Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

lunes, 28 de febrero de 2022

Apareceu onte, domingo, unha nova variante de Covid-19 no fondo da calle, Lodoselo


O persoal do Centro de investigación FRELOPE S.L. andou este pasado domingo polas rúas do pobo e de casa en casa ofrecéndonos a participación voluntaria nun 2 en 1 ( test + vacina). Ante a nova variante "Omicroentroido" aparecida esta pasada semana nun habitante do fondo da calle, en Lodoselo, que tamén formaba parte da comitiva na compaña do seu can, o Thor.
Estes afamados investigadores tiveron a ben darnos a información que aquí relatamos acompañada das imaxes do folleto que gratuitamente repartían. Así a forma de contaxio pode ser:
1. Por ver a outras persoas positivas de omicroentroido, ver peliqueiros ou xente disfrazada.
2. Escoitar o ruxe-ruxe das chocas, charangas ou música.
3. O arrecendo de herbas fermentadas e carne rustida.
Os síntomas que presenta esta variante son:
- Formiguillo nos pés
- Tremores nas pernas
-  Malestar na casa
- Falta de sono
-En casos graves, abandono do traballo.
Os resultados do test:
Positivo: Claramente é que tés ganas de non parar na casa
Negativo: Se che molesta o ruído e non estás a gusto. Se queres seguir sendo negativo pór tapóns para os ouvidos e tapar os ollos con algo ben opaco.
Finalmente o tratamento
No caso de ser positivo recoméndase saír da casa, xuntarse con outras persoas positivas de omicroentroido e tomar Entroidocepan.
Recomendan tomar 20cc Entroidifen cada 2 horas e acompañado de cachucha, chourizos, lacón e demais produtos que son fáciles de atopar nas casas dos pobos, no rural, na casa dos avós.
É dicir, onde a xente vive para a xente.   






domingo, 20 de febrero de 2022

Peliqueiros no Domingo Corredoiro

Un ano máis os "nosos peliqueiros" visitaron aos maiores na vivenda comunitaria "A túa outra casa". Despois agardaron á xente á saída da misa e animaron as rúas non só en Lodoselo. Tamén polos pobos de  Escornabois, Sarreaus, Freixo, ... Moitísimas grazas e que de hoxe nun ano!

Pincha no enlace para facerte unha idea destes momentos que seguen a ser sempre espectaculares:


https://youtu.be/cVQrCby4U60


sábado, 19 de febrero de 2022

Parabéns a este veciño de Nocelo da Pena (Sarreaus)

Xosé Luís Otero Becerra, artista: "Esta mostra é unha viaxe á miña infancia, xa que o tempo é cíclico, sobre todo no rural"

Distopía reúne 176 obras entre esculturas, pintura, fotografía, instalacións ou gravado 

Son reflexións do que queda na paisaxe tras a desaparición do ser humano

A mostra está aberta no Centro de Arte Contemporánea Graça Morais de Bragança 

Non abondaría co noso vehículo para botarlle unha man no transporte das obras Xosé Luís Otero desde O Porriño a Bragança. Preto de 4 toneladas de peso para 176 obras que se poden ver no Centro de Arte Contemporánea  Graça Morais. Estamos ante o primeiro galego que expón nese espazo e o segundo español que o fai, co recoñecemento que isto leva implícito. 

https://www.g24.gal/-/xose-luis-otero-artista-esta-mostra-e-unha-viaxe-a-mina-infancia-xa-que-o-tempo-e-ciclico-sobre-todo-no-rural-?fbclid=IwAR3lcItaeRcMjLVYewi3-uMOfBslCbFDjcBYw7y0jy2OqZW7_O05y7vvfO0&jwsource=cl 

domingo, 13 de febrero de 2022

Entroido 2022

 
Este domingo , 13 de febreiro, apareceron estes carteis polo pobo adiante. Velaquí o texto: 
Veciños de Lodoselo. Este ano o concello de
Nocelo non nos deixa celebrar o entroido
como estamos acostumados, entonces 
celebrarémolo por barrios:
1. Barrio da Igrexa e os Tres Pes
2. O Areal e San Paio
3. Calle, Pazobello e Sorga
4. Outeiro e Ribeiriño
5. A Chave e a Cagalla
 
Importante: Non xuntarse máis de100 persoas por grupo.
E o día do carro chupitos e bica!!