Nesta Semana Santa estivemos -entre outras cousas- facendo
unha corte e preparando o cercado dun espazo para meter media ducia de ovellas -ovella galega- (raza autóctona de Galicia en
perigo de extinción) nos arredores da Vivenda comunitaria "A túa outra
casa". En primeiro lugar grazas ós donos das lameiras da Lama que nos
deixan traelas alí (Paco, Eloy, Toño...); tamén ó Instituto do Campo, Instituto
Ourensán de Desenvolvemento Económico e ó Centro de Recursos Zooxenéticos de
Galicia (Pazo de Fontefiz). Onte, 9 de abril, Servando e Bernardino trouxeron 5
ovellas e un carneiro que pasarán a aumentar o traballo e os recursos do CDR O
Viso; no empeño de seguir podendo
ofrecer o que somos, o que temos; lembrando o pasado, imaxinando o futuro.
Esta foi unha raza típica dos nosos pobos hasta fai pouco; seriamente ameazada
pola introdución nos rabaños de sementais de razas cárnicas máis pesadas e a
recría posterior destes mestizos co que se foi perdendo pouco a pouco a raza.
As características máis importantes desta raza son a prolificidade (elevado
porcentaxe de partos múltiples)., fertilidade (gran facilidade para a reprodución),
rusticidade (moi adaptadas a sobrevivir en condicións desfavorables), lonxevidade
(larga vida produtiva) e moi boas características maternais. A raza ovella
galega agrupa a animais de pequeno tamaño, de proporcións ben equilibradas, laúdos
de cor branca –sobre todo-, dedicados á produción de carne.
Uns días despois, aínda sen coñecernos moito xa van deixando que nos acheguemos algo máis...
Uns días despois, aínda sen coñecernos moito xa van deixando que nos acheguemos algo máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario