Velaquí o tanque de leite que hoxe os amigos do "Covelo", a granxa do José, Josefa, Rosa Mari, Elio e Sabela, baleiran cara o chan... "Chorando branco, sufrindo facemos isto, loitando polo noso pan, derramando vida... porque nola queren roubar. Apoiando a Rosa Rua Perez e a súa familia, meus curmáns e meus padriños", escribe o amigo Óscar. Apoiando a tódolos gandeiros e gandeiras da Limia! Ánimo porque nada necesitamos máis que o ánimo e non hai maior talento nin tarefa máis benéfica que o de dalo. Desde o CDR O Viso, APERTAS, IRMÁNS!!!
Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
lunes, 14 de septiembre de 2015
jueves, 6 de agosto de 2015
Verán seco, seco...
Xa tivemos unha primavera bastante seca e o verán xa atopou case todo agostado (desde o comezo da estación)...
Na aula da Natureza, con Néboa, de visita no apiario; tivemos bastante sorte e collemos una cantos enxames. Colmeas con varias medias alzas e outras que apenas teñen os cadros da cámara de cría cheos.
Agrandamos a corte das ovellas e o día 31 de xullo e 1 de agosto empezaron de novo os partos: os dous primeiros dobles (parella de femias e macho e femia). Pero no monte todo seco...
Levan nacido máis dun cento de pitiñ@s: cruces das galiñas que temos con galo araucano e algúns ovos doutros galiñeiros.
E os chavales que se achegan a darlle o biberón a chinada (Joseba) ou acariñar e gozar cos poliños, coellos, ovellas (Laura).
sábado, 27 de junio de 2015
Concerto "2naFronteira" no encontro de educador@s sociais
Este venres empezou a chegar a xente convocada "20 promocións de educador@s sociais a Lodoselo". E mañá actividade pola contorna: Couso, Alberguería e Monte Talariño (nacenza do río Limia), fornada de pan e concerto ás sete da tarde no patio do albergue do Pobo escola de 2naFronteira.
2naFronteira
O dúo 2naFronteira nace en Italia no 2008, do encontro entre a cantante galega Carmen Penim, orixinaria da fronteira de Ourense con Portugal, no Couto Mixto e o pianista romano Maurizio Polsinelli. No 2011 publican o seu primeiro disco xuntos HUMO EN LOS OJOS basado en poemas de Carmen que foran editados como poemario "Cambio versos por champán". Ambos os dous, licenciados en filoloxía e apaixonados pola poesía, compoñen os seus propios temas e escriben a música para poesías da tradición española (Generación del 27 SaveFrom.net, os Seis poemas gallegos SaveFrom.netde Lorca, Góngora,Garcilaso SaveFrom.net...) e a tradición galega. Os seus concertos son sempre unha mostra de paixón e calidade técnica. No seu novo disco ALMA introducen tamén o uso do harmonio, instrumento de resonancias antigas que casa ben coa exploración que actualmente ambos os dous músicos realizan nas tradicións populares e cultas da música galega.
No 2014 presentan un novo traballo "Zapatiños para Díaz Castro" a musicalización para voz, piano e harmonio de 15 poemas de Nimbos do autor Letras Galegas 2014.
O nome de 2nafronteira describe o eclecticismo musical deste dúo e a súa intención de seguir investigando sen pecharse a ningunha posibilidade compositiva ou de colaboración no futuro.
Algúns dos poetas musicalizados: Lorca en español e os seus "Seis poemas gallegos", Altolaguirre, Góngora, Paz Andrade SaveFrom.net, Curros SaveFrom.net, Celso Emilio SaveFrom.net, Álvarez Blázquez, Pessoa, etc. Actualmente teñen dous proxectos abertos: Cantares Gallegos de Rosalía e a musicalización de "Nimbos" de Díaz Castro (Letras Galegas 2014) Zapatiños para Díaz Castro.
martes, 23 de junio de 2015
Lorca na "escola de Lodoselo"
Este pasado venres poidemos gozar dunha magnífica posta en escea da obra de Lorca. O grupo de teatro "IAD12+13" do IES Universidade Laboral (Ourense) achegáronnos "Vodas de Sangue". Esta obra recolle a paixón amorosa dun home e unha muller por riba dos odios familiares e das normas sociais e ten como fin unha traxedia colectiva: a noiva foxe co seu antigo noivo o día da súa voda e iso orixina a morte dos dous rivais. Moitas grazas a tod@s: José Ramón, Matilde, Pilar, Tania, Brais, Tamar, María, Álex, Vanesa, Héctor, Álvaro, Rubén, Camilo, Alba... e ata a próxina.
Moitos deles xa participaran do programa do Pobo escola (vindo como nenos co seu Centro) polo que tras pasar a noite no albergue ó día seguinte fixemos a fornada e gozamos tamén desta actividade saboreando ademais os recordos de hai anos.
domingo, 24 de mayo de 2015
Seguindo as pegadas
E seguimos recibindo no Pobo escola alumnado de CEIPs (A Ponte, O Couto, Padre Feijoo -Allariz-, Amadeo Rodríguez) e tamén doutros como IES Cidade de Antioquía, Escolapios de Monforte, Asociacións de Diabéticos e Celíacos de Ourense, Maristas, Divino Maestro, AMPA de Amoeiro... Poñemos as fotos que nos enviou Eva -da AMPA de Amoeiro- do domingo que pasaron aquí pais, nais e crianzas; co ánimo de que volvades pronto por aquí. Moitas grazas. Tamén para que se animen outras familias, centros, asociacións...
Seguindo as pegadas.
jueves, 14 de mayo de 2015
Alumnado da UTAD en Lodoselo
Esta semana tivemos con nós ó alumnado da Licenciatura de Serviço Social da Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro. O CDR ten asinado un convenio para a realización de prácticas do alumnado da UTAD e foi un alumno desta promoción que estivo aquí, con nós, desde o 1 de outubro ó 13 de febreiro o promotor desta xornada -con actividades do pobo escola e dúas sesións máis teóricas. Ademais desta xornada inesquecible, Carlos agasallounos cunha copia do seu "Relatório de Estágio": A empregabilidade, a Urgência e a componente Educativa em território rural". Moitas grazas.
" Devemos lutar pela igualdade sempre que a diferença nos inferioriza, mas devemos lutar pela diferença sempre que a a igualdade nos descaracteriza"
lunes, 11 de mayo de 2015
Aprendendo e apoiando o rural
E, tras de abril chegou maio; e con el, polo Pobo escola pasaron o Ceip Ruxidoiro, Escola Infantil Campus de Ourense, Ceip Xoaquín Lourenzo Xocas, Colexio Concepción Arenal, o Ceip de Maceda, Padre Feijoo Zorelle, A Purísima ...
E un destes días veu Toño, o rapador de Ribeiro (Bande) que por segundo ano se achega para "pelar" (tosquiar) as ovellas. Xa nos avisa de que se vai, asi que estamos organizando un curso "de rapadores". Os que teñades interese en facelo ídevos anotando chamando ó CIX (CDR O Viso).
<Iframe width = altura "560" src = "420" = "http://www.kizoa.com/embed-20415583-3818363o1l1" frameborder = "0" allowfullscreen> </ iframe>lunes, 27 de abril de 2015
Os da Compañía de A Coruña un ano máis...
Un ano máis alumnado de Secundaria do Colexio Plurilingüe da Compañía de María de A Coruña cos seus profesores Emilo, Carlos e Javier pasaron este fin de semana en Lodoselo. E como di Emilio, cada ano son mellores. Parabéns !!! Velaquí unha pequena mostra dalgúns momentos destes días
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19903232k9601716o1l1/emilio-2015
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19903232k9601716o1l1/emilio-2015
miércoles, 15 de abril de 2015
O CDR "O Viso" en "Eu son Rosalía"


O día 15 de abril o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo no Concurso Xornalistas na escola convocado por este periódico. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais temos que agradecerlles que publiciten ó CDR O Viso poñendo o noso logotipo e o noso lema de "Escoita as pedras... Descobre a Galicia que non se ve". Tamén a nosa web e o Pobo- escola. Moitas grazas!!! E sorte para conseguir ese magnífico viaxe que é o agasallo para os gañador@s!!!
jueves, 26 de marzo de 2015
Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou
Quedaba unha ovella por parir e este 25 de marzo naceron os últimos dous añiños desta tempada; dous días antes esta Kika -deitada desde comezos de marzo- sacou estes 7 poliños. E tamén seguen nacendo e medrando os coellos. Toda unha sorte, tamén para os primeiros grupos do Pobo escola que mañá venres 27 chegan a Lodoselo.










viernes, 20 de febrero de 2015
Febreiro, sete capas e un sombreiro.
As novas labregas deste mes é que naceron tres poliños (cruces de araucanas) e como hai moitos añ@s e non moito pasto para as ovellas son máis malas de gardar; parece unha gardería de añ@s que corren por xogar e as nais corren detrás deles. Si que temos tido a estas alturas un mes de febreiro con frío e xeadas pero tamén auga, algo de neve... Febreiro.
me>
jueves, 29 de enero de 2015
Novas labregas de xaneiro 2015
Neste mes de xaneiro tivemos moitos nacementos de años, seguimos aprendéndolle a Néboa a estar coas ovellas (prefire marchar xogar con outros cans, patrullar ó seu aire…) e apañamos “estrume” co Fariñeiro para facerlle “cama” ás ovellas porque aprendemos este dito
O vello pastor doutra
este dito repetia :
Vale mais a boa cama
ca outonada polo dia.
Tamén temos xa una galiña chocando (en xaneiro!!!), os coellos medrando, os patos pelexando … e o ourizo sempre durmindo.
No invernadoiro, preparando a terra, metendo compost, facendo semilleiros e transplantando leitugas, acelgas.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d17525365k4847210o1l1/xaneiro-2015
viernes, 9 de enero de 2015
Pequena mostra do Concilia Nadal
CONCILIA NO NADAL
Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que foi o día 29 de decembro. Fixemos turrón de chocolate, un niño de cegoña que máis tarde colocamos, estivemos cos animais, escoitamos o conto da "Historia de Antela contada por unha cegoña", fixemos un xoguete de pompas de xabón, compartimos xantar coa xente maior..., e sobre todo desfrutamos da natureza, a pesares de que a friaxe do inverno nos acompañara.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que foi o día 29 de decembro. Fixemos turrón de chocolate, un niño de cegoña que máis tarde colocamos, estivemos cos animais, escoitamos o conto da "Historia de Antela contada por unha cegoña", fixemos un xoguete de pompas de xabón, compartimos xantar coa xente maior..., e sobre todo desfrutamos da natureza, a pesares de que a friaxe do inverno nos acompañara.
Un pracer pasar este día con vós rapaces/as! Esperámosvos na próxima e desexámosvos un BO NADAL a tod@s!!!
martes, 16 de diciembre de 2014
Publicación de "Excusas" libro dunha "Chica Limicorum"
Noelia, que fixo o curso de educador@s de Tempo libre na nosa escola Limicorum -en Lodoselo no 2010-, escribiunos, desde Inglaterra, para dicirnos que ía publicar un libro, así que nos facemos eco e felicitámola desde aquí. https://www.youtube.com/watch?v=Qu4YzIwQ_Zg#t=77
"Excusas" narra a vida dunha xogadora profesional de baloncesto na actualidade, as súas loitas diarias e os detalles máis descoñecidos desta profesión. Xogadora do Newcastle University (UK), investigadora e lingüista ourensá, Noelia Cacheiro, amosa “a realidade do mundo deportivo feminino en forma de diario, desnudando os seus pensamentos na tinta do papel”. Tal como a propia autora explica, trátase “dun relato con toques de amor, desamor, aventura, viaxes e moito máis que acaban cun inesperado final que en realidade, continúa ata a data”.
Malia residir en Inglaterra, Noelia achegarase ata Ourense para presentar a obra por diferentes puntos da provincia. Ata o momento ten tres datas pechadas. A primeira será na cidade das Burgas o venres 19 de decembro en El Cercano. O acto comezará ás 20h. e contará coa presenza de Carmen Limia, presidenta do Club Pabellón Ourense que será a encargada da presentación. Noelia tamén espera contar con outras figuras representativas do baloncesto e da literatura como María José Varela secretaria da deleración ourensá de baloncesto ou José Antonio Tarrio, catedrático na Universidade de Vigo e autor de numerosos escritos.
Dous días despois, o domingo 21 de decembro ás 19h. a presentación será en As Escolas Vellas (Xunqueira de Ambía). A última data confirmada ata o momento é o venres 26 de decembro, a partires das 20h. en Vilar de Santos (Xinzo).
domingo, 23 de noviembre de 2014
Nacen as primeiras añas desta nova tempada
Nesta semana de novembro naceron as primeiras añiñas. Levabamos desde agosto sen nengún nacemento no rabaño e tivemos esta sorpresa estes días; a nai, unha ovella que pariu por segunda vez, apareceu con estas dúas pequenas; na tarde do venres -que abriu un pouco o sol- xa saltaron polo campo da Lama e enredaron nas herbas.
sábado, 8 de noviembre de 2014
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Carlos Gomes, da U. de Tras os Montes e Alto Douro, xa é un máis no CDR

Desde o mes pasado e ata Marzo de 2015 temos con nós a Carlos Gomes, alumno da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro, que veu facer as prácticas de Traballo Social no CDR O Viso. Aquí deixo a súa testemuña despois de levar un mes con nós.
Cada
vez tenho mais a certeza de que a escolha do CDR "O Viso"
para estagiar foi a mais acertada.
Tenho
vindo a sentir que poderá ser, no global, uma experiência bastante
enriquecedora. Desde o início, o contacto com outra cultura, outro
país, outra língua e outra gente tem-me preenchido a alma. Nos
primeiros dias, como tudo era novo e diferente em alguns aspectos, a
ânsia de corresponder às expectativas e de melhor me integrar
consumiu-me quase por completo. De referir que tudo foi mais fácil
graças à agradável recepção por parte do CDR “O Viso”.
Os esforços e sinergias criados pelos colaboradores do CDR para me
incluir e me dar a conhecer o contexto foram, sem dúvida alguma, um
ponto crucial nesta minha nova experiência.
No
que concerne ao âmbito profissional (práticas), tem sido motivador
para a minha aprendizagem perceber a abrangência (idosos, adultos,
crianças), a solidez e as boas práticas desta entidade. É de
realçar a credibilidade que foi sendo conquistada graças ao
desenvolvimento no terreno da missão e valores como guia prático do
CDR "O Viso".
Todos
sabemos que os fenómenos e problemáticas sociais são múltiplos e
dispersos por várias dimensões. Neste caso em específico,
materializam-se no contexto rural e influem por completo na qualidade
de vida das unidades familiares e creio ser bastante pertinente a
abordagem integral que se tem posto em prática. Estou curioso e
motivado para aprofundar os meus conhecimentos e, se possível,
contribuir para implementar as estratégias. Os Governos adoptam cada
vez mais uma descentralização de competências sociais para as
organizações do 3º sector, logo, havendo condições e
competência, acredito que as ONGs se possam afirmar de forma
definitiva e pautadas pela prestação de serviços de qualidade e
intervenções com vista à dignidade humana. Enfim, que sejam
capazes de assegurar respostas sociais para as diferentes
vulnerabilidades e tendo como referência as identidades
comunitárias. E é assim que procuro crescer, pessoal e
profissionalmente convosco!!!
jueves, 2 de octubre de 2014
jueves, 18 de septiembre de 2014
CONVOCATORIA SGHN
I Xornada de limpeza da Veiga de Gomareites, día 04 de outubro
Polas chairas da Pedra Alta, no concello de Vilar de Barrio; entre parcelas de cultivo, pistas, estradas, plantacións e extracción de áridos, pervive un pequeno retazo das antigas veigas asolagadas en tempos polas augas da Lagoa de Antela: a veiga de Gomareites.
A Veiga de Gomareites é un monte comunal que antigamente se adicaba a cría do gando, e que desde xa hai anos estase a utilizar como entulleira e vertedoiro de lixo, o cal supón un gran problema pois, ademáis de que “o lixo atrae ao lixo”, os verquidos son caóticos aquí e alá, reducindo a superficie dispoñible para a flora e fauna, e tamén para o uso gandeiro.
Con todo, a veiga de Gomareites aínda mantén interese florístico e faunístico, principalmente polas aves, aquí cría tamén a conícora (Vanellus vanellus) ao igual que na parcela de SGHN en Vilaseca Tamén se ten observado en época de cría á píllara pequena, así mesmo a veiga é frecuentada no inverno e nos pasos migratorios por varias especies de limícolos como bilurico patirrubio, bilurico claro, bilurico alinegro, cegoñela, garzota grande, garzota común, pilro común e o raro pilro de Temmick. Tamén se teñen visto aves tan espectaculares como o cullereiro, e mesmo a avutarda; como detalle curioso, nas proximidades da veiga tense constatado a presencia do grou nun censo de aves acuáticas invernantes.
Como podedes ver, estamos a falar dun lugar con magníficas posibilidades, que paga a pena mellorar e conservar.
MELLORA E CONSERVACIÓN
Seguindo cós nosos traballos de mellora e conservación de espacios naturais de interese na Limia, nesta ocasión pedímosvos a vosa colaboración para realizar a primeira intervención de SGHN nunha parte da Veiga de Gomareites (Vilar de Barrio), espacio moi interesante dende o punto de vista ornitolóxico como xa apuntamos.
Neste espacio, un gandeiro local está a desenvolver un proxecto de gandeiría en extensivo nunha superficie de 16 ha de veiga, o cal é unha nova excelente para a conservación da veiga como tal.
Para axudar a que se desenvolva este proxecto, e ademáis favorecer as especies de flora e fauna asociadas, SGHN ten asinado un acordo de custodia compartida do territorio con este gandeiro, que, ao igual que nós, está moi preocupado pola utilización deste lugar como un vertedoiro, e procura poñer trabas para que non suceda.
Por todo, o obxectivo desta xornada é conseguir un incremento da superficie útil recuperando parte da veiga orixinal; para elo recolleremos ou amorearemos axeitadamente plásticos, entullos, madeiras, cristal, .... e puntualmente podaremos ou desbrozaremos algún anaco da parcela para facilitar o acceso ou a localización do lixo e deixar preparada a zona de traballo. Así que nesta ocasión o noso cometido será actuar como “brigada de limpeza”, contrataremos os servizos dunha empresa de xestión de residuos alugando un ou dos contedores nos que acopiaremos os diferentes materiais retirados.
A actividade realizarase si as condicións climatolóxicas son adecuadas, e decir, sen choivas previstas nese día e, alomenos, na xornada anterior para facilitar as tarefas de limpeza.
Como non todo vai ser traballar, pola tarde faremos un percorrido por A Limia para presentarvos as 25 parcelas para as que xa temos asinados os contratos de aluguer có Bantegal. Queremos lembrarvos que os que así o desexen poden “APADRIÑAR, OU AMADRIÑAR, UNHA PARCELA”, así que este será o momento de ver, elexir e facerse padriño ou madriña.
IMPORTANTE:
PARA A ACTIVIDADE DA MAÑÁ (RETIRADA DO LIXO) HAI QUE LEVAR CALZADO E GUANTES FORTES PARA EVITAR CALQUERA PROBLEMA.
A ACTIVIDADE ESTÁ RECOMENDADA PARA ADULTOS. DE VIR NENOS, OS SEUS PAIS OU TUTORES TERÁN QUE ENCARGASE DELES.
O PLAN para a xornada do sábado día 4 de outubro de 2014, é o seguinte:
Mañá: 9:15 h. Punto de encontro na Gasolinera “Antela” ao carón da autovía na saída de Xinzo, dende ese lugar desplazarémonos ata a Veiga de Gomareites para iniciar os traballos.
13:30 – Para xantar aínda estamos a estudar alternativas, buscaremos un lugar con menú entre 12 e 15 euros (xa concretaremos).
Despois de xantar, cara ás 16:00h. iniciaremos o noso “percorrido turístico” polas parcelas de Antela e cicais poidamos rematar na zona de Cerdeira, nas nosas 4 MUSAS onde xa están pacendo as vacas dende hai máis dun mes.
Así que ANIMÁDEVOS e, por favor, contactade ata o martes día 30 de setembro a través dos correos electrónicos: ourense@sghn.org, antela@sghn.org ou dos teléfonos de Isabel (649441518) e Marcos(629635512).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






