Xa están aquí. A parella de cegoñas está na Lama. O 12 de febreiro xa encheron co seu son característico este día soleado. Pero levan por aquí -segundo me dixeron os de "A túa outra casa" (vivenda comunitaria) desde o 11 de xaneiro. O mesmo día que lemos que Da igual el país que busque en el mapa. Absolutamente todos los del mundo menos uno tienen índices de natalidad superiores al de Galicia. SoloMónaco, 19 veces más pequeño que A Coruña y con una población a la que llegan vidas ya hechas, tiene menos proporción de hijos que Galicia: 6,5 por cada mil residentes en el principado por 7,03 en la comunidad gallega. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/11/solo-monaco-hijos-galicia/0003_201802G11P2992.htm
Hoxe non nos deixaron arrimar e ata as ovellas e Néboa as asustaban...
Algunhas curiosidades sobre as cegoñas da Galipedia
Debido ao seu gran tamaño, predación de animais daniños, e o seu comportamento de nidación preto dos asentamentos humanos e sobre os tellados, a cegoña branca ten unha impoñente presenza que tivo un impacto na cultura e folclore humanos. No Antigo Exipto estaba asociada ao Ba ou "alma" e era o xeroglífico que a representaba. A palabra hebrea para denominar a cegoña branca é chasidah (חסידה), que significa "misericoridosa" ou "amable". A mitoloxía grega e a romana representaban as cegoñas como modelos de devoción parental, e crían que non morría de vella, senón que voaba a illas e tomaba a aparencia de seres humanos. Esta ave intervén en polo menos tres fábulas de Esopo tituladas O raposo e a cegoña, O granxeiro e a cegoña, e A ra que quería ser rei. Tamén se pensaba que coidaba aos seus pais vellos alimentándoos e mesmo transportándoos, e os libros para nenos representábanas como un modelo de valores filiais. Unha lei grega chamada Pelargonia, nome que procede da palabra do grego antigo pelargos, que significaba cegoña, obrigaba aos cidadáns a coidar aos seus pais anciáns. Os gregos tamén estableceron que matar unha cegoña podía ser punido coa morte. Na antiga Tesaliaparece que era protexida, xa que cazaba cobras, e sostíñase que era a "ave branca" de Virxilio. Os escritores romanos salientaron a chegada da cegoña branca en primavera, que era un aviso para que os agricultores plantasen os seus viñedos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario