Despois deste Concilia de verán, da tempada do Pobo escola, do paso dos anos... estes días pasados tocoulle unha posta a punto a este espazo. Un espazo que levamos coidando e empregando para moitas e variadas funcións: para concertos, teatro, cine, obradoiros, exposicións, magostos, reunións, punto de encontro, almacén... Ó servizo das persoas.
Un espazo que queremos que siga sendo acolledor e que nesta ocasión e grazas ao bo facer do Secundino e ás pedras que lle achegou o Alberto lograron compoñer aquela obra feita hai máis de tres décadas pola xente dos cursos de forestais co Santos á cabeza, por algunhas persoas do pobo e dos pobos darredor. Sempre presentes, sempre na memoria. Moitas grazas!