O martes 28 e mércores 29, de novembro, tiveron lugar, nas dependencias do Centro de Inclusión, dúas sesións de catro horas para a formación continua do persoal da organizaión na procura dunha mellora permanente.
Porque non só somos o que sabemos; somos, sobre todo, o que estamos dispostos a aprender.
Miriam do equipo MasAcción desenvolveu nestas dúas tardes o monográfico "Resolución de conflito con CNV en ámbito xeriátrico"; a observación, a expresión de sentimentos, a expresión de necesidades e o diálogo (dificultades para escoitar, a escoita empática). Moitas grazas.
A calidade non é un estado conseguido senón un proceso de cambio e busca permanente: esta segue a ser a nosa teima. Apostar pola mellora permanente é unha das nosas orientacións básicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario