Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

martes, 16 de diciembre de 2014

Publicación de "Excusas" libro dunha "Chica Limicorum"

Noelia, que fixo o curso de educador@s de Tempo libre na nosa escola Limicorum -en Lodoselo no 2010-, escribiunos, desde Inglaterra, para dicirnos que ía publicar un libro, así que nos facemos eco e felicitámola desde aquí. https://www.youtube.com/watch?v=Qu4YzIwQ_Zg#t=77 
"Excusas" narra a vida dunha xogadora profesional de baloncesto na actualidade, as súas loitas diarias e os detalles máis descoñecidos desta profesión. Xogadora do Newcastle University (UK), investigadora e lingüista ourensá, Noelia Cacheiro, amosa “a realidade do mundo deportivo feminino en forma de diario, desnudando os seus pensamentos na tinta do papel”. Tal como a propia autora explica, trátase “dun relato con toques de amor, desamor, aventura, viaxes e moito máis que acaban cun inesperado final que en realidade, continúa ata a data”.
Malia residir en Inglaterra, Noelia achegarase ata Ourense para presentar a obra por diferentes puntos da provincia. Ata o momento ten tres datas pechadas. A primeira será na cidade das Burgas o venres 19 de decembro en El Cercano. O acto comezará ás 20h. e contará coa presenza de Carmen Limia, presidenta do Club Pabellón Ourense que será a encargada da presentación. Noelia tamén espera contar con outras figuras representativas do baloncesto e da literatura como María José Varela secretaria da deleración ourensá de baloncesto ou José Antonio Tarrio, catedrático na Universidade de Vigo e autor de numerosos escritos.
Dous días despois, o domingo 21 de decembro ás 19h. a presentación será en As Escolas Vellas (Xunqueira de Ambía). A última data confirmada ata o momento é o venres 26 de decembro, a partires das 20h. en Vilar de Santos (Xinzo).

Temos o que damos


domingo, 23 de noviembre de 2014

Nacen as primeiras añas desta nova tempada

   Nesta semana de novembro naceron as primeiras añiñas. Levabamos desde agosto sen nengún nacemento no rabaño e tivemos esta sorpresa estes días; a nai, unha ovella que pariu por segunda vez, apareceu con estas dúas pequenas; na tarde do venres -que abriu un pouco o sol- xa saltaron polo campo da Lama e enredaron nas herbas.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Carlos Gomes, da U. de Tras os Montes e Alto Douro, xa é un máis no CDR


     Desde o mes pasado e ata Marzo de 2015 temos con nós a Carlos Gomes, alumno da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro, que veu facer as prácticas de Traballo Social no CDR O Viso. Aquí deixo a súa testemuña despois de levar un mes con nós

Cada vez tenho mais a certeza de que a escolha do CDR "O Viso" para estagiar foi a mais acertada.
Tenho vindo a sentir que poderá ser, no global, uma experiência bastante enriquecedora. Desde o início, o contacto com outra cultura, outro país, outra língua e outra gente tem-me preenchido a alma. Nos primeiros dias, como tudo era novo e diferente em alguns aspectos, a ânsia de corresponder às expectativas e de melhor me integrar consumiu-me quase por completo. De referir que tudo foi mais fácil graças à agradável  recepção por parte do CDR “O Viso”. Os esforços e sinergias criados pelos colaboradores do CDR para me incluir e me dar a conhecer o contexto foram, sem dúvida alguma, um ponto crucial nesta minha nova experiência.
No que concerne ao âmbito profissional (práticas), tem sido motivador para a minha aprendizagem perceber a abrangência (idosos, adultos, crianças), a solidez e as boas práticas desta entidade. É de realçar a credibilidade que foi sendo conquistada graças ao desenvolvimento no terreno da missão e valores como guia prático do CDR "O Viso".
Todos sabemos que os fenómenos e problemáticas sociais são múltiplos e dispersos por várias dimensões. Neste caso em específico, materializam-se no contexto rural e influem por completo na qualidade de vida das unidades familiares e creio ser bastante pertinente a abordagem integral que se tem posto em prática. Estou curioso e motivado para aprofundar os meus conhecimentos e, se possível, contribuir para implementar as estratégias. Os Governos adoptam cada vez mais uma descentralização de competências sociais para as organizações do 3º sector, logo, havendo condições e competência, acredito que as ONGs se possam afirmar de forma definitiva e pautadas pela prestação de serviços de qualidade e intervenções com vista à dignidade humana. Enfim, que sejam capazes de assegurar respostas sociais para as diferentes vulnerabilidades e tendo como referência as identidades comunitárias. E é assim que procuro crescer, pessoal e profissionalmente convosco!!! 




        

jueves, 18 de septiembre de 2014

CONVOCATORIA SGHN
I Xornada de limpeza da Veiga de Gomareites, día 04 de outubro


                Polas chairas da Pedra Alta, no concello de Vilar de Barrio; entre parcelas de cultivo, pistas, estradas, plantacións e extracción de áridos, pervive un pequeno retazo das antigas veigas asolagadas en tempos polas augas da Lagoa de Antela: a veiga de Gomareites.
    A Veiga de Gomareites é un monte comunal que antigamente se adicaba a cría do gando, e que desde xa hai anos estase a utilizar como entulleira e vertedoiro de lixo, o cal supón un gran problema pois, ademáis de que “o lixo atrae ao lixo”, os verquidos son caóticos aquí e alá, reducindo a superficie dispoñible para a flora e fauna, e tamén para o uso gandeiro.
   Con todo, a veiga de Gomareites aínda mantén interese florístico e faunístico, principalmente polas aves, aquí cría tamén a conícora (Vanellus vanellus) ao igual que na parcela de SGHN en Vilaseca Tamén se ten observado en época de cría á píllara pequena, así mesmo a veiga é frecuentada no inverno e nos pasos migratorios por varias especies de limícolos como bilurico patirrubio, bilurico claro, bilurico alinegro, cegoñela, garzota grande, garzota común, pilro común e o raro pilro de Temmick. Tamén se teñen visto aves tan espectaculares como o cullereiro, e mesmo a avutarda; como detalle curioso, nas proximidades da veiga tense constatado a presencia do grou nun censo de aves acuáticas invernantes.
    Como podedes ver, estamos a falar dun lugar con magníficas posibilidades, que paga a pena mellorar e conservar.

MELLORA E CONSERVACIÓN
   Seguindo cós nosos traballos de mellora e conservación de espacios naturais de interese na Limia, nesta ocasión pedímosvos a vosa colaboración para realizar a primeira intervención de SGHN nunha parte da Veiga de Gomareites (Vilar de Barrio), espacio moi interesante dende o punto de vista ornitolóxico como xa apuntamos.
   Neste espacio, un gandeiro local está a desenvolver un proxecto de gandeiría en extensivo nunha superficie de 16 ha de veiga, o cal é unha nova excelente para a conservación da veiga como tal.
   Para axudar a que se desenvolva este proxecto, e ademáis favorecer as especies de flora e fauna asociadas, SGHN ten asinado un acordo de custodia compartida do territorio con este gandeiro, que, ao igual que nós, está moi preocupado pola utilización deste lugar como un vertedoiro, e procura poñer trabas para que non suceda.
   Por todo, o obxectivo desta xornada é conseguir un incremento da superficie útil recuperando parte da veiga orixinal; para elo recolleremos ou amorearemos axeitadamente plásticos, entullos, madeiras, cristal, .... e puntualmente podaremos ou desbrozaremos algún anaco da parcela para facilitar o acceso ou a localización do lixo e deixar preparada a zona de traballo. Así que nesta ocasión o noso cometido será actuar como “brigada de limpeza”, contrataremos os servizos dunha empresa de xestión de residuos alugando un ou dos contedores nos que acopiaremos os diferentes materiais retirados.
   A actividade realizarase si as condicións climatolóxicas son adecuadas, e decir, sen choivas previstas nese día e, alomenos, na xornada anterior para facilitar as tarefas de limpeza.
   Como non todo vai ser traballar, pola tarde faremos un percorrido por A Limia para presentarvos as 25 parcelas para as que xa temos asinados os contratos de aluguer có Bantegal. Queremos lembrarvos que os que así o desexen poden “APADRIÑAR, OU AMADRIÑAR, UNHA PARCELA”, así que este será o momento de ver, elexir e facerse padriño ou madriña.

IMPORTANTE:
PARA A ACTIVIDADE DA MAÑÁ (RETIRADA DO LIXO) HAI QUE LEVAR CALZADO E GUANTES FORTES PARA EVITAR CALQUERA PROBLEMA.
A ACTIVIDADE ESTÁ RECOMENDADA PARA ADULTOS. DE VIR NENOS, OS SEUS PAIS OU TUTORES TERÁN QUE ENCARGASE DELES.
O PLAN para a xornada do sábado día 4 de outubro de 2014, é o seguinte:
Mañá:  9:15 h. Punto de encontro na Gasolinera “Antela” ao carón da autovía na saída de Xinzo, dende ese lugar desplazarémonos ata a Veiga de Gomareites para iniciar os traballos.
13:30 – Para xantar aínda estamos a estudar alternativas, buscaremos un lugar con menú entre 12 e 15 euros (xa concretaremos). 
Despois de xantar, cara ás 16:00h. iniciaremos o noso “percorrido turístico” polas parcelas de Antela e cicais poidamos rematar na zona de Cerdeira, nas nosas 4 MUSAS onde xa están pacendo as vacas dende hai máis dun mes.

Así que ANIMÁDEVOS e, por favor, contactade ata o martes día 30 de setembro a través dos correos electrónicos: ourense@sghn.org, antela@sghn.org ou dos teléfonos de Isabel (649441518) e Marcos(629635512).

sábado, 28 de junio de 2014

Coas ovellas e Néboa



   Coa chegada do verán nacen máis años e Néboa está atenta e axuda a lambelos para secalos...    Despois é tan brutiña que xoga con eles e túmbaos dun manotazo así que asústanse e escápanlle cando a ven correr para onde eles están.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d12109190k9251874o1/co-vern-mis-aos

lunes, 9 de junio de 2014

CDR O Viso: A 3ª entidade da provincia que xestionou máis recursos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/06/08/cruz-roja-caritas-financiaron-mitad-proyectos/0003_201406O8C5992.htm

Cruz Roja y Cáritas financiaron la mitad de los proyectos

0 votos
El dinero procedente de la casilla solidaria ayudó a financiar 68 proyectos sociales en la provincia a través de 19 entidades. Cruz Roja y Cáritas fueron las que gestionaron un montante mayor (688.995 euros el primer caso y 886.846 euros en el segundo), pero también las que desarrollaron más proyectos -30 entre ambas-, y llegaron con la ayuda a más personas. Les sigue en número de iniciativas financiadas, que no en importe económico, Morea. La asociación de familiares de enfermos mentales desarrolló a través de su federación y de las delegaciones en la capital, O Barco y Verín, nueve proyectos. En cuanto al montante invertido, el Centro de Desarrollo Rural O Viso, con 164.207 euros, fue la tercera entidad que gestionó más recursos.
Otras entidades a las que retornaron esos fondos fueron Atox, Meniños, Fundación Radio Ecca, Renacer, Los centros de desarrollo rural Eirada y Portas Abertas, Trama, Cadabullo, Fundación Juan Soñador, Comité Cidadán Anti-sida, la congregación de las Adoratrices -que gestionan la casa de protección de víctimas de violencia de género- y las Hermanitas de los Ancianos Desamparados.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/06/08/cruz-roja-caritas-financiaron-mitad-proyectos/0003_201406O8C5992.htm



Mi pueblo, que, para mí, es el más bonito del mundo.

Entrevista ó noso admirado Pepe.
Toda pobreza, de ayer, de hoy y de mañana, es causada por la injusticia. A raíz de ella unos tienen de todo y más, y a otros les falta de todo y más.Si reinase la justicia no habría pobreza. 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/06/05/jose-rodriguez-carballo-confiamos-papa-francisco-pueda-venir-santiago-2015/0003_201406G5P34995.htm

lunes, 26 de mayo de 2014

Fin de semana co alumnado do Rosalía de C. de Xinzo

   O alumnado de 5º A (e algúns máis) do Ceip Rosalía de Castro de Xinzo de Limia pasamos este pasado sábado e domingo en Lodoselo. Tod@s participaran o curso pasado no programa do Pobo escola facendo as actividades dun día "tipo" (facer o pan no forno comunitario, obradoiro do carballo con botas, paseo no carro do burro fariñeiro, etc.) pero esta vez a novidade era pasar a noite no albergue.
   Aquí tedes un enlace para ver a súas cariñas de felicidades participando nas distintas actividades: con animais, na granxa, collendo os ovos para a cea, montando na Torda e Terra (que aínda lle estamos aprendendo), visitando o colmear...

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d10750675k8272506o1/5a-en-lodoselo

Pasámolo xenial!!!!!!  Esta entrada tamén está no blog do Ceip Rosalía de Castro: charcadoslibros.blogspot.es

viernes, 14 de febrero de 2014

Habilidades sociais para a busca de emprego

  



   Esta semana, os días 10 e 11 de febreiro, realizouse o "Obradoiro de Habilidades Sociais de preparación para a busca de emprego" dentro do programa de Ruralempréga-T do CDR "O Viso". Unha vez máis, rexistrou a participación, non só dos usuarios deste programa, senón tamén das persoas derivadas polo Equipo Comarcal de Inclusión. Compartimos, entre outros, o obxectivo de mellorar as competencias e habilidades para a busca de emprego.
   Despois de recoller as impresións e suxestións das persoas participantes, á conclusión do obradoiro, acordouse a celebración de sucesivos encontros grupais que, ademais de contribuír á mellora na busca activa de emprego, tezan sinerxias entre a cidadanía promovendo o seu empoderamento, a súa sociabilidade, o apoio mutuo, a reciprocidade... Valores, quizais "desvirtuados" na actualidade, sobre todo, na vida urbana; pero tamén no noso medio rural antre a deslocalización da veciñanza.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Sobre a situación hidro-ambiental da Limia.



Acceso á presentación que fixo Serafín en Lodoselo (CDR O Viso) na que  ofreceu aos presentes unha visión da situación hidro-ambiental da Limia destacando o interese de aprender dos erros do pasado buscando solucións para o futuro, que fagan posible a convivencia entre produción e conservación.

lunes, 3 de febrero de 2014

Unha boa lección

                                          
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/02/03/dia-humedales-limia/959905.html?utm_medium=rss


                        

   Despois da visita guiada polas areeiras, a visita á casa da Lagoa en Sandiás e á parcela da SGHN en Vilaseca o grupo de 40 persoas achegouse ata as instalacións do CDR O Viso para xantar e gozar da ponencia de Serafín (á que se achegaron máis persoas) sobre "Humidais, auga e agricultura na Limia. Xuntos en prol do crecemento.
   Serafín González Prieto é Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e científico do CSIC desde 1994, ademais de autor de numerosos artigos (50) en revistas científicas internacionais e colaborar como investigador en 25 proxectos sobre o sistema solo - planta e xestión de residuos orgánicos; ultimamente foi o principal impulsor da campaña en contra da megaminería contaminante en Galicia. Para nós aquí sempre foi un dos "fixos" nas xornadas de Medio Ambiente que o CDR O Viso empezou a organizar na metade da década dos 90 co impulso de Xosé Santos. Tamén en Lethes, cadernos culturais do Limia. temos unha manchea de artigos seus. 
   Nos próximos días poñeremos un enlace á presentación que fixo con datos que deixan en evidencia as medias verdades dalgúns (Confederación Hidrográfica), o silencio cómplice doutros (Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade) e os sinsentidos de diversas declaracións a miúdo penosas e irresponsables (varios alcaldes da zona) sobre a xigantesca maquinaria de contaminación das augas, a degradación dos valores estéticos e paisaxísticos...    
   O seu papel simboliza esa síntese necesaria entre resistencia e traballo riguroso. Unha boa lección. Este é o final dun artigo que outro amigo do CDR, Daniel López Muñoz (o Trasno de Irimia), escribiu sobre Serafín en novembro de 2013 e que está no outro blog desta web: A figura singular dun home singular.

martes, 28 de enero de 2014

2 de febreiro: día Mundial dos humidais

   
logo
    O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome " un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos" nos 160 países que o asinaron ata a actualidade.   
Dende 1967 cada 2 de febreiro a Convención conmemora o día dos humidais.
   Podes seguir lendo no enlace da Sociedade Galega de Historia Natural.

Antela

Fotografía aérea da Lagoa de Antela dende o sur-surleste, coa vila de Xinzo de Limia en primeiro plano. Reproducida do libro Martínez Carneiro, X.L. (1997) Antela, a memoria asolagada, por cortesía de Edicións Xerais (www.xerais.com).

DATAS PARA LEMBRAR RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE NO 2014

Este ano 2014 conmemórase o Ano Internacional da Agricultura Familiar. Ademais desta efeméride achegamos un calendario coas datas máis relevantes relacionadas co medio, para que quen queira celebrar estes días teña a man esta ferramenta de consulta.
DECENIOS INTERNACIONAIS 
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra la Desertificación (2010 - 2019)

- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)

- Decenio das NNUU da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014)

- Decenio Internacional para a Acción «A agua, fonte de vida» (2005-2014)


XANEIRO

26 – Día Mundial da Educación Ambiental 

FEBREIRO

  2 – Día Mundial dos Humedais

MARZO

  5 – Día Internacional da Eficiencia Enerxética
14 – Día Internacional de Acción polos Ríos
21 – Día Forestal Mundial / Día da Árbore
22 – Día Mundial da Agua

ABRIL

  7 – Día Mundial da Saúde
22– Día Mundial da Terra
29– Día do Animal
30– Día Mundial da Concienciación polo problema do ruido

MAIO

  4  – Día Internacional do Combatiente de Incendios Forestais
15  – Día Mundial de Acción do Clima
21  – Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo 
22  – Día Mundial da Biodiversidade

XUÑO

  5  – Día Mundial do Medio Ambiente
  8  – Día Mundial dos Océanos
17 – Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía

XULLO

  7 – Día da Conservación do Solo
11– Día Mundial da Poboación

AGOSTO
 9 – Día Internacional das Pobacións Indíxenas                       

SETEMBRO

16 – Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono
22 – Día Mundial sen coche
25 – Día Mundial Marítimo

OUTUBRO

  7  – Día Mundial do Hábitat
13 – Día Internacional para a Reducción dos Desastres Naturais
17 – Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

NOVEMBRO

 6  – Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados
28 – Día Mundial contra o Consumismo

DECEMBRO

  5  – Día Internacional do Voluntariado
10 – Día Internacional dos Dereitos Humanos
11 – Día Internacional das Montañas
15 – Creación do PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente).