Facendo pobo, país... Persoas amigas moi queridas que teñen participado, colaborado... sempre contribuíndo co CDR O Viso. Eles son tamén a cara visible para os grupos que participan no Pobo escola; as crianzas, o profesorado, levan moitos anos (desde a década dos noventa) aprendendo nesta explotación. Graciñas por estar sempre aí alentando e axudando, transmitindo que ser labrego é unha profesión e non unha condena, dignificando o medio rural. E parabéns!!!
Gandería “O Cobelo”: Aposta pola enerxía solar e polo cebo dos xatos
Visitamos esta gandería con 120 vacas en muxido que se atopa no concello ourensán de Sarreaus. Hai un ano instalaron un sistema de placas solares para reducir a factura eléctrica. Tamén ceban os becerros na propia explotación