Este é un módulo de 50 horas organizado polo CDR O Viso (COCEDER) dentro do II plan galego de inclusión social da Secretaría Xeral de Familia e Benestear (Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia). Dirixido especialmente a coidadores/as de persoas dependentes no domicilio e profesionais que traballen no ámbito da asistencia a persoas maiores. O curso terá lugar en Lodoselo (Sarreaus) a partir do 24 de outubro de luns a xoves en horario de 16 a 20 h. A data límite de inscrición é o 15 de outubro. Para informarse ou inscribirse tedes o CIX -Centro de Informacion Xuvenil da Limia- na praza maior nº1- 1º de Xinzo ou a través do 988461571; tamén en cixdalimia@cdroviso.org |
Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
sábado, 24 de septiembre de 2011
Curso de "Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes"
Curso de "Manipulación, despiece e conservación de produtos cárnicos"
O CDR O Viso (COCEDER) ten convocado este curso de formación para persoas activas ou dadas de alta no sector agroalimentario cunha duración de 30 horas e que terá lugar en Lodoselo (Sarreaus) a parte teórica e no Centro Tecnolóxico da carne (Ourense) a parte práctica. As datas serán os sábados 15 e 22, os martes 18 e 25 e os xoves 20 e 27 de outubro, en horario de mañá e tarde; os sábados de 10.30 a 17.30 e os martes e xoves de 12.30h a 19h; con parada ó mediodía para xantar. Está financiado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Medio ambiente, Rural e Marino e as prazas son limitadas. Para participar é preciso facer a ficha de inscripción no CIX -Centro de Información Xuvenil da Limia, na praza maior nº1, 1º de Xinzo. Para máis información pódese chamar a este mesma oficina, ao 9884671571 ou en info@cdroviso.org
miércoles, 24 de agosto de 2011
miércoles 24 de agosto de 2011
Xogos populares, xogos tradicionais, xogos do mundo...

Con motivo das festas populares nos pobos da contorna o C.D.R. "O Viso" ten participado organizando e animando un tempo para xogar todas as pesoas, calquera que sexa a súa idade... nun intento de traermos á memoria e amosar, que -hai tempo e tempo- xogabamos... Algúns deixaron de xogar, outros esqueceron os xogos, a outros nunca lles aprenderon aqueles xogos; nós que cremos que o xogo ten un poder reconstituínte queremos que se conserve, protexa e apoie esta maneira de xogar: xuntos, nas rúas... O xogo popular como manifestación cultural, integrado no contorno. Así que xa sabedes, se queredes que animemos as vosas festas -desta maneira- poñédevos en contacto con nós. Velaquí algunhas fotos deste mes de agosto en Alberguería e Lodoselo. Veña, grazas polo voso tempo pero non vos esquezades de xogar.
martes, 9 de agosto de 2011
domingo, 3 de abril de 2011
O C.D.R. en "Radio Valdivielso, el poder de lo pequeño"
Enlace para escoitar a participación de Antonio R. Corbal voceiro do CDR (a súa visión, a súa vivencia) na escola de alcaldes en Poza de la Sal, Burgos e que puxeron na radio o 30 de marzo co título: "implícate hacemos falta todos" traducindo o noso lema: implícate, cumprimos todos.
http://radiovaldivielso.es/ACT-Marzo5parte.html
http://radiovaldivielso.es/ACT-Marzo5parte.html
martes, 29 de marzo de 2011
Convocatoria do curso de Director de Tempo Libre.
O C.D.R “O Viso”, a través da Escola de tempo libre LIMICORUM, organiza,
un curso do Director de Tempo Libre. A fase teórica-práctica desenvolverase de forma
intensiva durante 15 días cunha duración de 150 horas no albergue de Lodoselo
(Sarreaus, Ourense).
Datas: do 17 ó 31 de xullo do 2011. Curso intensivo.
Prazas: Grupo mínimo para realizar o curso 15 persoas. Límite de prazas 25.
Horario: Mañás de 9:00-14:00 hs
Tardes de 16:00-21:00 hs
Contido: Curso de 150 horas teórico-prácticas de carácter intensivo tendo a
posibilidade da estancia no albergue. O curso está homologado pola Xunta de Galicia.
Prezo: 230 € só o curso. Tense a posibilidade de manutención e aloxamento.
Prazo de pre-inscrición: o primeiro prazo de prescripción será ata o 30 de abril.
Información: para máis información tendes a posibilidade de contactar en
cixdalimia@cdroviso.org, chamando o número de teléfono 988 46 15 71. ou facéndonos
unha visita na páxina web www.cdroviso.org.

sábado, 26 de marzo de 2011
Visítannos as mulleres do Sindicato Labrego Galego
Con motivo da celebración do VIII Encontro Anual de mulleres do Sindicatro Labrego Galego en Couso a tarde do sábado 26 de marzo estivo dedicada a coñecer a experiencia do CDR O Viso en Lodoselo. Máis dun cento de mulleres (sobre 140) coñeceron in situ a traxectoria e os distintos programas que desde aquí se levan a cabo; primeiro no Centro de Inclusión (antiga rectoral) e despois -cando deixou de chover- dando unha volta polo pobo (forno, escola, vivenda comunitaria e obras no novo centro que se está construíndo) unha chea de mulleres animaron as rúas do pobo.
miércoles, 16 de marzo de 2011
O CDR O Viso na "Escola de Alcaldes" en Poza da Sal (Burgos)
O CDR O Viso invitado a participar nas IV Xornadas de "Escola de Alcaldes" para a sostenibilidade en núcleos pequenos de Castela e León.
http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/2011-03-16/poza-acogera-la-escuela-de-alcaldes-para-la-sostenibilidad
http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/2011-03-16/poza-acogera-la-escuela-de-alcaldes-para-la-sostenibilidad
lunes, 28 de febrero de 2011
domingo, 13 de febrero de 2011
lunes, 17 de enero de 2011
Os nosos burros na TVG ( Nova do 07/04/2008)
Fariñeiro, Torda e Zascandil...
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=2233&corte=2008-04-07&hora=20:28:04&canle=tvg1#
Hoxe seguen Fariñeiro, Torda e xa naceron aquí Lúa, Terra e Café.
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=2233&corte=2008-04-07&hora=20:28:04&canle=tvg1#
Hoxe seguen Fariñeiro, Torda e xa naceron aquí Lúa, Terra e Café.
lunes, 10 de enero de 2011
Construíndo o novo Centro
Despois do lamentable espectáculo e dos atrancos (en especial do crego administrador parroquial e dalgúns membros "con poder !"-non precisamente evanxélico- da igrexa da diócese de Ourense) pero co ánimo, o traballo e o apoio de moitísima xente (especialmente os veciños/as do pobo, pero tamén da contorna e doutros lugares...) o CDR O Viso segue a traballar por facer posible o que é necesario: mellorar a calidade de vida das persoas que viven no noso medio rural. Achégovos aquí algunhas fotos de cómo vai esta nova obra que se empezou a ver en setembro de 2010.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)