Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
sábado, 26 de marzo de 2011
Visítannos as mulleres do Sindicato Labrego Galego
Con motivo da celebración do VIII Encontro Anual de mulleres do Sindicatro Labrego Galego en Couso a tarde do sábado 26 de marzo estivo dedicada a coñecer a experiencia do CDR O Viso en Lodoselo. Máis dun cento de mulleres (sobre 140) coñeceron in situ a traxectoria e os distintos programas que desde aquí se levan a cabo; primeiro no Centro de Inclusión (antiga rectoral) e despois -cando deixou de chover- dando unha volta polo pobo (forno, escola, vivenda comunitaria e obras no novo centro que se está construíndo) unha chea de mulleres animaron as rúas do pobo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario