Todos somos conscientes de que os nomes dos lugares no pobo, das terras, dos regueiros, das fontes, mesmo de algún penedo... corren un grave risco de desaparecer porque a maioría só teñen existencia na memoria das persoas maiores. Quedamos case sen xente que saiba deles… hai algunha proposta interesante, mesmo na rede, como o da Galicia Nomeada que fai un chamamento a que non o perdamos.
Este é outro empeño no que andamos a vecindade de Lodoselo: un traballo de colaboración que tentariamos incorporar nas “casas da memoria”: os nomes dos lugares. Se despois atopamos quen nos faga unha explicación deles pois mellor. A continuación póñovos un material que fun elaborando como exemplo dos que eu controlo e dos que fun buscando información. Pero hai moitos máis e seguro que entre todxs o imos facer mellor. A proposta é pois seguir aumentando o listado dos nomes. Só por delimitar o territorio en dúas partes imos facer a divisoria da estrada. Así que a proposta sería ir anotando eses lugares e se se pode indicar a súa situación (polo menos da estrada para riba ou para abaixo; calquera outra indicación tamén sería benvida).
Para a xente que teñamos tempo, ganas e poidamos aquí temos, se vos parece, un traballo de todxs e para todxs. Graciñas
Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.
viernes, 11 de marzo de 2022
Fitotoponimia Lodoselo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario