Celebramos esta boa nova porque a "nosa Maribel" é testemuña dos nosos comezos cando na década dos oitenta, como A. C. "O Cruceiro" recuperamos a antiga escola do Pobo para entre outras actividades levar adiante unha actividade como eran os "estudos dirixidos". Aquel espazo no que as nenas e os nenos (entre os que ela estaba) tiñan diariamente un tempo e unha axuda para facer as tarefas escolares.
Tamén lembramos as súas participacións e os seus logros naquelas actividades e mesmo concursos de creación literaria que algunha vez convocamos con motivo do día da Letras.
E sempre a súa sintonía e presenza (mesmo na distancia) co traballo do CDR O Viso. Celebrando, participando e dando fe de que ela forma parte desta comunidade. Toda a veciñanza de Lodoselo e arredores Felicitamos a Maribel pola súa elección como decana da Facultade de Educación e Traballo Social (FETS) do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. E desexámoslle o mellor: que todo vaia ben!
DuviLa Voz de Galicia
As súas principais liñas de investigación son a literatura infantil e xuvenil e prácticas lectoras.
Na Voz de Galicia deste domingo 7 de xullo velaquí algúns titulares dun empeño ben acaído: Isabel Mociño González: «A facultade debe ser unha caixa de resonancia das preocupacións sociais» Ou “A atención á diversidade e a accesibilidade universal serán prioritarias”.
Doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora no Departamento de Didácticas Especiais, no que imparte materias da área da Didáctica da Lingua e da Literatura na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. Era a Vicedecana e Coordinadora do Grao de Educación Infantil, impartindo docencia no mestrado de Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos e formando parte de grupos e redes de investigación como EduAcción Patrimonial, Innovación Educativa (Innou), Rede Temática de Investigación As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI) e A LIX angloxermana e a súa tradución. Tamén é membro activo de colectivos como a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), a Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil Elos ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). As súas liñas de traballo céntranse no estudo da literatura infantil e xuvenil, a didáctica da lingua e a literatura e a adquisición dos hábitos lectores nas crianzas.
https://tv.uvigo.es/video/5dc583d81e19c0045500738b?track_id=5dc58b751e19c004994f9592
No hay comentarios:
Publicar un comentario