Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 5 de julio de 2012

Foto para a Memoria

Desde Nova York Nancy Fontarigo fainos chegar esta foto na que está o seu pai -Paquito- con outra xente do pobo. Moitas grazas. Ahí está Plácido, Ramiro... A quen recoñeces?

lunes, 2 de julio de 2012

Autoxestión da saúde organizou un encontro de pedagoxía Waldorf en Lodoselo

Este pasado fin de semana tivemos a sorte de acoller en Lodoselo a máis dun cento de persoas que se deron cita aquí convocados por Autoxestión da Saúde. Foi unha gozada compartir estes días, moitas grazas.
Isto é o que aparecía na súa páxina e engado unhas fotos do encontro.

http://autoxestiondasaude.org/index.php/es/


I Encontro teórico-práctico de
pedagoxía Waldorf
  
Datas do obradoiro: Sábado 30 de Xuño e Domingo 1 de Xullo

Descarga do documento completo do obradoiro (Para máis información)

*Para visualizar o documento debes estar rexistrado.
Lugar: Centro de Desarrollo Rural (CDR) "O Viso", Lodoselo, Concello de Sarreaus, Ourense. Para máis información sobre o lugarhttp://www.cdroviso.org/
Horario: De 10:00 a 14:00 e  de 15:30 a 17:30 o sábado; de 10:00 a 14:00 o domingo.
Matriculación: a matriculación será obligatoria (para adultos e nenos maiores de 3 anos) para a mellor organización do Encontro, aínda que como ven sendo habitual, non existe precio de inscrición establecido. Cada asistente terá a posibilidade de aportar anónimamente ao final ou no transcurso do curso o que en conciencia considere oportuno. Os beneficios destinaranse a alimentar de diferentes formas o proceso pedagóxico Waldorf.
O único que se cobrará, será en caso de coller aloxamento e manutención (optativo).
 Aloxamento e comida: no CDR de "O Viso" existe a posibilidade tanto de pernoctar en réxime de albergue como encargar comida de elaboración caseira. Os asistentes poden tamén levar a súa propia comida, merenda ou cena.
Para a reserva, é preciso seleccionar no formulario as diferentes opcións (tanto en aloxamento como comida).
O aloxamento será en albergue, habendo 40 camas (20 literas) en total, repartidas en 4 habitacións. O prezo do aloxamento son 10€ por persoa.
Na manutención hai diferentes opcións: comida do sábado 30 (10€ por persoa), cea do sábado 30 + almorzo do domingo 1 (10€ por persoa), comida do domingo 1 (10€ por persoa).
A hora de facer a inscrición, cada persoa da familia debe realizar unhainscrición distinta (a partir dos 3 anos).
O importe total de manutención e aloxamento debe ingresarse no número de conta 2080 5283 55 3040003411 , antes do mércores 27 (non incluido), especificando en concepto "nome e apelidos". En caso de ser varios integrantes na familia, o pago farase conxunto, sumando todos os importes e especificando en concepto os integrantes da familia.
Todas estas opcións deben elexirse a hora de facer a inscrición.




miércoles, 20 de junio de 2012

Grazas a todas as persoas que fixeron e fan isto posible


    Que dunha maneira simbólica quedamos representados por as Sras Ricarda e Lisa (de 99 e 100 anos) e Sabela e Rubén (de 1 e 2 anos), os maiores e os máis novos de todos nós que descubriron a placa en nome da comunidade para lembrarmos que a nosa forza está en que "eu son porque nós somos". Nunha sociedade con alzheimer -dito aquí- non como enfermidade persoal, senón como diagnóstico social pola nosa incapacidade para recoñecer a identidade presente, bebendo do pasado e imaxinando o futuro, dicimos que "a imaxinación non existe, só é memoria fermentada". Porque quen ama as súas raíces conserva a súa identidade e quen conseva a súa identidade é dono do seu porvir. 







 Coceder, Confederación de Centros de Desarrollo RuralPoñemos hoxe algunhas fotos que nos enviou o responsable de Comunicación e relacións externas de COCEDER, Ricardo Granado García-Bernalt -moitas grazas- e o texto que colgou na web da Confederación

 http://www.coceder.org/portada.shtml?idboletin=1722&ideccion=9382&idarticulo=102331

Portada

CDR ‘O Viso’ – COCEDER. Inauguración del Centro de Día de Lodoselo (Sarreaus, Orense)

"HACER POSIBLE LO QUE ES NECESARIO: MEJORAR LA CALIDAD DE VIDA DE LAS PERSONAS QUE VIVEN EN NUESTRO MEDIO RURAL”.

NdP © COCEDER - El pasado viernes 15 de junio se inauguró el Centro de Día de Lodoselo(Sarreaus, Orense), con la participación de un gran número de personas y beneficiarios/as de los programas que desarrolla en la comarca de La Limia el CDR “O Viso”-COCEDER, del que depende este nuevo equipamiento. Asistieron al acto comunitario y al sencillo refrigerio que se sirvió posteriormente en las instalaciones del CDR ‘O Viso’ numerosos vecinas/os del municipio y de los alrededores, trabajador@s, voluntari@s, amig@s, representantes de diversas instituciones, así como diversas autoridades. Entre las autoridades se encontraban el Delegado Territorial de la Xunta de Galicia en Orense, Rogelio Martínez, el Jefe Territorial de la Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, el alcalde de Lodoselo y otros ediles de los municipios de La Limia. Con la puesta en funcionamiento de este recurso, el CDR “O Viso”-COCEDER responde a las necesidades de un colectivo importante (el 22% de los gallegos/as  tienen más de 65 años y necesitan una mayor atención) y amplía su oferta de apoyo y atención social a los mayores, oferta que abarca, entre otras actuaciones, desde un comedor social y servicio de lavandería y comida a domicilio hasta una vivienda tutelada con capacidad para doce personas.
La financiación de esta obra ha sido posible a través de COCEDER y con las ayudas del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, el 0,7% del IRPF (casilla de Fines Sociales),  Leader Galicia 2007/2013 y la Xunta de Galicia, que  a través de la Consejería de Trabajo y Bienestar colabora desde el año 2010 con el CDR ‘O Viso’-COCEDER en este objetivo común de mejorar la calidad de vida de los mayores, mediante la concesión de subvenciones acogidas a la Orden de Ayudas a Entidades de Iniciativa Social.
Se trata de un objetivo prioritario e irrenunciable para la Xunta”, afirmó durante la inauguración el Delegado Territorial, Rogelio Martínez. Como confirmación de la importancia de estas actuaciones, el Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013 contempla 69 medidas de las que en 2011 se ejecutaron aproximadamente un 70 por ciento. En los últimos 2 años, se ha multiplicado por cuatro el número de personas mayores dependientes atendidas.
Desde COCEDER felicitamos a las personas que con su ilusión y esfuerzo han hecho posible la  apertura de este nuevo centro, este nuevo espacio de encuentro que renueva el compromiso de seguir “haciendo posible lo que es necesario: mejorar la calidad de vida de las personas que viven en nuestro medio rural”.



sábado, 16 de junio de 2012




 
Lodoselo, en Sarreaus, completa a súa oferta para os maiores ao inaugurar o seu Centro de Día
 
Dende este venres, a localidade de Lodoselo, en Sarreaus, dispón xa de Centro de Día, que depende do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, no que a Xunta de Galicia di que investiu nos últimos anos 65.000 euros. Segundo a Xunta O Viso completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
 
 

 
16 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL
A localidade de Losodelo, no concello de Sarreaus, inaugurou este venres o seu Centro de Día que pon en marcha o CRD, Centro de Desenvolvemento Rural  O Viso. Ao acto asistiron o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial de Traballo e Benestar en Ourense, José Selas.
Segundo informa o departamento de Martínez, os centros de día defínense como "centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que prestan atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual".
Coa posta en funcionamento deste servizo, o CDR O Viso completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da súa xefatura territorial en Ourense, desde o ano 2010 vén de colaborar con esta entidade outorgándolle subvencións acollidas a Orde de axudas a entidades de iniciativa social, por un importe de preto de 65 mil euros.
Rogelio Martínez eloxiou esta iniciativa que responde ás necesidades dun "colectivo importante", dixo, tendo en conta que o 22% dos galegos e galegas teñen máis de 65 anos e precisan unha maior atención, sinalou o represetante da Xunta en Ourense.
Neste senso, subliñou que "a procura do máximo benestar e a mellora da calidade da vida dos maiores galegos e galegas é un obxectivo prioritario e irrenunciable para a Xunta".

Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus

Este servizo depende do Centro de desenvolvemento rural “O Viso” que nos dous últimos anos recibiu da Xunta de Galicia preto de 65.000 euros
O delegado territorial indicou que a Xunta de Galicia mantén a súa aposta de mellorar a calidade de vida dos maiores
  • Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus
    Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus
Ourense, 15 de xuño de 2012.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, acudiron ao acto de inauguración do centro de día que o CDR (centro de desenvolvemento rural) “O Viso” pon en marcha en Lodoselo, no concello de Sarreaus.
Os centros de día defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que prestan atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual. Coa posta en funcionamento deste servizo, o CDR “O Viso”, completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da súa xefatura territorial en Ourense, desde o ano 2010 vén de colaborar con esta entidade outorgándolle subvencións acollidas a Orde de axudas a entidades de iniciativa social, por un importe de preto de 65 mil euros.
Rogelio Martínez eloxiou esta iniciativa que responde ás necesidades dun colectivo importante, tendo en conta que o 22% dos galegos e galegas teñen máis de 65 anos e precisan unha maior atención. Neste senso, subliñou que “a procura do máximo benestar e a mellora da calidade da vida dos maiores galegos e galegas é un obxectivo prioritario e irrenunciable para a Xunta”.
Así o demostra o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013,que se puxo en marcha xa no primeiro ano da lexislatura. Este plan contempla 69 medidas das que en 2011 se executaron preto do 70 por cento. No que vai de lexislatura, cuadruplicouse o número de persoas maiores dependentes atendidas.
 http://www.xunta.es/notas-de-prensa/c/Autoplay?content=nova_estandar1182.html

lunes, 11 de junio de 2012

Invitación inauguración


Con motivo da inauguración do novo Centro imos ter un acto comunitario o vindeiro venres día 15 de xuño ás 11h. Se podes e queres participar deste momento achégate ata aquí. Algúns dos que fan e fixeron isto posible (participantes - veciñ@s da contorna-, traballador@s, voluntariado, amig@s do CDR, representantes de diferentes institucións...) esperamos celebrar a construción destas funcionais instalacións, a posta en marcha deste novo espazo de encontro e renovar o compromiso de seguir facendo posible o que é necesario.    

domingo, 3 de junio de 2012


SOCIEDAD
Entregados los Premios al Desarrollo Rural ‘Macario Asenjo Ponce’
• Los premios fueron entregados ayer en el marco de la celebración del veinte aniversario de CODINSE, entidad que forma parte del Patronato de la Fundación ‘Macario Asenjo Ponce’, que convoca los galardones.
El Adelantado - Campo de San Pedro
16-1(348).jpg 
  imprimir
  enviar a un amigo
  Enviar
  Foto de familia de los representantes de las asociaciones galardonadas, de la Fundación y CODINSE. / El Adelantado

La Asociación Centro de Desarrollo Rural "O Viso", en la categoría nacional, y Ecomanjar S.L., en la provincial, han sido galardonados con los VII Premios al Desarrollo Rural Macario Asenjo Ponce, otorgados por la Fundación del mismo nombre en una ceremonia que tuvo lugar ayer sábado en la localidad de Campo de San Pedro, en el marco de la celebración del XX Aniversario de CODINSE entidad que forma parte del Patronato de la Fundación. El jurado del certamen eligió ambas entidades de entre un total de 17 candidaturas procedentes tanto de la provincia de Segovia como de otras comunidades autónomas como Madrid, Galicia, Aragón, y Castilla y León, que ofrecían en su conjunto una amplia muestra de actividades y sectores.
Asociación del Centro de Desarrollo Rural "O Viso" es una organización no gubernamental, situada en la Comarca de la Limia al sur de la provincia de Ourense, y que lleva a cabo un proyecto definido de desarrollo integral, de desarrollo a escala humana.
Sus acciones están dirigidas a la población rural más vulnerable de su comarca: mayores discapacitados, mujeres jóvenes e infancia…, a través de acciones globales de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación y empleo, con el fin de que la población permanezca en su medio con mejores condiciones y con mayor calidad de vida.
Les avalan 20 años de trabajo en: la conservación y dinamización del entorno rural evitando la pérdida de valores tanto materiales como inmateriales dentro de nuestra comarca; fomento en la transmisión de estos valores desde su origen a las siguientes generaciones a través de programa Pueblo Escuela; mantenimiento y sustentabilidad de las personas mayores, socialmente desfavorecidas en su comunidad evitando desarraigos innecesarios a través de servicios de proximidad, vivienda comunitaria, centro social…; y contribución a la mejora del medio, tanto en las prácticas de sostenibilidad como en la mejora del medio, a diferentes colectivo a través de programas de formación profesional, seminarios, cursos, jornadas, centro de información juvenil y servicios integrados; asi como a realizar actuaciones para mantener y fomentar una sociedad rural viva.

Ecomanjar
Por su parte, Ecomanjar S.L. en Lastras de Cuéllar, es un proyecto hecho realidad que tiene como fin el seguir viviendo de lo que se produce además de crear actividad económica y empleo femenino. El personal implicado en Ecomanjar quiere crear ilusión y esperanza de futuro, plantear interrogantes, traspasar las barreras de lo que se ha hecho siempre, sacar del olvido y del anonimato a una más de tantas zonas despobladas deCastilla y León, introduciendo el término ecológico en las conversaciones de la gente del lugar y además fomentar su consumo en el entono, y demostrar que producir en ecológico es una opción real del futuro en Castilla y León, y un modelo viable para el desarrollo rural sostenible.
Ecomanjar S.L. quiere donar la mitad del premio a APADEFIN con el fin de divulgar y premiar el trabajo que están realizando.
Al acto, celebrado en la sede de la Fundación en Campo de San Pedro, acudieron autoridades, representantes de ayuntamientos, mancomunidades y público en general.
Teodoro Gutiérrez Barbolla, presidente de la Fundación para el Desarrollo Rural ‘Macario Asenjo Ponce’, entidad organizadora del encuentro, destacó en la entrega de los premios la importancia y variedad de los proyectos concurrentes a esta edición, así como su creciente proyección nacional: "Este año se presentaron ejemplos muy interesantes para nuestra comarca de cara a poner en marcha aquí actividades similares de desarrollo", declaró.
__________________________________________________________________________


Fomos recoller en Campo de San Pedro (Segovia) o premio que nos entregaron os Patronos da Fundación para el desarrollo rural "Macario Asenjo", unha xente admirable que non só leva tamén moitos anos promovendo un traballo comunitario a nivel comarcal senón que ademais son quen de facer isto. Unha xornada inesquecible. Moitas grazas.





Outras NOTAS DE PRENSA PUBLICADAS por este motivo PREMIO MACARIO ASENJO – O VISO (por orden de aparición en Google 20/6/2012):

miércoles, 30 de mayo de 2012

A REDR (Red Española de Desarrollo Rural) faise eco da nova do premio ó CDR


La Fundación Macario Asenjo Ponce entrega sus VII premios anuales

30/05/2012Área: Eventos y PublicacionesFuente: CODINSE
La Asociación Centro de Desarrollo Rural "O Viso", en la Categoría Nacional, y Ecomanjar S.L., en la Provincial, han sido galardonados con los VII Premios al Desarrollo Rural Macario Asenjo Ponce, otorgados por la Fundación del mismo nombre en una ceremonia que tendrá lugar el  próximo sábado día 2 de Junio en la localidad de Campo de San Pedro, en el marco de la celebración del XX Aniversario de CODINSE entidad que forma parte del Patronato de la Fundación.
El jurado del certamen eligió ambas entidades de entre un total de 17 candidaturas procedentes tanto de la provincia de Segovia como de otras comunidades autónomas como Madrid, Galicia, Aragón, y Castilla y León, que ofrecían en su conjunto una amplia muestra de actividades y sectores.
Asociación del Centro de Desarrollo Rural "O Viso"  es una organización no gubernamental, situada en la Comarca de la Limia al sur de la Provincia de Ourense, y que lleva a cabo un proyecto definido de desarrollo integral, de desarrollo a escala humana.
Sus acciones están dirigidas a la población rural más vulnerable de su comarca: mayores discapacitados, mujeres jóvenes e infancia..., a través de acciones globales de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación y empleo, con el fin de que la población permanezca en su medio con mejores condiciones y con mayor calidad de vida.
Les avalan 20 años de trabajo en:
La conservación y dinamización del entorno rural evitando la pérdida de valores tanto materiales como inmateriales dentro de nuestra comarca.
Fomento en la transmisión de estos valores desde su origen a las siguientes generaciones a través de programa Pueblo Escuela.
Mantenimiento y sustentabilidad de las personas mayores, socialmente desfavorecidas en su comunidad evitando desarraigos innecesarios a través de servicios de proximidad, vivienda comunitaria, centro social...
Contribución a la mejora del medio, tanto en las prácticas de sostenibilidad como en la mejora del medio, a diferentes colectivo a través de programas de formación profesional, seminarios, cursos, jornadas, centro de información juvenil y servicios integrados.
Actuaciones para  mantener y fomentar una sociedad  rural viva.
Por su parte, Ecomanjar S.L. en Lastras de Cuellar (Segovia) es un proyecto hecho realidad que tiene como fin el seguir viviendo de lo que se produce además de crear actividad económica y empleo femenino.
Quieren crear ilusión y esperanza de futuro, plantear interrogantes, traspasar las barreras de lo que se ha hecho siempre, sacar del olvido y del anonimato a una más de tantas zonas despobladas de Castilla y León, introduciendo el término ecológico en las conversaciones de la gente del lugar y además fomentar su consumo en el entono, y demostrar que producir en ecológico es una opción real del futuro en Castilla y León, y un modelo viable para el desarrollo rural sostenible.
Ecomanjar  S.L. quiere donará la mitad del premio a APADEFIN con el fin de divulgar y premiar el trabajo que están realizando.
Teodoro Gutiérrez Barbolla, presidente de la Fundación para el Desarrollo Rural Macario Asenjo Ponce, entidad organizadora del encuentro, invita a todo aquel que lo desee acto de entrega que tendrá lugar en Campo de San Pedro a las 20:00 del día 2 Junio
.

lunes, 28 de mayo de 2012

VII Edición da Fundación para o Desenvolvemento Rural “Macario Asenjo Ponce” ó C.D.R. “O Viso”


Noticia

           Os Premios ó Desenvolvemento Rural “Macario Asenjo Ponce”, están dirixidos a persoas, colectivos ou institucións que se distinguen polo seu traballo en pro do desenvolvemento rural.
O obxectivo destes galardóns, na súa dobre modalidade nacional e provincial, é recoñecer a traxectoria dunha persoa, colectivo ou institución que teña destacado pola súa labor científica, técnica, cultural, educativa, empresarial, social e humana na posta en marcha de accións ou proxectos significativos para o desenvolvemento rural.
 Estes proxectos han de ser un reflexo das persoas, empresas ou entidades que traballan por un medio rural mellor, contribuíndo de maneira decisiva ó desenvolvemento económico e social dos nosos pobos, cunha labor moitas veces non recoñecida; por esta razón a Fundación quere valorar esta importante labor, á vez que se contribúe a recordar a figura de Macario Asenjo Ponce, recoñecendo a súa labor e empeño por impulsar o desenvolvemento integral dos nosos pobos e as persoas que os habitamos.
           Ós premiados otórgaselles unha figura, peza exclusiva, deseñada e creada pola artista de San Pedro de Gaillos (Segovia), Angela Clemares, y una dotación económica de 3000 €. 
           A entrega de  premios será o vindeiro sábado 2 de xuño; coincidirá co XX Aniversario de Codinse – Coordinadora para o desenvolvemento integral do Nordeste de Segovia- e pechará o programa de actividades organizadas para esta semana en Campo de San Pedro.

O  fin principal da Fundación para o D. Rural é promover o desenvolvemento social, económico e cultural do medio rural e a mellora da calidade de vida das persoas que viven nel, contribuíndo a superar o desequilibrio demográfico, as deficiencias de infraestruturas e servizos e optimizando o nivel de autoestima cultural, ata conseguir un equilibrio entre el desenvolvemento rural e urbano en orde a unha maior xustiza territorial.
Nace en 2005 coa clara e decidida intención de ser un instrumento máis que posibilite a revalorización do patrimonio que atesoura o medio rural así como motor de cambio nas deficiencias que sufre.
Traballa en catro liñas principais:
•    Programa integral para la atención a maiores.
•    Programa formativo para el asentamento da poboación nova.
•    Programa ambiental.
•    Programa de Promoción del medio rural.

Nesta sétima edición consolídanse as categorías nacional e provincial. En 2011 as entidades que obtiveron este distintivo foron Cuarto Creciente Borobia S.L, en categoría Nacional, e o Concello de Coca na Provincial. Cuarto Creciente Borobia S.L é unha entidade ubicada en Borobia (Soria), unha pequena poboación nas ladeiras do Moncayo. No momento da súa creación deuse a opción a todos os veciños para que puideran formar parte dela para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural sostible empregando os recursos existentes no pobo. Pola súa parte, o Concello de Coca (Segovia) mantén desde 1998 un proxecto de desenvolvemento no municipio consistente na investigación de novas técnicas de extracción resineira en 18.000 pinos. 

O nome destes premios é un homenaxe a Macario Asenjo Ponce, unha persoa comprometida que dedicou a súa vida a axudar ós demais e que grazas á súa visión anticipou solucións ás deficiencias e problemas das zonas rurais, impulsando o desenvolvemento integral dos pobos e mellorando a calidade de vida dos que neles viven.

 Premios Objetivos


viernes, 18 de mayo de 2012

Visita da Asociación Artístico Cultural de Guláns- Ponteareas













Onte 17 de maio viñeron a mediodía máis de 30 persoas da Asociación Artístico Cultural de Guláns. Ademais de comer aquí xuntos o xantar compartimos a nosa experiencia como CDR ó longo destes anos e dialogamos un anaco sobre as respectivas asociacións; as nosas realidades, os proxectos e os atrancos... Tamén houbo un tempo para xogar no campo da Lama cos xogos populares e tradicionais... Despois acompañámolos ata Couso. Moitas grazas pola visita e seguimos en contacto.

lunes, 7 de mayo de 2012

Ata pronto e grazas, Michel. Benvidos, Vedran e Jose.

O sábado 5 de maio marchou Michel para a súa terra, Alemania. Estivo aquí con nós desde xullo de 2011 a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Algunhas fotos del cos grupos do pobo escola, na túa outra casa (vivenda comunitaria) e preparando os xogos da ludobiblioteca itinerante... Pero tamén deixou a súa pegada no invernadoiro, cos animais, nas persoas ás que se achegaba co xantar, no comedor comunitario, nos moitos amigos que fixo na Limia... Moitas grazas, Michel.




E o domingo 6 de maio chegaron Vedran e Jose. Vedran Benzon é de Split -Croacia-; a súa organización de envío é Help. Jose Rodrigues ven de Portugal; a súa organización de envío é GAIA (grupo de acçao e intervençao ambiental) do Alentejo. Aquí os temos -xa hoxe- en directo participando no día a día da vida do C.D.R. O Viso. Benvidos e grazas por compartir esta "utopía realizable", a loita cotiá por facermos posible o que é necesario.