Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

domingo, 18 de febrero de 2018

Xa levan 10 anos con nós


   Foramos por eles á Xironda (Cualedro) o 11 de febreiro de 2008; Ademais da Torda e o Fariñeiro tamén trouxemos a Raiano (+) e a Zascandil. E neste tempo naceron Lúa (+), Terra, Café e Alai (+). Hoxe os burros que quedan son Torda, Fariñeiro e Terra. Con eles (sobre todo co Fariñeiro) é co que se fai a actividade de pasear en carro ós grupos que participan no pobo escola e solicitan esta actividade. Pero tamén traballamos a horta empregándoos para arar e para apañar a herba, o estrume para estrar a corte, a leña para o forno, etc.   
Case todos os días se sacan ó monte (salvo os que fai moi malo, especialmente se chove moito); os educador@s, os voluntari@s son os que fan este traballo. Fóra axúdannos a "desbrozar"; pero tamén se coidan na corte (sobre todo o Aníbal); tamén viña o ferrador facerlle os pés (o seu punto débil porque estaban moi descoidados) e agora, xa xubilado, aprendeunos a nós a facelo. Ou os veterinarios cando a situación o require.
Gústalle moito a compaña e que os cepillen ou lles leven algún agasallo (anaco de pan, sobre todo). 
Recollemos nesta montaxe algúns momentos destes últimos anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario