Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.
sábado, 24 de septiembre de 2011
Curso de "Manipulación, despiece e conservación de produtos cárnicos"
O CDR O Viso (COCEDER) ten convocado este curso de formación para persoas activas ou dadas de alta no sector agroalimentario cunha duración de 30 horas e que terá lugar en Lodoselo (Sarreaus) a parte teórica e no Centro Tecnolóxico da carne (Ourense) a parte práctica. As datas serán os sábados 15 e 22, os martes 18 e 25 e os xoves 20 e 27 de outubro, en horario de mañá e tarde; os sábados de 10.30 a 17.30 e os martes e xoves de 12.30h a 19h; con parada ó mediodía para xantar. Está financiado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Medio ambiente, Rural e Marino e as prazas son limitadas. Para participar é preciso facer a ficha de inscripción no CIX -Centro de Información Xuvenil da Limia, na praza maior nº1, 1º de Xinzo. Para máis información pódese chamar a este mesma oficina, ao 9884671571 ou en info@cdroviso.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario