Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 5 de noviembre de 2021

Muma: a pastora vasca que incorporamos ó rabaño



 Sen cumprir aínda os dous meses este 5 de novembro traemos de Sarreaus (da casa da Hermesinda, da gasolinera, moitas grazas!) esta cadeliña. Coa esperanza de que nos axude a pastorear as ovellas e tamén para outras actividades que facemos no CDR "O Viso" cos animais (no Pobo-escola, no Centro de Inclusión, na Casa Niño, na Vivenda Comunitaria...)

Sabemos dos beneficios da interacción cos animales para os seres humanos, tanto a nivel físico como psicolóxico. Un contacto que contribúe ó mutuo benestar e a sermos personas máis plenas e máis felices.

Non só en estudos actuais; xa na antigüidade, numerosos  galenos  gregos prescribían, por exemplo, ós seus pacientes afectados por enfermidades incurables os paseos a cabalo “cos que alegrar o espírito e mellorar a calidade de vida”.

Así que, xa sabes, aquí tés outro motivo máis para achegarte por aquí.

 

domingo, 24 de octubre de 2021

Outra alegría que nos dá á vecindade. Parabéns, Juanjo!

 

Laura Gómez Delgado es elegida vicepresidenta de la Comisión de Ingeniería Médica y Sanitaria del COIIM y la AIIM

Pérez Blanco, nombrado presidente de los ingenieros hospitalarios de Madrid
Juan José Pérez Blanco.


19 oct 2021.
Juan José Pérez Blanco ha sido elegido nuevo presidente de la Comisión de Ingeniería Médica y Sanitaria del Colegio de Ingenieros Industriales de Madrid (COIIM), así como la Asociación de Ingenieros Industriales de Madrid (AIIM), y Laura Gómez Delgado ha sido nombrada vicepresidenta. Una decisión que, según ha podido confirmar Redacción Médica, ha sido tomada este martes en la Junta de Gobierno del Colegio de Ingenieros Industriales de Madrid, a propuesta de la propia Comisión.

Así, tras casi una década como responsable de de la Comisión, Carlos Jiménez Alonso pasa a ocupar una posición dentro de la misma como vocal.

Pérez Blanco, una trayectoria ligada a la Ingeniería Hospitalaria


Aunque, hace unos meses, Pérez Blanco, hasta la fecha vocal de la COIIM, así como de la AIIM, fue fichado como Regional Market Access Lead de Sandoz, gran parte de la carrera del ingeniero ha estado ligada a la Gestión e Ingeniería Hospitalaria. Tanto es así que Pérez Blanco fue uno de los encargados de gestionar la puesta en marcha y transformación del hospital de campaña de Ifema.

Anterior a esta experiencia, Pérez Blanco ejercía como director del Hospital de Majadahonda, puesto que desempeñó de 2019 a 2020. Previamente, y desde el año 2012, había sido el director de Gestión del Hospital La Paz, del que se encargó de ‘idear’ la remodelación y ampliación de uno de los mayores complejos hospitalarios de España.

Fuera de la Comunidad de Madrid, Pérez Blanco también ha desempeñado cargos de responsabilidad. En este sentido, ha sido gerente del Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) o director de Gestión del Complejo Hospitalario Universitario de Ourense

Por su parte, Laura Gómez Delgado, también vocal de la COIIM, actualmente es jefe del Servicio de Ingeniería y Mantenimiento del Hospital Universitario de Móstoles, centro en el que anteriormente trabajó como Ingeniero Superior del Servicio Técnico.

La nueva vicepresidenta, ingeniera industrial de formación, tiene un amplio conocimiento en gestión y planificación sanitaria, con un Máster Universitario en Gestión y Planificación Sanitaria para Directivos de la Salud, así como otro en Contratación Pública Sanitaria, que lo avalan.

jueves, 14 de octubre de 2021

Minas ( e pedras). Eligio Rivas Quintas. 2ª parte: Radio Lodoselo




https://www.ivoox.com/minas-e-pedras-12-eligio-rivas-quintas-audios-mp3

Continuamos escoitando a este erudito limiau que hoxe nos agasalla cun folleto do congreso "Álvaro Cunqueiro" que el empregou para debuxar pedras (o 3/05/1992. Lodoselo - Sarreaus). Escaneámolo e poñémolo aquí. Así poderemos seguir mellor as alusións que fai no podcast. 

Destaca os pensos de lagar, de expremer uva e mesmo olivas para facer viño e aceite. Pero tamén nos fala das minas de ouro, das aras que están sostendo altares, de Analso

https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=&ved=2ahUKEwjChaWRz8nzAhV1QEEAHfQLD-sQFnoECAMQAQ&url=https%3A%2F%2Frevistas.um.es%2Fayc%2Farticle%2Fdownload%2F62001%2F59731%2F260061&usg=AOvVaw2_jWp9EKRKZGvgT1sTEBrw

 de Torolo (diminutivo de Toro, antigo nome da Serra de San Mamede...). Moitísimas grazas.

miércoles, 6 de octubre de 2021

Damos por rematadas as obras nas Casas da Memoria

 Así que xa temos preparados os locais. Agora iremos engadindo máis contidos. Moito traballo feito, moito que agradecer a todas as persoas que contribuiron nesta obra; moitas actitudes e aptitudes das que aprender... e a seguir nesta viaxe xuntos, ligados por un deber común, unha tarefa partillada: coidar da vida. 

Velaquí unha montaxe coas imaxes do feito ó longo deste 2021 nestes espazos, noutrora cociñas, bodegas, leñeiras... que foron quedando sen uso, algún xa se fora derrubando (tellado caído, paredes a piques de facelo), outros teitados con uralita... e que grazas á xenerosidade das propietarias/os (Concha e Ramiro, Castor, Josefa) poidemos ir refacendo cunha subvención do leader, bos profesionais que seguían as instruccións de Manolo e José Manuel e os apoios dalgún persoal laboral e voluntariado do CDR. 

E, xa o sabes, velaquí tes un sitio máis para visitar, no que colaborar... Outro espazo aberto para seguir ampliando a oferta do Pobo escola, outro granciño de area neste empeño de facer posible o que é necesario: un medio rural vivo, habitable e habitado. Con máis proxectos "no conxelador" á espera de financiamento.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d370508639k6768143o2l1/Casas da Memoria. Outubro 2021 

Enlaces a esta nova tal e como apareceu nos diferentes medios de comunicación:

https://www.farodevigo.es/ourense/2021/10/07/transforman-casas-ruinas-lodoselo-sarreaus- 

https://www.laregion.es/articulo/a-limia/viso-crea-punto-union-intergeneracional

https://www.diariodolimia.gal/articulo/sarreaus/noticias-a-limia 

miércoles, 15 de septiembre de 2021

Arredor do rural: proxectos que xa están en marcha. Aprendizaxe-Servizo


 Se o pasado mes de xullo informabamos da participación do CDR “O Viso” (xunto a outras organizacións) en “Arredor do Rural”, convidados por David García Romero (GI Esculca Facultade de Ciencias da Educación, USC) dende comezos deste 2021, agora toca, neste comezo de curso retomar o tema.

Lembrar que se aborda a construción dunha comunidade que quere reunir os esforzos de centros educativos e proxectos de desenvolvemento rural sostible para traballar conxuntamente pola construción da sostibilidade e a formación do alumnado para esta. Que se elabora arredor da Aprendizaxe-Servizo como ferramenta principal, pola súa capacidade para tecer colaboracións e orientarse ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e que esta comunidade ten como ámbito territorial a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Dunha banda refrescamos a memoria sobre os proxectos que xa están en marcha e que o alumnado pode escolller (para o segundo semestre deste curso 2021/22). Para isto anexamos a montaxe coa que contamos (grazas David) e alentamos a todas as persoas que teñan interese en botarlle unha ollada e espallar esta iniciativa. 

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d369014285k1211122o2l1/Arredor do rural, set. 2021

Doutra ir informando do vindeiro encontro presencial que temos pensado celebrar este outono no Campus de Lugo da USC, o 26 de novembro. Así que ide anotando a data na axenda. A idea, a grandes rasgos,é que teña dúas partes:

  • Pola mañá: Exposición de experiencias levadas a cabo aquí e no Alto Minho no marco de Arredor do Rural. Debate e propostas sobre os proxectos.
  • Pola tarde: Entornos temáticos de encontro entre estudantes, profesorado e activistas e profesionais dos colectivos.

lunes, 3 de mayo de 2021

IncluLimia: PCD Algaria (Radio Lodoselo: Novo podcast)

 


Algaria é unha asociación sen ánimo de lucro constituída no 2010 para dar resposta ás necesidades da poboación limiá con discapacidade física.

En defensa dos dereitos e igualdade das mulleres e homes con disCAPACIDADE da Comarca da Limia. Co obxectivo de conseguir a súa plena inclusión en tódolos ámbitos da sociedade. Entidade membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con discapacidade).

Moitísimas grazas a Óscar Pena que nos achegou estas informacións que lle pediu Anabel desde Radio Lodoselo neste noso empeño de coñecer mellor a nosa contorna, os servizos cos que contamos e as persoas que os fan posibles.

Aquí está o enlace ó podcast https://www.ivoox.com/inclulimia-asociacion-pcd-algaria-audios-mp3_rf_69451712_1.html


 

viernes, 16 de abril de 2021

Día Internacional das loitas labregas

 
Esteban Vega, foi impulsor, socio e Coordenador das Escolas Campesinas de Palencia. As escolas Campesinas, entidade da que tanto aprendemos e coas que compartimos encontros... Honrando a memoria de Esteban, publicamos estas palabras súas (Graciñas Epi). 

 


 https://viacampesina.org/es/soberania-alimentaria-y-solidaridad-un-momento-historico-para-avanzar-en-nuestras-luchas-campesinas-17abril2021/?fbclid=IwAR2F264oZUYXEUT_yFuzd0OAW-AI-EfnQFG0qdqR5vvKykJMDiiMhf3oauk

miércoles, 31 de marzo de 2021

viernes, 19 de febrero de 2021

"Sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social"

   Hai un tempiño (entre un e dous meses, coido) viñeron pasar un día con nós Miguel e Marta para gravar e falarmos da nosa realidade. Hoxe, Miguel Ares, enviounos este documental no que se recollen algunhas imaxes de Lodoselo e as intervencións de Juan (veciño) e Toño (como voceiro do CDR O Viso).  

https://youtu.be/0jdid4dBPKc

 Este é un documental sobre o rural galego e o seu progresivo despoboamento. Segundo o Instituto Galego de Estatística temos en Galicia máis de 154.000 persoas maiores de 70 anos. A gran maioría vive en núcleos rurais que, aos poucos, se van baleirando. Co abandono do rural pérdese un xeito de vida que nada ten que ver co das cidades: o contacto coa natureza e cos veciños, o ritmo lento, valores e relacións baseadas na confianza mutua... De todo isto falan neste filme homes e mulleres que naceron en aldeas cheas de vida e aínda viven nestes núcleos de poboación onde, hoxe, a falta de relevo xeracional é unha realidade. 

Como contrapunto, entrevístase tamén a habitantes retornados ás súas orixes rurais. Son retratos filmados que contan historias de sabedoría cunha linguaxe narrativa sinxela e pausada. Cos uns e cos outros componse unha sinfonía aldeá que se transforma en drama antropolóxico e social. 

 Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

viernes, 12 de febrero de 2021

Na víspera do Día Mundial da Radio: IncluLimia. Radio Lodoselo


 
Velaquí outo podcast. Se a finais do pasado ano puñamos en marcha Radio Lodoselo agora recollemos a idea motor desta iniciativa; contribuír o noso empeño de inclusión. Por iso este nome de incluLimia e contar coas persoas da Limia con diversidade funcional; tamén ás súas familias, entidades, a veciñanza...
Hoxe Anabel, educadora do CDR O Viso charla con Araceli e Bruno de Limisi.

viernes, 8 de enero de 2021

Unha regalía: para gozar da nosa contorna

 


 
 
Moito frío, temperaturas propias de xaneiro... Xaneiro, xeadeiro. E se ademais baixa a néboa, queda a xeada dun día para outro... Ocorre que a paisaxe que nos atopamos é todo un espectáculo. Unha sorte poder gozar desta contorna. Velaquí unhas imaxes da reitoral, vivenda comunitaria, centro de inclusión e arredores.  

lunes, 4 de enero de 2021

O lobo no Covelo


 Velaquí unha nova de interese porque xa había tempo que non tiñamos visto o lobo por aquí. Esta vez poideron grabar estas imaxes á beira da granxa O Covelo.

 Será que hai neve na Serra e nos altos pero chámanos a atención que se achegue tanto e máis cando si temos constancia de que hai outras poboacións ben abondosas na contorna (xabaríns, cervos...) e que debería manter á liña se a presenza do lobo fose real.

Ou vai ser que non é un lobo o que aparece no vídeo? Fálannos de varios avistamentos estes días en varios lugares (Nocelo da Pena, Perrelos, Portela... ) e mesmo de algunha matanza. Pero foi o lobo?