Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 11 de marzo de 2022

Fitotoponimia Lodoselo

Todos somos conscientes de que os nomes dos lugares no pobo,  das terras, dos regueiros, das fontes, mesmo de algún penedo... corren un grave risco de desaparecer porque a maioría só teñen existencia na memoria das persoas maiores. Quedamos case sen xente que saiba deles… hai algunha proposta interesante, mesmo na rede, como o da Galicia Nomeada que fai un chamamento a que non o perdamos.
Este é outro empeño no que andamos a vecindade de Lodoselo: un traballo de colaboración que tentariamos incorporar nas “casas da memoria”: os nomes dos lugares. Se despois atopamos quen nos faga unha explicación deles pois mellor. A continuación póñovos un material que fun elaborando como exemplo dos que eu controlo e dos que fun buscando información. Pero hai moitos máis e seguro que entre todxs o imos facer mellor. A proposta é pois seguir aumentando o listado dos nomes. Só por delimitar o territorio en dúas partes imos facer a divisoria da estrada. Así que a proposta sería ir anotando eses lugares e se se pode indicar a súa situación (polo menos da estrada para riba ou para abaixo; calquera outra indicación tamén sería benvida).  
Para a xente que teñamos tempo, ganas e poidamos aquí temos, se vos parece, un traballo de todxs e para todxs. Graciñas

 https://www.linkedin.com/posts/antonio-r-corbal-81102849_fitotoponimia-lodoselo-activity-6907996046505701376-sJ9z