Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
miércoles, 28 de septiembre de 2016
martes, 30 de agosto de 2016
Máis partos en agosto... e moita solidariedade co CDR.

Si, se en xullo naceran dous años agora en agosto chegaron outros oito. E pitiños... E aínda que vai agostando o campo quedan recunchos verdes onde levar a facenda pacer. Como sempre os animais teñen algo especial para os nen@s; velaquí unha mostra; ata o gatiño se coloca para recibir caricias e mesmo se pon "chuliño" para a foto.
Ademais agradecer desde aquí a todas as persoas que visitan e acompañan ós nosos maiores en "a túa outra casa" ou que donan produtos da horta para o noso comedor comunitario: leitugas, feixóns, cabaciñas... de Vilar de Santos, Lodoselo, Freixo, Cortegada... Ou nos deixan terreos, casas... Moitísimas grazas a Francisco e Rosa, Carlos, Concha, Asunción, Belén e Iñaki, Modesta, Paco, Eloy, Cesáreo, Francisco, José, Jesús, Ramiro, Aníbal, Carmen, Josefa, Pepe, Domingos.......................................................................(longuísimos puntos suspensivos).
Sen o continuo apoio da moita xente que o fai isto non sería o que é. Sería outra cousa pero endexamais tería o encanto de ser unha mostra de boa veciñanza, do sentimento comunitario, dos valores que sempre caracterizaron ás persoas do medio rural.
Na procura dunha nova ruralidade hai sinais de identidade que queremos amosar para que sigan formando parte da nosa idiosincrasia (da nosa maneira de ser). E parécenos que promover isto é outra maneira tamén de facer polo desenvolvemento do noso medio.
viernes, 19 de agosto de 2016
Unha e outra cara (cruz) das festas patronais



Ocorre que as imaxes que poñemos das festas de Lodoselo son "guays": o campo da Lama cheo de xente, alegría, diversión... E tod@s nos alegramos de que sexa así. Pero velaquí como tratamos a nosa terrra, a pouca concienciación cívica; aquí tedes unhas imaxes de como queda o escenario dos eventos. Calquera se da conta de que isto é unha sinal máis do pouco sentidiño comunitario, social que a veces amosamos. Nestes días no que xente está indignada porque arden os montes (un ano si e outro tamén, dependendo do tempo atmosférico), estas imaxes amosan ben as claras canta xente se afana en destruír o noso paraíso. Teremos que artellar algunhas propostas para que os vindeiros anos non se repita esta cruz.
jueves, 4 de agosto de 2016
Mércores de Pobo escola en agosto
Onte, mércores 3 de agosto, tivemos unha xornada de pobo escola.
Sendo que ó longo do curso pasan por aquí, sobre todo, grupos organizados de colexios, asociacións, etc. quixemos ofertar esta posibilidade de participación: Que se poidan anotar e participar todas aquelas persoas interesadas que están por aquí de paso, de vacacións... Pero tamén para aquel@s que queren volver a vivir esta xeitosa experiencia.
Velaquí unhas imaxes da xornada de onte: xogando, aprendendo na forxa, no río, polas rúas do pobo, tamén cos animais, xantando no comedor comunitario...
Pobo escola: aprendendo no pobo, do pobo, o pobo.
E, lembra, tamén podes anotarte para participar na do vindeiro mércores día 17 e /ou 24 de agosto.
lunes, 4 de julio de 2016
Herba, enxame, nacementos... E comeza o campamento !!!
Chegou o verán e a preparar a herba seca; este ano hai moitísima!. Controlándonos, as cegoñas que criaron esta tempada no campo da Lama. Coas tomas do Alberto que viviu a a chegada dun enxame ó patio da rectoral... E o nacemento de dous años xusto nas vísperas do arranque do campamento. A gozar do verán!!!

jueves, 26 de mayo de 2016
Co alumnado do Ceip Rosalía de Xinzo
Facendo o pan, paseando no carro co Fariñeiro, no recuncho do Carballo con Botas, facendo papel reciclado, coas ovellas, coas galiñas con pitiños e chocando, cos coellos, co ourizo cacheiro, coa Néboa, observando a cegoña que está a criar na Lama e gozando dun espectacular día deste mes de maio. Moitas grazas a tod@s os que facedes isto posible: Alberto, Bruno, Marta, Mouna, Francisco...
Se a semana pasada estiveran por aquí os Escolapios de Monforte de Lemos, a Casa dos Pitufiños, o CPI de Cambeo (dous días), esta foron a escola infantil Monicreques, CPI Tomás de Lemos e os de infantil de 3 anos un día e outro os de terceiro de primaria do Ceip Rosalía de Castro. Antes estivemos nas Patacas fritas Guays (moitas grazas Pepón, Estela, Dani...) en Piñeira Seca e despois de tanta actividade en Lodoselo, xa de volta, pasamos pola parcela da Sociedade Galega de Historia Natural aquí na Veiga, entre Lodoselo e Vilaseca para vermos o que se ten traballado na Operación Conícora.
jueves, 19 de mayo de 2016
Postoiro, colaborador do CDR O Viso
Si, unha sorte ter na comarca xente coma Anxo, Carlos... E nomealos a eles é tamén lembrar a Miguel, o crego de Parada de Outeiro (Vilar de Santos) e a "Vincallo". Desde o CDR O Viso sabemos ben da "calidade" desta xente que leva moitos anos colaborando con nós (si, tamén da calidade das cebolas, porros, leitugas, repolos...); eles achégannos produtos para o comedor comunitario. Moitas grazas e parabéns pola traxectoria.
lunes, 2 de mayo de 2016
O CIFP Portovello pasou unha xornada con nós

Alumnado de dous ciclos, Ciclo superior de Educación Infantil e do ciclo de Atención a Persoas en situación de dependencia do réxime de persoas adultas, pasaron unha xornada en Lodoselo.
Con Lucía e Marta estiveron vendo cómo se está a desenvolver o programa de Educación Infantil Familiar na Comarca da Limia e os programas para maiores de Prevención de la dependencia e fomento da autonomía persoal non só nas dependencias do Centro senón e tamén nos propios domicilios. Tamén fixemos pola tarde un percorrido polo pobo para achegarnos ó forno onde algúns dos participantes viñeran como nen@s co Ceip no que estudaran Infantil e Primaria. Como trouxo a foto volvemos facer outra co mesmo encadre neste caso -con ela- na mesma posición máis ou menos.
Agradecer ao profesorado e alumnado o apoio que para nós supón a súa presenza aquí. Seguimos en contacto na procura de facer mellor un traballo de apoio á comunidade e o compartirmos as inquedanzas, problemáticas, o día a día.
domingo, 17 de abril de 2016
Celebramos en Lodoselo as II NEG Xornadas de Educación e Cultura Tradicional
E gozamos da boa compaña... Nas dependencias da casa rectoral, polo pobo, no centro de inclusión, polos arredores do pobo (na Rañada...). E aprendemos pasándoo moi ben porque é todo un luxo termos entre nós a Antón Castro, Carme Campo e Chus Caramés, Xavier Blanco, Os Chichisos... Música, oralidade, entorno natural, instrumentos, formación permanente, memoria colectiva...
O día que me dixeches
o da palla do palleiro,
comecei a entende-lo mundo
da palleta e do punteiro.
Volvín ó día seguinte
pola mañanciña cedo
e alumbráchesme unha nota
co segredo do gaiteiro.
Como cho hei agradecer!
Meu amigo compañeiro.
O gaiteiro verde. Xavier Blanco
martes, 5 de abril de 2016
Unha parella de cegoñas como contrapunto ó tanatorio
Non é nada novo dicir que no noso
medio rural una das imaxes máis duras é ter contemplado a conversión das
escolas en tanatorios; no noso caso a escola seguíase empregando para máis
cousas, para “todo”. O sentido común foinos levando a utilizala para facer
festas, comidas, reunións, charlas, ximnasia… Tamén local electoral. Si, o
local social do pobo.
E velaí, que cando a lóxica é empregar un espazo coma
este para as diversas actividades de todos, un espazo multifuncional… Parece
ser que chega Sanidade e prohibe que isto sexa así; se é tanatorio non se pode
empregar para outra cousa máis. E tras varias xuntanzas a veciñanza manifesta
velar ós defuntos e querer ser velados no pobo. E comezan as obras de
acondicionamento dunha parte do local para este fin específico que ninguén espera
que se empregue moito, aínda que todos sabemos que a morte é segura. Con todo,
nestes últimos anos a media non chega a dez nun ano. ¡Unha mágoa reconverter un
local para isto só! Pero, non queda outra: a administración funciona así.
Pois ben, a nota discordante neste
espazo de morte, soidade e desesperanza é que a escasos 70 metros en liña recta, nestes últimos
días de marzo e primeiros de abril chegaron dúas parellas de cegoñas; témoslle
postos dous niños no campo da Lama pero non os empregaron ata o de agora. Por
fin, parece que unha parella quedou nun deles. Ademais por fin, estes días
tamén se empezou a escoitar o cuco. Si, é, parece, a outra cara da moeda.
sábado, 2 de abril de 2016
domingo, 6 de marzo de 2016
martes, 9 de febrero de 2016
domingo, 31 de enero de 2016
Corredoiro polas rúas de Lodoselo
martes, 19 de enero de 2016
Polo San Antón con añiños e pitiños...
<
Algunhas novas de animais, Pobo escola.
"Polo San Antón (17 de xaneiro) pon gallinita pon" nos di Mª Carmen (vivenda comunitaria) moitas veces. Pois aínda máis que moitos ovos... polo San Antón viñeron dúas parellas de años e hoxe naceron os tres primeiros pitiños do ano. O grupo de chavales de Concilia Nadal "deitaron" unha kika o 29 de decembro con 7 ovos azuis e hoxe 19 de xaneiro había tres poliños e aínda 4 ovos (veremos se sae algún máis...).
Neste tempo si que se vai notando o frío pero é máis levadeiro con estes calcetíns de la. Si, porque con algunha la das nosas ovellas a Ánxela fixo no País Vasco uns calcetíns e mandóunolos para non pasarmos frío no monte. Moitísimas grazas!!!
Tamén seguen nacendo coellos e veremos se a Torda queda preñada e para o vindeiro xaneiro temos un burriño ou burriña máis. E Néboa que aquí aparece atenta cara as ovellas segue preferindo andar patrullando polos arredores no canto de estar coidando os animais.
Xa sabedes, se queredes gozar da compaña desta facenda achegádevos por aquí cando vos veña ben.
viernes, 18 de diciembre de 2015
jueves, 12 de noviembre de 2015
Magosto do Ceip de Sarreaus no Pobo escola
No día de San Martiño, para celebrar o Magosto visitounos un grupo moi especial: "o alumnado do CEIP de Sarreaus!". Viñeron andando dende o Colexio, nun espectacular día de outono, pasar a xornada no Pobo Escola. Fixeron os seus bolos preñados, houbo xogos de por medio ... e non podían faltar as castañas!
Agardámosvos pronto! Moitas grazas!
Agardámosvos pronto! Moitas grazas!
viernes, 6 de noviembre de 2015
Castañas e tixolo preparados
Xa sabedes, o sábado 7 de novembro dende as 17h XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MAGOSTO. Imos celebrar o 25 aniversario do CDR "O Viso"e queremos facelo acompañados de todas as persoas que teñen colaborado e/ou están contribuíndo a facer realidade esta utopía.O tixolo (do Ceip Rosalía de Castro) e as castañas (aí tedes ás persoas maiores da vivenda comunitaria preparándoas para que non esbouren) xa están esperando, e boa música do país con dous grupos espectaculares da Limia: - Os galos de antioquía e - Cantaralai. A música tradicional como xeito de manter viva a cultura e a vivencia comunitaria da festa. 
jueves, 29 de octubre de 2015
Dende A Limia
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso cumpre 25 anos e celébranos convidando á xente a un magosto http://www.dendealimia.com/articulo/novas/centro-desenvolvemento-rural-cumple-25-anos-celebranos-convidando-xente-magosto/20151029113251005617.html
Patricia F.S |29 de Octubre de 2015 (11:59 h.)
Patricia F.S |
O 7 de novembro vai ser un día importante para o CDR O Viso pois celebran 25 anos axudando ó rural galego. Queren festexalo por todo o alto por iso convidan á xente a un gran magosto que terá lugar no centro de Lodoselo. Para confirmar asistencia poden chamar ó 988 46 15 71 ou enviar un e-mail a info@cdroviso.org. O festexo terá lugar a partir das 17h.
"Sabendo que o que somos non é un estado conseguido... é un proceso de cambio e busca permanente", así definen o seu traballo que dende o ano 1990 se leva desenvolvendo no centro. Partiron coa constitución do CDR O Viso e dende aí foron aparecendo o comedor social e comunitario, o centro de información xuvenil e comunitario, a vivenda comunitaria para axudar ós máis maiores ou o centro de día Lodoselo. Unha gran lista de traballos dirixidos a axudar ós sectores da poboación máis vulnerables da Limia. Con moito esforzo dos seus traballadores e fundadores, así pasaron xa 25 anos axudando e creando unha gran comunidade de usuarios dos servizos do centro. Agora como premio a todo este tempo de labor e para seguir con máis ganas, convidan a todo o mundo que o desexe a festexar con eles o seu vixésimo quinto aniversario.
jueves, 22 de octubre de 2015
Participaremos nestas xornadas
Os vindeiros días 28 e 29 de outubro participaremos nas xornadas para a Conservación da Biodiversidade Agraria e a Soberanía Alimentaria que terán lugar no CDR Sastipem thaj Mestapem de Coceder.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)