran, Alberto e Yedhiel para facernos unha idea desta xornada aí fóra.
E aínda que se di que "entre marzo e abril coa neve o cuco non quere vir" esta nevada colleuno aquí porque nós xa o levamos escoitando desde o venres 27 na Rañada, cara o Covelo e nas Poulas de Monelo... 

 

martes, 24 de marzo de 2020

"A solidariedade é abrumadora" (Juanjo)


El ingeniero industrial Juanjo Pérez, de Lodoselo, (Sarreaus), forma parte del equipo de construcción del centro sanitario de campaña ubicado en Madrid. "Traballamos dende o venres de seguido, coma se fora unha única xornada", dice.

Las instalaciones de Ifema, en la capital española, se transforman estos días, a paso veloz, en un hospital dedicado de forma exclusiva a pacientes de coronavirus. Aunque el pabellón 5 ya se encuentra activo –acoge a lrededor de 200 pacientes–, el equipo de construcción no descansa, y a última hora de hoy espera finalizar la adecuación de las naves 7 y 9. En total el centro contará con 1.300 camas, lo que lo convierte en el hospital más grande del país. 
El ingeniero industrial Juanjo Pérez, de padres de Lodoselo y Sarreaus, forma parte de la elaboración de los planos del proyecto, que arrancó el viernes pasado. "Son xornadas que non teñen fin, é coma se estiverámos nunha xornada dende o venres pasado, que foi o día que comezamos", explica a través del teléfono, en una breve parada del trabajo. Los pabellones 7 y 9 incrementarán en 35.000 metros cuadrados el espacio ya activo de la nave 5. "É algo moi complexo, non tanto pola colocación das camas e do material, senon pola necesidade que teñen todos os pacientes de ventilación mecánica", apunta. El ourensano explica que la mayor dificultad es la colocación de gases medicinales: "Todos os hospitais de Europa e do mundo están ampliando as súas instalacións, e as súas instalacións requiren de cobre, de tomas e de caudalímetro, entón é moi difícil conseguir o material". Doscientos fontaneros trabajaban ayer en Ifema para adecuar el espacio, mientras el equipo espera la llegada de nueva mercancía para completar la obra. 
“ABRUMA A SOLIDARIEDADE"
Desde el inicio del hospital de campaña, el pasado viernes, muchas han sido las donaciones y colaboraciones de entidades, así como ciudadanos. "A solidariedade é abrumadora, a xente o único que quere facer é axudar, sumarse e traballar. O que importa agora é acabar canto antes, e todos o sabemos. Polo de agora non se falou de cartos, ninguén pregunta, o primeiro é o primeiro, do resto xa se falará despois", asegura. 
El ingeniero también destaca la agilidad del equipo de Ifema –"Nós fixemos os planos sanitarios e en nada xa estaba montado, están facendo unha tarefa espectacular"–, y el espíritu de las empresas participantes –"Por exemplo, contamos coa axuda das dúas empresas máis grandes do país de gases mediciñais, nisto non son competencia, están traballando conxuntamente"–. 



“É inaudito"
Juanjo Pérez cuenta con una larga experiencia al frente de proyectos de gestión sanitaria, pero asegura que "é inaudito, non esperas ter que traballar nunha cousa deste tipo". Después de pasar por el CHUO, fue el primer gerente no médico del Hospital Universitario Central de Asturias, y más tarde director de gestión del Hospital de La Paz. En 2014 lideró la creación del hospital de enfermedades infecciosas de Madrid, tras el primer caso de ébola en España. Aún así, nada se parece a la situación actual. "Isto pillounos a todos sen estar preparados, pensabamos que ía ser unha falsa alarma como a gripe A ou mesmo o ébola, estabamos convencidos de que non nos ía tocar, coma no noso, no resto de países", asegura.
Hace semanas, la población veía  de lejos la creación de un hospital en China para atender casos de COVID-19, sin imaginarse que las imágenes se repetirían, pero esta vez en Madrid.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/25/

«La forma en la que está colaborando todo el mundo en Ifema es un espectáculo»

Juan José Pérez Blanco es el ingeniero ourensano que dirige las obras para montar en el recinto ferial madrileño el mayor hospital de campaña del país

martes, 10 de marzo de 2020

De Lodoselo al Vaticano





El retrato de un limiano, el arzobispo José Rodríguez Carballo, luce desde hace un tiempo en el Palacio de San Carlo, al lado de la residencia del Papa Francisco. Él mismo agradeció la creación a su autor, el vigués Xavier Lemos.
Ciudad del Vaticano. Basílica de San Pedro. Resulta difícil no conmoverse o dejar de admirar la riqueza artística y arquitectónica que rezuma cada esquina del conjunto. Desde hace muy poco tiempo, dos nuevas obras pueden ser contempladas por los millones de visitantes que se acercan hasta este lugar cada año. Se trata de dos retratos realizados por el pintor vigués Xavier Lemos Godoy, y protagonizados por el Papa Francisco y el arzobispo natural de Lodoselo, en Sarreaus, José Rodríguez Carballo, secretario de la Congregación para los Institutos de la Vida Consagrada y Sociedades de Vida Apostólica. Las dos se exhiben en dependencias vaticanas.
Fue el propio arzobispo de raíces limianas quien, a través de una misiva remitida la semana pasada a Vigo, agradeció ambas creaciones y dió razón de la localización a su autor. "El retrato del Papa Francisco está ubicado en el Palacio de las Congregaciones, situado en la Plaza de San Pedro, donde puede ser admirado por muchos de los que diariamente frecuentan dicho palacio", explica el religioso. "Mi retrato está expuesto en el Palacio de San Carlo, al lado mismo de la residencia del Papa", continúa, antes de especificar que ambos "están enmarcados con una moldura conforme a los criterios con los que han sido encuadrados otros retratos de papas y autoridades vaticanas". 

viernes, 21 de febrero de 2020

Dicen entre elas falando: "eu non saio polas casas, porque nunhas danme caldo e noutras danme papas".


Entroidando: Que siga a tradición. Momentos para celebrarmos xuntos: colgamento do Meco, actividades no Centro de Inclusión e Casa Niño Lodoselo, no desfile infantil en Xinzo e en Sarreaus.
Pincha na imaxe ou no enlace. 


 http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d312217427kP1103377435o2l1/entroidando-2020

Ven Antroido, ven axiña, con mázcara e barullo, para poder brincar coas mozas e para encher ben o bandullo.

Adeus martes de Antroido, adeus meu amiguiño, ata o domingo de Pascua non comerei máis touciño 

Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, cómeo todo, deixa un bocado para o martes de Antroido. 

Martes de Antroido, ti has de vir, cuncas e platos han de ruxir.

Cacaracá, ponte na pá, Faime un bolo, non o comas todo, deixa unha miga para o día de Entroido.

Eu quería ó carnaval como un irmán verdadeiro, agora xa non o quero, que me chaman entroideiro. 

Anque lle vimos aquí, non é por facerlle mal, vimos por lle anunciar que estamos no Carnaval. 

¡Vinde nenas! ¡Vinde nenos! Non quero cara de penas e de choros moitos menos.

O Entroido imos festexar: filloas e orellas comeremos a fartar. de disfraces non falemos que eso non faltará.

Adeus martes de Entroido, unto vello e longaniza, escondeivos compañeirois que hoxe é corte de linza.

Aí ven o Entroido, e festa rachada, os nenos na escola faremos foliada.

¡Delgadiña, delgadiña quen te vestíu de gorda, con careta e sen careta a fame ben se che nota.