Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

miércoles, 27 de febrero de 2019

Sección Antela: 8 anos traballando pola Limia


O pasado 02/02/2019 coincidindo có Día Internacional dos Humedais cumpliuse o oitavo aniversario da creación de SGHN-Antela. Con este motivo celebramos o acontecemento repasando as dificultades, os avatares e as principais intervencións destes anos con medios moitas veces escasos, suplidos có apoio, entusiasmo e esforzo dun bó puñado de incondicionais.

Na Poza dos arieiros

Na Poza dos arieiros comprobamos a situación actual e repasamos o traballo desenvolvido co obxectivo de recuperar os hábitats de bancos areosos característicos do río Limia antes da súa rectificación e hábitats de augas someras propicias para moitas especies de limícolas, en especial o arieiro pequeno. Esto, mentras aseguramos a conservación e mellora da poboación de Eryngium viviparum e facilitamos a instalación dunha colonia de cría de anduriña dás barreiras.
Aínda que o proxecto está por completar, xa cumpre plenamente cós obxectivos previstos e pronto vaise complementar con novas actuacións na área inmediata, có cal ampliaremos as zonas de augas someras incrementando a diversidade de hábitats e a interfase entre os hábitats terrestres e acuáticos con bordos de noiros suaves. Dito así, semella pouca cousa, pero compre lembrar que cando empezou o proxecto dispuñamos unicamente de 5.093 m2 en grande parte cubertas por xestas de porte arbóreo e salgueiras e hoxe, grazas ao acordo de custodia do territorio asinado cós propietarios lindeiros, cóntase con algo máis de 14000 m2 con ambientes diversificados idóneos para especies como anduriña das barreiras, conícora, cabra do aire, arieiro pequeno e mesmo cardiño da lagoa

Paneis sobre o Humidal Antonio Villarino

O seguinte punto de interese é o humidal Antonio Villarino, un proxecto novidoso e certamente algo atrevido como puidemos apreciar nos paneis que os amigos do CDR O Viso instalaron en Lodoselo e que reflicten as diferentes etapas do traballo.

Humidal Antonio Villarino

Logo das explicacións e da visita virtual nada como comprobar in situ o estado e evolución do humidal e a importancia da súa ubicación nas inmediacións da veiga de Vilaseca. A veiga está case totalmente asolagada cun moi bo nivel de auga. Achegándonos a zona, intúese xa a primavera ben próxima. Algunhas cegoñas empezan a ocupar os niños, os patos reais están emparellados, as aves máis pequenas comenzan a reclamar os seus territorios e, … tamén as conícoras deixánse ver achegándose as áreas de reproducción.
No humidal Antonio Villarino faise repaso e valoración do proxecto, os neocauces están cheos de auga que, ademáis vai asolagando os puntos máis baixos da parcela, incluíndo os 3000 m2 anexos á parcela propiedade de SGHN en acordo de custodia do territorio có veciño lindeiro. Aquí é obligado lembar que a finca estaba parcialmente cuberta por mato de xestas e toxos de gran porte e que o traballo dos voluntarios para recuperar a vexetación herbácea foi inmenso e viuse recompensado pola presenza das especies obxectivo do proxecto a primavera pasada … un éxito detrás do que existe moito tempo de dedicación, moito traballo dos voluntarios e o investimento dalgúns miles de euros solidarios para realizar os traballos de maquinaria e retirada de terras.
Como noutras parcelas, o desenvolvemento da vexetación vai supor un esforzo constante de control para manter o máis rasa posible a vexetación herbácea, é dicir o que antes ocorría nas veigas pola súa utilización gandeira. A falta de herbívoros, teremos que aplicarnos e rozar periódicamente, aínda que quizá se poida buscar algunha alternativa … xa veremos.

Veiga de Gomareite

Entre risas e bromas chega a hora do xantar e pola tarde aínda queda moito que ver. Principalmente interesa achegarse á Veiga de Gomareite para comprobar o resultado das últimas actuacións do mes de setembro coa retirada de lixo e das montoneiras de pedra, etc.
A estas alturas pouco máis podemos engadir da veiga de Gomareite e dos traballos que están a realizarse. Resumindo: o obxectivo é recuperar a veiga e prolongar o asolagamento, retirando materiais vertidos ao chou ao longo de anos. O proxecto de recuperación compleméntase coa gandeiría en extensivo, o que supón un plus para a conservación, mantemento e diversidade da veiga. Grazas a este acordo de custodia có gandeiro, nesta zona xa temos os grandes herbívoros que controlarán a vexetación.
A retirada de residuos leva aparellada a remodelación topográfica dalgúns puntos e a provisión de materiais nos lugares máis axeitados á finalidade que se persegue e, como puidemos ver, o obxectivo cumpríuse sobradamente. A veiga está parcialmente cuberta por unha lámina de augas someras idóneas para moitas especies de aves que poden atopar aquí refuxio e alimento como nos indican os máis de 200 patos reais que levantan o voo cando nos aproximamos. E, como en Vilaseca, a presenza das conícoras.

Visitando novos predios alugados ao BANTEGAL

Como colofón achegámonos a algúns dos últimos predios alugados ao BANTEGAL, dos que asinamos os contratos na pasada semana. Con estes predios vaise iniciar unha nova campaña de apadriñamento que comunicaremos convenientemente.
E así chegamos ao remate da xornada, compartindo e disfrutando o traballo realizado, os resultados e os novos proxectos.
Sección Antela, 8 anos traballando pola Limia … e moitos máis que van vir … contando con todos vós.

viernes, 1 de febrero de 2019

O casamento dos paxariños

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno  e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa Bríxida.

Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.

Desde algúns blogs mesmo se defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe en Compostela.

Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa, é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.

En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños) o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.

Mentres, en Galiza é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes e lendas.


miércoles, 16 de enero de 2019

E naceron moitas añas e años

 

 

Nesta pasada semana tivemos moitos partos das ovellas. Case todas trouxeron dúas crías. Temos unha nai con tres e tamén unha cría que ningunha ovella quixo así que toca darlle o biberón. Tamén lle damos o biberón a algún outro añiño que vemos moi débil... Mesmo tocou pinchar a algún cun complexo vitamínico. 
Aproveitade pois a pasar por aquí e gozar deste espectáculo; e axudar a darlle o biberón, coidalos no monte, facerlle a cama, poñerlle herba seca nos comedoiros... Esperámosvos. 

martes, 4 de diciembre de 2018

"Débese loitar polo que a cada un o faga máis feliz"

Parabéns!!! Alégranos moito ter novas coma esta. Para os de Lodoselo e arredores é o fillo da Rosa e do Ricardo. 

«Se debe luchar por lo que a cada uno le haga más feliz»



 El arquitecto ermuarra, de 31 años, Andoni Cerdeiro presentará en breve 'Diario de un ninfómano' que ya está en las librerías locales

AINHOA LASUEN
Pese a que sus estudios y su experiencia laboral se mueven fundamentalmente en el mundo de la arquitectura, el ermuarra de 31 años Andoni Cerdeiro García ha afrontado su nuevo reto. Este ermuarra de 31 años, graduado en arquitectura técnica y 'Proyect Manager', ha decidido publicar ahora su libro 'Diario de un ninfómano'. Su trayectoria laboral, creando su propia empresa de arquitectura e ingeniería, viviendo en Inglaterra, le han impulsado a abordar una nueva faceta de su vida. Es su primera obra literaria, aunque no su primer libro.
En breve 'Diario de un ninfómano' se presentará al público en colaboración con la biblioteca.
Cómo buen escritor lleva un cuaderno en el que recoge tanto ideas sobre arquitectura como literarias.
- La afición de escribir me ha llegado hace relativamente poco tiempo. Comenzó cuando quise organizar mis conocimientos relativos a la gestión empresarial. Entonces escribí 'La CN más dos máximas del mundo empresarial'. Después desde una editorial me animaron a escribir narrativa y de ahí surgió 'El diario de un ninfómano'.
Cuándo se plantea este libro.
- Una editorial (viveLibro) se interesó por los contenidos de mi anterior libro y me instó a escribir narrativa bajo su sello editorial. Así se materializó.
¿Qué es lo que podemos ver en 'Diario de un ninfómano'?
- Se cuenta la vida de Erik, un joven que viene de una familia conservadora. Se ve su evolución vital a través de sus relaciones sexuales. Es para mayores de edad. Empieza con la chica de pueblo y continúa con desconocidos. Multitud de experiencias que asume con máximo respeto y libertad. ¿Encontrará Erik el verdadero amor?
Tiene contenido sexual explícito. ¿Es autobiográfico?
- No es autobiográfico. Tiene contenido sexual, pero creo que es un libro divulgativo del mundo LGTBI, la diversidad sexual y la pluralidad singular. Es un libro en el que también hay conversaciones más profundas que hay que ir asimilando. La familia y amigos han estado desde el minuto uno apoyándome. Aunque sea difícil dedicarme a ello, sí compatibilizarlo con otro trabajo. El libro es de utilidad social, ya que trata la normalización del mundo LGTBI, la diversidad sexual y la pluralidad. Estos deben ser valores básicos de cada persona.
¿Es un reto?
- Es un capricho mío, ya que mi trayectoria profesional ha abarcado otro ámbito, pero pienso que se debe luchar por lo que uno cree y siente, por lo que a uno le motive y le entusiasme, en definitiva, por lo que a uno le haga ser más feliz.
¿Tiene otro proyecto en mente?
- Actualmente estoy trabajando para financiar esta obra, ya que es difícil la adquisición de los derechos de autor y publicación con respecto a las editoriales. Para que el libro no se quedara en el cajón de un escritorio opté por la autopublicación.
¿Cómo se puede adquirir?
- Hay ejemplares en las librerías locales Xiripot y Maribel. También se puede adquirir en formato digital Amazon. Hay una página oficial del libro y autor en www.eldiariodeunninfómano.es.
¿Cómo un arquitecto se lanza a este reto?
- El libro técnico ya lo he escrito. Entonces por qué no voy a dedicar mis ratos libres a escribir algo que me gusta y me hace más felíz.
¿Lo ha conseguido?
- Estoy en ello. No creo que sea empalagoso. Comienza con experiencias más intensas y luego son más pausadas y se entra más en reflexiones. Además cada capítulo se introduce con una cita.
https://www.elcorreo.com/gipuzkoa/debe-luchar-haga-2018

miércoles, 4 de julio de 2018

Parabéns Juanjo!!!

Felices de ver hoxe na prensa esta nova do noso veciño e amigo . 


El Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Madrid entrega este jueves su mención
 honorífica al ourensano Juan José Pérez Blanco. Con padres de Lodoselo y Sarreaus,
 se crio en el barrio de A Cuña de la ciudad.
 Tras pasar por el hospital de Ourense y haber sido el primer gerente no médico del
 Hospital Universitario Central de Asturias, es director de gestión del Hospital
 Universitario  La Paz de Madrid, "un hospital con muchos gallegos", y  tiene entre
 manos el anteproyecto para diseñar el nuevo complejo, que costará cerca de 400
 millones de euros. No olvida sus raíces: "Vuelvo cada mes, para no perder el acento".
 Empezó de ingeniero raso en Pontevedra, y ha ido subiendo

SANIDAD

"En La Paz nos fijamos en el CHUO, a nivel europeo hacen cosas innovadoras"

El Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Madrid entrega este jueves su mención honorífica al ourensano Juan José Pérez Blanco, director de gestión del Hospital Universitario  La Paz de Madrid



Juan José Pérez Blanco, en La Paz.

¿Es de las obras más ambiciosas?
Hubo una época en la que se hicieron varios grandes nuevos hospitales, pero por la dimensión y relevancia de este estamos ante uno de los más ambiciosos de Europa. Tenemos dificultades, esta obra es como un puzzle en el que hay que ir encajando piezas. Hay que empezar demoliendo seis edificios, unos 30.000 metros cuadrados que no usan los pacientes y hay que mover  a los trabajadores que están allí. Al principio estaremos un poco apretados. 
¿Aumentará la capacidad?
Se ampliará un 25% la superficie, pero no es con el objetivo de tener más pacientes, sino para tenerlos mejor. Tenemos poco espacio para actividad complementaria, y queremos más espacios para los pacientse. La Paz es un gran hospital, pero la infraestructura está desfasada.
¿Con quién están contando?
El proyecto es de todos. Hay un grupo de más de 600 profesionales voluntarios aportando ideas, y los jefes de servicio están definiendo sus necesidades. Y tenemos un formulario web para que los pacientes aporten sus ideas. Procuro leerlo todos los días, llevo 700 páginas... Y también estamos contando con las asociaciones de pacientes. Es un proyecto a 10 años, se va a involucrar a muchos gobiernos. Sus aportaciones serán importantes, no lo hacemos de cara a la galería. Y es importante para España. Solo en pediatría la mitad de los que atendemos son de fuera de Madrid. A final de año esperamos tener listo el plan funcional. 
¿Cómo ve el nuevo hospital del Ourense?
Cuando estuve allí participé en los primeros proyectos del hospital 2050. En La Paz ahora mismo se está mirando, sobre en todo en Farmacia, a Ourense. Es un referente en España. El nuevo hospital es espectacular, aunque sea compleja la convivencia viejo-nuevo. Pero se están haciendo cosas que son innovadoras en Europa. Y el bloque quirúrgico es una referencia arquitectónica. 
¿Qué tal está la sanidad pública?
Descompensada. Cada vez hay más desigualdades entre comunidades, tras la transferencia de competencias. No es entendible que no haya tarjeta sanitaria única,  o el mismo calendario vacunal... Cada una va por libre, aunque en gestión, el Sergas es de los que mejor funciona. 
Ourense pide hemodinámica 24 horas o cirujanos pediátricos...
Somos pocos pero igual de importantes (ríe). Me preocupa que un niño de O Barco tenga que ir a Vigo a una cirugía, si eso ocurre. Pero no es fácil tener profesionales. ¿Un cirujano pediátrico que termina la residencia quiere ir a Ourense a hacer dos intervenciones a la semana? ¿O prefiere el Gregorio Marañón?Y en hemodinámica, 24 horas es mucho mejor, pero hacen falta cuatro o cinco profesionales. Y no podemos tener hemodinamistas con una intervención semanal...

martes, 19 de junio de 2018

No Encontro de Educación Infantil Familiar, protagonismo inesperado


No Encontro de familias participantes no Programa de Educación Infantil Familiar celebrado o 15 de xuño vivimos un acontecemento espectacular; aínda que os distintos grupos estaban rotando polos obradoiros preparados houbo un momento que a acción, a atención xirou cara o lameiro onde estaban as ovellas do CDR xa que unha se puxo de parto. 
E fomos observando, falando e con atención seguindo o proceso; agora deitábase, erguíase; botou unha vexiga... Botou outra! Logo o parto vai ser de dúas crías, se oía... E tal cual: aquí o vídeo que nos mandou Esme do primeiro año que naceu. Ben grande, por certo e con moitas manchas...

domingo, 20 de mayo de 2018

Pitiños, patiños, añiños ... primavera




Ó longo deste mes de maio son moitos os Centros educativos, familias, grupos... que se achegan ata Lodoselo. Aquí os agardamos cunha manchea de actividades de relación co medio, coa xente, cos animais. E si, xa ten cría a parella de Cegoñas que temos na Lama pero tamén máis pitiños, patiños (grazas a Ángel Isaac), coelliños... Pavos, galiña de Guinea...  e a punto de parir algunhas ovellas para seguir gozando desta primavera vizosa aínda que castigada, a estas alturas (metade de maio) por algunhas xeadas. Velaquí uns pequenos vídeos de Tomás:






Patiños na fonte do Carrejal 


                               Máis pitiños na horta 



Se onte, cando fixemos esta entrada, diciamos que estaba xa algunha ovella a punto de parir, hoxe, domingo 20, apareceu a primeira cun parto doble; unha parella de añiños. Así que facemos este engadido. Esta nai (70) foi a primeira que naceu aquí e é un bo exemplo do prolífica que é a ovella galega. O seu anterior parto foi en novembro (unha parella) e velaquí, seis meses despois, aparece con outra parella.



miércoles, 16 de mayo de 2018

E viñeron os rapadores



   Pois si, o domingo 13 de maio a partir das 19 horas viñeron os rapadores; unha moza e un mozo da montaña de Lugo que ademais de rapar as nais e o carneiro fixéronlle os pés. Tamén coa axuda de Fran aproveitamos para desparasitar... Así que, volta completa. E agora xa temos la para o fiadeiro, la que tamén empregamos para acolchar no invernadoiro... Porque este, noutro tempo apreciado produto, neste momento non ten ningunha saída. Algún ano aparece alguén para levala regalada. Este ano nin eso. 
Algo de frío deberon pasar esa noite pero xa ó día seguinte co sol retozan polo campo da Lama.  
   

viernes, 27 de abril de 2018

Rosa Mari, Josefa, José... Exemplo de bo facer no campo galego

Facendo pobo, país... Persoas amigas moi queridas que teñen participado, colaborado... sempre  contribuíndo co CDR O Viso. Eles son tamén a cara visible para os grupos que participan no Pobo escola; as crianzas, o  profesorado, levan moitos anos (desde a década dos noventa) aprendendo nesta explotación. Graciñas por estar sempre aí alentando e axudando, transmitindo que ser labrego é unha profesión e non unha condena, dignificando o medio rural. E parabéns!!! 

Gandería “O Cobelo”: Aposta pola enerxía solar e polo cebo dos xatos

Visitamos esta gandería con 120 vacas en muxido que se atopa no concello ourensán de Sarreaus. Hai un ano instalaron un sistema de placas solares para reducir a factura eléctrica. Tamén ceban os becerros na propia explotación

lunes, 12 de marzo de 2018

11 de marzo: vento, chuvia, sol... Pastoreando.







Xa están as lameiras e o campo da Lama encharcados; unha imaxe típica dalgunhas épocas do ano que levabamos algún tempo sen ver. Despois da seca que pasamos case presta ver isto así. Coas cegoñas nas charcas e ós poucos no niño; xa coa posta ou empezando a chocar.

 E Néboa coas ovellas sen importarlle a chuvia; aínda menos ás ovellas que pacen e pacen. Por momentos todo oscuro -coma se fora anoitecer- e de súperto unhas raiolas de sol -case cegadoras- e como viña o vento do Oeste e Suroeste no Liñón (ladeira que mira ó Norte) pasamos a mañá ben agarimados,tamén polos castiñeiros. E gozando destes espazos, da boa lectura e a compaña.

A semana pasada lía no País que os urbanitas californianos pagan pola experiencia de pasear sen móbil un par de horas polo campo acompañando á persoa que pastorea un rabaño (naquel caso de cabras). Pastorear, a quen? Conectarse co presente. É o que se "vende" a 45 dólares: eses paseos silenciosos de meditación con cabras. E lembro aquela cita de Machado: só o necio confunde valor con precio.  

Si, seica pagan tamén por abrazar vacas, pavos, porcos en granxas-zoo que viven diso; velaí unha boa combinación: o contacto cos animais e a moda do mindfulness (a atención consciente ou plena). Unha volta ó pasado para ganar o futuro. 

domingo, 18 de febrero de 2018

Xa levan 10 anos con nós


   Foramos por eles á Xironda (Cualedro) o 11 de febreiro de 2008; Ademais da Torda e o Fariñeiro tamén trouxemos a Raiano (+) e a Zascandil. E neste tempo naceron Lúa (+), Terra, Café e Alai (+). Hoxe os burros que quedan son Torda, Fariñeiro e Terra. Con eles (sobre todo co Fariñeiro) é co que se fai a actividade de pasear en carro ós grupos que participan no pobo escola e solicitan esta actividade. Pero tamén traballamos a horta empregándoos para arar e para apañar a herba, o estrume para estrar a corte, a leña para o forno, etc.   
Case todos os días se sacan ó monte (salvo os que fai moi malo, especialmente se chove moito); os educador@s, os voluntari@s son os que fan este traballo. Fóra axúdannos a "desbrozar"; pero tamén se coidan na corte (sobre todo o Aníbal); tamén viña o ferrador facerlle os pés (o seu punto débil porque estaban moi descoidados) e agora, xa xubilado, aprendeunos a nós a facelo. Ou os veterinarios cando a situación o require.
Gústalle moito a compaña e que os cepillen ou lles leven algún agasallo (anaco de pan, sobre todo). 
Recollemos nesta montaxe algúns momentos destes últimos anos.

lunes, 12 de febrero de 2018

As cegoñas, os gregos e o coidado dos maiores...

Xa están aquí. A parella de cegoñas está na Lama. O 12 de febreiro xa encheron co seu son característico este día soleado. Pero levan por aquí -segundo me dixeron os de "A túa outra casa" (vivenda comunitaria) desde o 11 de xaneiro. O mesmo día que lemos que Da igual el país que busque en el mapa. Absolutamente todos los del mundo menos uno tienen índices de natalidad superiores al de Galicia. SoloMónaco, 19 veces más pequeño que A Coruña y con una población a la que llegan vidas ya hechas, tiene menos proporción de hijos que Galicia: 6,5 por cada mil residentes en el principado por 7,03 en la comunidad gallegahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/11/solo-monaco-hijos-galicia/0003_201802G11P2992.htm
Hoxe non nos deixaron arrimar e ata as ovellas e Néboa as asustaban... 



Algunhas curiosidades sobre as cegoñas da Galipedia
Debido ao seu gran tamaño, predación de animais daniños, e o seu comportamento de nidación preto dos asentamentos humanos e sobre os tellados, a cegoña branca ten unha impoñente presenza que tivo un impacto na cultura e folclore humanos. No Antigo Exipto estaba asociada ao Ba ou "alma" e era o xeroglífico que a representaba. A palabra hebrea para denominar a cegoña branca é chasidah (חסידה), que significa "misericoridosa" ou "amable". A mitoloxía grega e a romana representaban as cegoñas como modelos de devoción parental, e crían que non morría de vella, senón que voaba a illas e tomaba a aparencia de seres humanos. Esta ave intervén en polo menos tres fábulas de Esopo tituladas O raposo e a cegoñaO granxeiro e a cegoña, e A ra que quería ser rei. Tamén se pensaba que coidaba aos seus pais vellos alimentándoos e mesmo transportándoos, e os libros para nenos representábanas como un modelo de valores filiais. Unha lei grega chamada Pelargonia, nome que procede da palabra do grego antigo pelargos, que significaba cegoña, obrigaba aos cidadáns a coidar aos seus pais anciáns. Os gregos tamén estableceron que matar unha cegoña podía ser punido coa morte. Na antiga Tesaliaparece que era protexida, xa que cazaba cobras, e sostíñase que era a "ave branca" de Virxilio. Os escritores romanos salientaron a chegada da cegoña branca en primavera, que era un aviso para que os agricultores plantasen os seus viñedos.

viernes, 22 de diciembre de 2017

José Miguel Campos Rivela, nomeado Director



         

   Recibimos unha boa nova que saudamos con moitísima ledicia. Compartímola aquí porque sabemos que tamén estas cousas nos fan medrar como asociación, como pobo, como comunidade. Porque, aínda que lonxe de aquí, son  moitas as familias, as persoas que traballaron e contribuíron - traballan e contribúen- co C.D.R. "O Viso".  
  Tra-la xubilación do anterior Director da Estación Experimental do Ebro o investigador José Miguel Campos é nomeado para este cargo.         Parabéns José Miguel!!!  


            Estación experimental do Ebro

El IRTA es un instituto de investigación de la Generalitat de Catalunya, adscrito al Departamento de Agricultura, Ganadería, Pesca y Alimentación.
La misión del IRTA es la de contribuir a la modernización, competitividad y desarrollo sostenible de los sectores agrario, alimentario y acuícola, al suministro de alimentos sanos y de calidad para los consumidores y, en general, a la mejora del bienestar de la población.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Xornadas de formación d@s traballador@s do CDR


   O martes 28 e mércores 29, de novembro, tiveron lugar, nas dependencias do Centro de Inclusión, dúas sesións de catro horas para a formación continua do persoal da organizaión na procura dunha mellora permanente. 
    Porque non só somos o que sabemos; somos, sobre todo, o que estamos dispostos a aprender. 
  Miriam do equipo MasAcción desenvolveu nestas dúas tardes o monográfico "Resolución de conflito con CNV en ámbito xeriátrico"; a observación, a expresión de sentimentos, a expresión de necesidades e o diálogo (dificultades para escoitar, a escoita empática). Moitas grazas. 
   A calidade non é un estado conseguido senón un proceso de cambio e busca permanente: esta segue a ser a nosa teima. Apostar pola mellora permanente é unha das nosas orientacións básicas. 

sábado, 4 de noviembre de 2017

Cruz Vermella Allariz e Maceda en Lodoselo. Graciñas!


Neste outono tardío e no primeiro fin de semana de novembro tivemos con nós un grupiño realizando as actividades do Pobo escola. Unha data especial porque despois de seis anos xa non está Marta e estrenábase Tamara; ademais contamos coa presenza de Juan. Con eles, como non, Alberto. E un grupo de persoas, educadoras, que traballan con estas crianzas de Allariz e Maceda facendo apoio escolar e que este sábado pasaron a xornada con nós: facendo o pan no forno, dándolle pan as ovellas e sacándoas a pacer, paseando no carro polo que Fariñeiro tiraba, no obradoiro de papel reciclado, no invernadoiro e coas galiñas, patos, pavos, coellos... E con Néboa, a mastina amiga de tod@s.  E xogando no campo da Lama ós xogos de sempre; un campo que comeza a tinguirse de verde despois de meses seco; e acompañados polas follas que pisamos que nos lembran que estamos no outono. 
Tamén a este grupo, como a todos os que veñen, moitas grazas por escoller Lodoselo para pasar un día diferente; por compartir con nós algunhas lembanzas... Algunha educadora contounos que estivera de nena, xa hai uns cantos anos, co colexio de Maceda facendo aquí tamén o pan e o papel reciclado... Grazas a tod@s; tamén pola peza de pan que nos deixastes para que o probaramos.
E, grazas, neste día especialmente a Marta por este tempo que compartiu con nós, por ser tamén un dos rostros do CDR O Viso, un máis; pola súa loita cotiá facendo posible o necesario. Moitísima sorte nesta nova etapa. E moita sorte tamén para Tamara. Acostumados que non afeitos, a dicir adeus e ola, facemos nosa unha cita que lemos de G. García Márquez "lembrar é fácil para o que ten memoria; esquecer é difícil para o que ten corazón".