Participamos na grabación deste fermoso tema que canta o noso amigo Tito, de Nocelo. Escolleron imaxes para o videoclip:
- Do forno do Pobo onde amasou, quentou o forno... a Rosa e soou a gaita e a pandeireta dos nosos artistas.
- Do tear que temos nos baixos da reitoral onde estivo, ese día tecendo a Palmira, unha das expertas neste oficio.
- E ata quixeron poñer algunhas imaxes do burro Fariñeiro...
Encantados de colaborar desde o CDR O Viso neste empeño de visibilizar o medio rural. Grazas ó artista por contar con nós e sobre todo por refrescarnos a Memoria do corazón, as raíces. Como moi ben escribe Manolo Rivas: "Somos o que recordamos".
Tema do cantautor Antonio Luz sobre o vivir, o sentir e o latexar do rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario