No pasado fin de semana -aproveitando que viñeran 4 polacos rapar as ovellas do rabaño que hai no pobo- tamén raparon as nosas; nun momento (escasos 2 ou 3 min. por cabeza) deixarónas descoñecidas. Sen atar as ovellas, empregan o método australiano, o rapador mantenas no chan baixo a presión dunha das súas mans e vainas xirando, mentras que a outra manexa a máquina.
A verdade é que o tempo ten estado bastante fresco -case frío, por momentos- así que deben ter pasado frío. Iso si, xa temos la, deste ano, para facer actividades no "fiadeiro".