Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

miércoles, 16 de agosto de 2023

ISABEL MOCIÑO, autora da semana: Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG

 https://www.aelg.gal

Pode ser uma imagem de 1 pessoa e texto que diz "Autora da semana Isabel Mociño"

Eu son filla da emigración. Nacín en Alemaña aínda que, cousas da vida, teño unha partida de nacemento española que di que seica foi en Sarreaus, un concello da Limia ourensá. Era alá polo ano no que o réxime ditatorial ía camiño do seu final. Porén para os meus avós maternos de Lodoselo era o inicio da crianza dun novo membro da familia, unha neta.

Os meus primeiros trece anos na aldea estiveron cheos de contos, lendas, sucedidos... Eu era a única nena do barrio do Outeiro, onde pululaban personaxes misteriosos que cada noite de inverno acudían á cociña dos meus avós. Con eles traían a carón do lume bruxas, mouros, fadas, lobos, ánimas que poboaron o meu imaxinario e moitas veces encheron de terror os meus soños. Era un mundo de palabras, escasos libros e unha televisión morta no salón debaixo dun pano, que só en sinaladas datas se acendía. Sen decatarme, un día que non sei cal foi, este microcosmos viuse esgazado por moitas razóns: cada vez eran máis as casas que se foron pechando, interesábame máis ir xogar ou falar cos rapaces doutros barrios ca estar a falar cos vellos que quedaban e o peor de todo foi que en plena adolescencia regresaron meus pais, que me levaron con eles para Celanova, onde vivín entre o conflito interno e a evocación do que quedou atrás os anos previos á marcha á universidade. Neste tempo refuxieime nos libros, como querendo buscar unha resposta que non chegou.

Foi quizais esa falta de respostas a que fixo que, sen decatarme, tomara camiños no plano laboral que me levaban unha e outra vez ao universo da infancia. Primeiro porque a ela regresei no inicio do meu labor de investigación, no que me acheguei ás figuras femininas no cancioneiro popular galego. Probablemente querendo coñecer mellor o que sentín sempre como unha perda, o mundo da tradición oral que me arrolou cada noite e cada soño. Máis tarde, casualidade ou non, rematei conducindo os meus pasos cara á Literatura Infantil e Xuvenil, na que comecei no momento que o século XX expiraba e se iniciaba un novo ciclo. Dende entón sigo dialogando coas bruxas, cos lobos, con mouras encantadas, pero tamén con extraterresteres, monstros e todo tipo de fauna literaria que alimenta o espírito de nenas e nenos do século das tecnoloxías, como aquel lume que arrequentou o espírito das xeracións que nos precederon e legaron tan rico patrimonio cultural.

Hai máis “casualidades” na miña vida. Máis argumentos para pensar que todo é un entramado de fíos invisíbeis que nos levan por camiños que só o tempo nos revela sorprendentes. Despois de traballar uns cantos anos como bolseira, esa figura que deu para tanto no tempo que nos tocou vivir, un día atopei que estaba facendo as maletas para marchar á emigración. Si, eu tamén seguía o camiño de miles e miles de homes e mulleres que, como os meus pais, un bo día decidiran que había que marchar, buscar outras formas de gañar o pan, coñecer outros mundos e outras xentes. Eu tamén marchaba cun contrato de traballo pechado por tres anos, cunhas condicións que só coñecería ao chegar ao destino: era a Universidade do País Vasco. Agora os emigrados somos xente máis preparada, traballadores cualificados, que seica imos como “embaixadores culturais” da nosa Terra. Con esta idea traballei en labores de docencia e investigación, pero sobre todo vivín moi intensamente a colaboración cos Centros Galegos de Vitoria-Gasteiz e San Sebastián-Donostia. Neses anos puiden entender mellor o que é o apego á terra. Vivín nas miñas carnes a emoción de xente que, xa con moitos anos e nacidos entre os vascos, segue sentindo que é ante todo de esencia galega, que quere volver á terra cando ten ocasión, que o seu legado cultural é unha mestura, pero no que as tradicións, costumes e crenzas dos seus antepasados galegos teñen a vitalidade e viveza que en parte estamos perdendo aquí.

De volta a Galicia, integreime na Universidade de Vigo, na que comecei os meus estudos universitarios. Aquí levo dende o ano 2009, primeiro en Filoloxía e Tradución, despois na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. E sigo coa Literatura Infantil e Xuvenil a voltas. Mais agora tentando que as futuras mestras e mestres de Educación Infantil e Primaria a lean, a coñezan, a amen e a transmitan aos seus destinatarios preferenciais, as nenas e nenos.

Infancia, infancia, infancia.....

Un ano máis a prensa faise eco da presenza do "arzobispo de Belcastro" en Lodoselo

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/sarreaus/2023/08/16/padre-carballo-preside-fiestas-puedo-lodoselo-regresara-espana-arzobispo 

El padre Carballo preside las fiestas de su pueblo en Lodoselo y regresará a España como arzobispo

a. mínguez OURENSE / LA VOZ

SARREAUS

José Rodríguez Carballo presidió la procesión en Lodoselo, Sarreaus
José Rodríguez Carballo presidió la procesión en Lodoselo, Sarreaus Alejandro Mínguez

El prelado de Belcastro, en Italia, no faltó a la cita en Sarreaus

16 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

El arzobispo de Belcastro y ex ministro general de la orden franciscana, José Rodríguez Carballo, presidió un año más la procesión y eucaristía del 15 de agosto en su pueblo natal de la comarca limiana, Lodoselo, dentro del Concello de Sarreaus.

Hombre próximo al papa Francisco, lleva algo más de diez años en Italia como titular de Belcastro y 36 fuera de España, situación que cambiará próximamente. Aún sin destino ni fecha confirmada, es seguro que el año próximo el padre Carballo no viajará desde Italia para celebrar los actos en su localidad natal, ya que estará en una archidiócesis española. José Rodríguez Carballo, conocido como o «fillo da Celia» en Lodoselo, presidió la procesión por la localidad acompañado de sus vecinos y después la misa en la que destacó el papel de la juventud como profetas de la religión católica.

El arzobispo de Belcastro destacó la jornada de la juventud vivida este mes en Lisboa bajo la presidencia del papa Francisco como modelo a imitar ante la necesidad del papel de los jóvenes en el futuro de la Iglesia.