Noelia, que fixo o curso de educador@s de Tempo libre na nosa escola Limicorum -en Lodoselo no 2010-, escribiunos, desde Inglaterra, para dicirnos que ía publicar un libro, así que nos facemos eco e felicitámola desde aquí. https://www.youtube.com/watch?v=Qu4YzIwQ_Zg#t=77
"Excusas" narra a vida dunha xogadora profesional de baloncesto na actualidade, as súas loitas diarias e os detalles máis descoñecidos desta profesión. Xogadora do Newcastle University (UK), investigadora e lingüista ourensá, Noelia Cacheiro, amosa “a realidade do mundo deportivo feminino en forma de diario, desnudando os seus pensamentos na tinta do papel”. Tal como a propia autora explica, trátase “dun relato con toques de amor, desamor, aventura, viaxes e moito máis que acaban cun inesperado final que en realidade, continúa ata a data”.
Malia residir en Inglaterra, Noelia achegarase ata Ourense para presentar a obra por diferentes puntos da provincia. Ata o momento ten tres datas pechadas. A primeira será na cidade das Burgas o venres 19 de decembro en El Cercano. O acto comezará ás 20h. e contará coa presenza de Carmen Limia, presidenta do Club Pabellón Ourense que será a encargada da presentación. Noelia tamén espera contar con outras figuras representativas do baloncesto e da literatura como María José Varela secretaria da deleración ourensá de baloncesto ou José Antonio Tarrio, catedrático na Universidade de Vigo e autor de numerosos escritos.
Dous días despois, o domingo 21 de decembro ás 19h. a presentación será en As Escolas Vellas (Xunqueira de Ambía). A última data confirmada ata o momento é o venres 26 de decembro, a partires das 20h. en Vilar de Santos (Xinzo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario