Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 25 de octubre de 2013

Novo servizo de orientación sociolaboral na comarca

Nota de prensa

O CDR O Viso, asociación cunha importante traxectoria en intervención social na comarca da Limia inicia o proxecto, RURALEMPRÉGA-T, para acompañar a incorporación social e laboral da cidadanía en xeral e con especial atención a persoas en situación de exclusión social e aqueles que buscan emprego.

Este servizo de orientación sociolaboral que ten as súas oficinas en Xinzo de Limia, conta con dúas liñas de traballo principais, unha que consiste na realización de entrevistas personalizadas e individualizadas nas que se leva a cabo unha valoración sociolaboral da persoa para posteriormente ir marcando de forma conxunta co traballador social os obxectivos que se desexan acadar, e unha segunda que consiste na oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas individuais e poder compartir a busca de emprego. Ven a ser un complemento a outros servizos existentes na comarca, coa novidade das actividade de grupo.

Con este tipo de proxectos, financiados pola Xunta de Galicia, a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social, (cofinanciados parcialmente polo Fondo Social Europeo) preténdese contribuír á mellora da calidade de vida das persoas e grupos participantes, facilitando un espazo de mellora social e de potenciación das habilidades para a busca de emprego, de xeito permanente no tempo.

Xa se pode pedir cita por email, á dirección: areasocial@cdroviso.org;  por telefono no 988461571, ou acudir á oficina situada na Praza Maior, 1 – 1º C (Xinzo de Limia) os luns de 10 a 12, mércores de 16:30 a 18:30 

Mais información:
Carmen Bohorquez. Coordinadora do CDR "O Viso"
Edi González. Traballador Social de RURALEMPREGA-T.
Telf: 988 461 571 

domingo, 29 de septiembre de 2013

Expertos europeos en demografía visitan dúas experiencias situadas en Ourense encamiñadas a mellorar a vida da poboación

Este grupo, que forma parte do proxecto europeo Symbios, estivo acompañado da directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e achegáronse ata a cooperativa do Ribeiro e ata o centro de desenvolvemento rural de Lodoselo
A cooperativa constitúe unha oportunidade para dar vida e traballo a un territorio demograficamente vulnerable e ten unha liña de acción social expresa no coidado e apoio ás familias con persoas con alzhéimer
O centro de desenvolvemento rural de Lodoselo, en Sarreaus, presenta innovación social de base comunitaria e traballa cunha filosofía de desenvolvemento rural endóxeno
Ourense, 27 de setembro de 2013.- A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e un grupo de investigadores de institucións académicas e outros expertos en demografía de Galicia, Portugal, Irlanda, Holanda e Finlandia visitaron hoxe unha cooperativa e un centro de desenvolvemento rural, ambos na provincia de Ourense, para comprobar in situ estas dúas experiencias que tentan contribuír a mellorar a vida da poboación, no marco do proxecto europeo Symbios, liderado pola Consellería de Traballo e Benestar dentro do Programa Operativo de Fondo Social Europeo 2007-13.
En concreto, o grupo achegouse ata a cooperativa do Ribeiro e ata o centro de desenvolvemento rural de Lodoselo. No primeiro caso, González explicou que “o proxecto Symbios consiste basicamente nunha rede de creación e intercambio de coñecemento e experiencias sobre as consecuencias da crise demográfica e do despoboamento de importantes áreas do territorio europeo”.
Unha desas áreas é Galicia, especialmente a súa zona máis rural e interior. A cooperativa traballa da man co Proxecto “Eusumo” porque se considera que ese modelo produtivo axuda a fixar poboación, ten una gran capacidade de resistencia a conxunturas desfavorables e conecta moi ben co estrutura produtiva tradicional do agro galego.
Polo tanto, a directora xeral indicou que os elementos clave de conexión desta iniciativa co proxecto son o feito de tratarse dunha oportunidade para dar vida e traballo a un territorio demograficamente vulnerable, e o de ter unha liña de acción social expresa no coidado e apoio ás familias con persoas con alzheimer.
A segunda visita foi ao centro de desenvolvemento rural de Lodoselo, en Sarreaus, que está integrado na rede Symbios a través da Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER).
O interese reside, en boa medida, en que presenta innovación social de base comunitaria. A entidade traballa cunha filosofía de desenvolvemento rural endóxeno. Neste sentido, a modo de exemplo, presenta experiencias nas que rehabilitou patrimonio local para darlle utilidade social.
A visita de hoxe vén a completar o seminario que tivo lugar onte en Santiago de Compostela e no que os mesmos expertos puideron intercambiar experiencias e buscar fórmulas axeitadas para dar resposta ao impacto social da crise demográfica que xa padecen diversas rexións europeas.
Proxecto Symbios
Os desequilibrios territoriais provocados pola crise demográfica, o envellecemento da poboación e a concentración desta nas grandes cidades inciden na calidade de vida das persoas que habitan nas zonas rurais afectadas, un aspecto que debe ser tido en conta polas administracións públicas de cara á prestación dos distintos servizos.
Debater estas cuestións e procurar novos enfoques para estes desafíos é un dos obxectivos do proxecto Symbios. Tamén persegue facilitar a xeración de ideas, impulsar a innovación e a creatividade, así como enfrontar e deconstruír estereotipos e asuncións comúns.
Ademais da Xunta de Galicia, tamén colaboran nel outras entidades galegas como o Instituto de Desenvolvemento Económico de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC); o Instituto Galego de Estatística (IGE); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER); o colexio de Traballo Social de Galicia; e a rede de centros de desenvolvemento rural (COCEDER). Tamén forman parte activa do proxecto o Consello Rexional de Carelia do Norte de Finlandia, a Universidade de Tràs-os-Montes e Alto Douro de Portugal, a Universidade Zuyd de Ciencias Aplicadas de Holanda e o University College Cork de Irlanda.
Esta iniciativa inscríbese no traballo que está a realizar o Goberno galego para facer fronte á crise demográfica. Para avanzar nesta liña, a Xunta impulsou o Plan de dinamización demográfica 2013-16, horizonte 2020, que foi aprobado no Parlamento de Galicia o pasado mes de abril.
Esta estratexia pioneira conta con 69 medidas específicas para dinamizar a demografía galega. Dentro destas actuacións, poderíanse destacar cinco, por ser as máis novidosas e que suporán un beneficio directo anual para máis de 70.000 familias galegas: o incremento das axudas fiscais, as casas niño, o servizo de axuda no fogar para a infancia, as axudas ao acceso á vivenda, e as bonificacións no transporte público.

Una misión europea coge ideas del rural ourensano

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
REDACCIÓN. RIBADAVIA/SARREAUS - 28-09-2013
Un grupo de investigadores y expertos en demografía de Galicia, Portugal, Irlanda, Holanda y Finlandia visitaron hoy una cooperativa y un centro de desarrollo rural, ambos en la provincia de Ourense, para comprobar in situ estas dos experiencias que intentan contribuir a mejorar la vida de la población, en el marco del proyecto europeo Symbios, destinado a promover experiencias que fijen población en el rural.
xpertos europeos accediendo a una bodega  (Foto: MIGUEL ÁMGEL)
xpertos europeos accediendo a una bodega (Foto: MIGUEL ÁMGEL)

En concreto el grupo visitó la cooperativa del Ribeiro, que trabaja de la mano del proyecto Eusumo, destinado a dar vida y trabajo a un territorio demográficamente vulnerable, y el centro de desarrollo de Lodoselo, que, entre otras actuaciones, rehabilitó patrimonio local para darle utilidad social.

Esta visita completa el seminario que durante estos días ha estado desarollando este grupo de expertos en la Universidad de Santiago de Compostela.

viernes, 27 de septiembre de 2013

A rede Symbios en Lodoselo

Os participantes da Rede Symbios no Seminario “Crise demográfica, exclusión territorial e a exclusión social” que empezou onte en Santiago visitaron hoxe venres 27 de setembro a experiencia do CDR O Viso. Xunto ós representantes da administración autonómica, coa presenza de Mª Amparo González Mendez, directora xeral de familia e inclusión, estiveron persoas da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER), da Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro- CETRAD, da  Universidad de Zyud- CERST (Países Baixos) e do Consello Rexional de North Karelia (Finlandia).

   O CDR O Viso xa participou no Seminario de lanzamento que tivo lugar no mes de xuño de  2013 en Santiago. O seguinte que hai programado é sobre “A inclusión socioterritorial. Análise de experiencias a favor duns territorios inclusivos, intelixentes e sostibles” para xuño de 2014.

   O Proxecto SYMBIOS é un proxecto promovido pola Xunta de Galicia que se enmarca dentro do Eixo 4.80 do Programa Operativo Rexional FSE- Galicia (2007-2013). Conta cun presuposto inicial de 250.000 euros, financiados nun 80% polo Fondo Social Europeo.

   SYMBIOS céntrase nos efectos sociais da crise demográfica e, concretamente, no seu
vínculo coa exclusión social e territorial. A Xunta de Galicia promove, con este proxecto, a creación dunha rede de traballo coas vertentes autonómica, interrexional e transnacional, para intercambiar experiencias e metodoloxías orientadas a abordar as consecuencias sociais do declive e envellecemento demográfico.

Os participantes na constitución da Rede Symbios (15 de octubre de 2012):
• Xunta de Galicia
• Instituto Galego de Estatística
• Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
• Universidade de Santiago de Compostela- IDEGA
• Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia
• Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER)
• Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro- CETRAD
• Universidad de Zyud- CERST (Países Baixos)
• Consejo Regional de North Karelia (Finlandia)

De SYMBIOS espérase que favoreza a mellora do coñecemento para deseñar un III Plan Galego de Inclusión Social, no marco do Programa Operativo Rexional para o periodo 2014-2020, tendo como marcos de referencia a Estratexia Europa 2020 e as consecuencias sociais da crise demográfica.

sábado, 21 de septiembre de 2013

Néboa segue a medrar

   A piques de cumprir seis meses ( o vindeiro 28) Néboa está feita unha boa "cachorra", como corresponde a unha mastina.

   Aínda lle escapa a algúnha ovella que corre detrás dela para "testala" pero con outras xa está afeita e acaríñanse entre elas.

 Estas son algunhas fotos que lle fixeron Saray e Pedro o pasado 15 de setembro.

martes, 3 de septiembre de 2013

Benvida e grazas a Matiss, Merle e Norbert (SVE)

   Dámoslle a benvida a Merle Kaupat , unha voluntaria alemana que leva uns días con nós; a súa organización de envío é Sozialer Friedensdienst Bremen e.V.
 
   Tamén a Norbert Dobosi voluntario húngaro que chega a través da organización Uton Ifjusagi Kulturalis Eqyesulet.

   Eles estarán con nós ata maio de 2014.

   Teñen a sorte de contar xa aquí con Matiss Kulaines, letón pero xa coñecido na comarca porque leva con nós desde marzo. Veu a través de Jaunatne Par Iesaistisanos.

   O só feito de estar aquí xa é motivo para agradecerlles a súa opcíón, pero se ademais a súa actitude de servizo, acompañamento, alegría... chega ós maiores (da Vivenda comunitaria, Centro de día, etc.) e ós participantes nos outros programas (Pobo escola, antenas de informacion nos IES, ...) hai que dicirlles MOITAS GRAZAS.

   A súa estancia aquí é posible grazas ó Servizo de Voluntariado Europeo que ofrece á mocidade de entre 18 e 30 anos a oportunidade de expresar o seu compromiso persoal participando en actividades voluntarias a tempo completo e non remuneradas nun país extranxeiro dentro ou fora da Unión Europea.

   Lembrade que o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" é organización de acollida pero tamén de envío.
   Se tés interese en participar neste programa ou noutros do CDR podes poñerte en contacto con nós a través deste medio ou pasar polo CIX na praza maior, nº 1, 1º de Xinzo de Limia.

viernes, 30 de agosto de 2013

Xa temos -algún mel- desta tempada preparado

 Seguimos pois co noso mel: agora toda desopercular, aproveitando que é día froito; consiste en quitar os opérculos, as tapas coas que as abellas pechan todas e cada unha das celas ou compartimentos. 

E unha vez que enchemos a centrifugadora cos 8 cadros da media alza dámoslle á manivela

Os cadros ó sacalos da centrifugadora quedan limpos e o mel que foi polas paredes da centrifugadora ó fondo da mesma, pasámolo par varios filtros e vai ó madurador. Aquí madurar significa depuración: unha simple decantación no que o mel abandona as súas impurezas (restos de cera, polen, burbullas de aire...)

Despois duns días no madurador metémolo en botes e á despensa. 

Aquí xa listo.  Esta é a presentación.

Pois agora, a seguir porque aínda quedan máis medias alzas na alvariza coas que repetir todo o proceso. 
A recolección do mel é unha operación moi lenta. Desde a retirada do mel na colmea, o transporte, a desoperculación, extracción, filtración e paso polo madurador, envasado... ata poder degustalo. Pero esta pode que sexa unha das claves, facer as cousas de vagar, paseniño, con calma... Reivindicando a lentitude no tempo das présas, o gozar dos procesos e non só dos resultados. Anímate pois non só a probalo; goza tamén do camiño ata a meta. 

viernes, 23 de agosto de 2013

Comezamos a castrar / esmelgar algunhas colmeas

       Hoxe tocou -entre outras cousas- empezar a castrar; aínda que non era día froito, pero aproveitando que era día flor xa apañamos 7 medias alzas do colmear.
  Moi boa pinta -totalmente operculado- aínda que con algunha sorpresa non moi boa. Non porque algunha colmea que contaba con ela non tivera mel; peor aínda, case sen facenda.
 Estas -tres delas- son dunha colmea que lle puxera 4 medias alzas; deixeille unha porque aínda non estaba totalmente operculada.
 
    Así que armado co afumador e o traxe (aínda así apañei un par de picaduras) sacando cadro a cadro, golpe seco e limpando as abellas que veñen con el ímolos pasando para un caixón ( unha alza con base e tapa preparada con bisagras).
   Despois na carretilla levalo ata o coche porque non entra ata o colmear...
   E agora esperar os días apropiados para desopercular, centrifugar e metelo no madurador.
   Xa sabedes, se queredes probalo e non queredes esperar que o teñamos preparado podedes pasar por aquí... untar os dedos e saborealo.

martes, 30 de julio de 2013

Fusion, C. de actividades e Cruz Vermella Xuventude

Nesta última semana de xullo estiveron/están por aquí 2 grupos:
- Fusión, centro de actividades de Xinzo participou nunha xornada do pobo escola con crianzas de 3 a 10 anos, e 
- Cruz Vermella Xuventude de Ourense que organizou, como broche final do campamento que comezou o 26 de xuño, esta saída; son nenos/as de 6 a 12 anos que non poderian pagar unha estancia coma esta e o seu custe asúmeo a entidade; con eles veñen 2 técnicas, 2 voluntarias e 3 Neo (xóvenes de entre 14-18 anos que forman parte deste grupo facendo actividades de promoción para a saúde, medio ambiente, ocio e tempo libre e colaboran no verán de forma activa). Están pasando aquí uns días e antes tamén visitaron aceites Abril, os bombeiros, o castro de S. Tomé, etc.

martes, 16 de julio de 2013

Campamentos 2013

"CAMPaRURAL" e "Conecta-NATUREZA" coa participación de nenos e nenas de pobos dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia, Ourense...

Velaquí algunhas imaxes dalgúns participantes no campamento que esta semana se está a desenvolver polo CDR O Viso en Lodoselo.

Aprendendo a base de actuar... A educación que é vivir, aprender, sonreír.

No noso entorno, recuperando para a acción educativa o patrimonio cultural da comunidade rural.

E dándolle valor ó cotiá...O cotiá é extraordinariamente rico.