Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

martes, 16 de julio de 2013

Campamentos 2013

 



"CAMPaRURAL" e "Conecta-NATUREZA" coa participación de nenos e nenas de pobos dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia, Ourense...

Velaquí algunhas imaxes dalgúns participantes no campamento que esta semana se está a desenvolver polo CDR O Viso en Lodoselo.


Aprendendo a base de actuar... A educación que é vivir, aprender, sonreír.

No noso entorno, recuperando para a acción educativa o patrimonio cultural da comunidade rural.

E dándolle valor ó cotiá...O cotiá é extraordinariamente rico.

























martes, 9 de julio de 2013

Xuño,tamén tarefas agrícolas e gandeiras


  






 



Algunhas das nosas tarefas agrícolas e gandeiras no mes de xuño foron a de segar a herba e metela na palleira ou facer algún palleiro; tamén fixemos pacas e un medouco con elas... Temos que gardar herba para o inverno para os coellos, os burros, as ovellas...E facémolo á vella usanza: aí tedes ao fariñeiro que é o encargado de apañar os carros que cargamos de herba e o Alberto que bota a herba primeiro ó carro e despois á palleira.
Tivemos moitos nacementos de poliños (con máis de 20 galiñas e kikas que chocaron ou están deitadas, a día de hoxe levamos sobre 70 nacementos aínda que temos tido moitas baixas, 26); sacámolos por gaiolas a pacer polos arredores da fonte do Carrajal. Se queres, xa o sabes, temos galos, galiñas, kikas para cambiar, vender, facer troco por outros productos...
Houbo un tempo para visitar o colmear e ir poñéndolle as medias alzas ás colmeas; tamén no invernadoiro e na horta para transplantar (cabaciñas, cabaceiras, pementeiras, cogombros, remolacha...) e coidar o que xa tiñamos posto (patacas, millo, berza galega...).
Seguimos tratando de aprenderlle á Néboa a familiarizarse co seu rabaño de ovellas. Vaise notando que medra pero sobre todo o que máis lle gusta é xogar coa xente da vivenda comunitaria e cos nen@s que veñen ás tardes cara o campo da Lama cando sacamos as ovellas.
Animádevos a vir por aquí e participar de todo isto. Agora -se aínda non tés nada programado- temos o campamento a vindeira semana do 15 ó 21.


viernes, 24 de mayo de 2013

A rapa das ovellas

 

 

 No pasado fin de semana -aproveitando que viñeran 4 polacos rapar as ovellas do rabaño que hai no pobo- tamén raparon as nosas; nun momento (escasos 2 ou 3 min. por cabeza) deixarónas descoñecidas. Sen atar as ovellas, empregan o método australiano, o rapador mantenas no chan baixo a presión dunha das súas mans e vainas xirando, mentras que a outra manexa a máquina.

A verdade é que o tempo ten estado bastante fresco -case frío, por momentos- así que deben ter pasado frío.  Iso si, xa temos la, deste ano, para facer actividades no "fiadeiro".  






lunes, 20 de mayo de 2013

Curso de educación e terapia asistida con animais de granxa

Lodoselo, Santiago, Roma...Roma, Santiago, Lodoselo.

   Este fin de semana 17, 18 e 19 de maio a veciñanza de Lodoselo estivemos de festa. Temos a sorte de ter un veciño, un amigo (O Pepe, da Celia e do Ánxel) que ven de ser nomeado arzobispo. Pero quen para nós é Pepe é para moita xente Mons. Fr. José Rodríguez Carballo, Franciscano, Arzobispo de Belcastro, Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica.     http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Rodr%C3%ADguez_Carballo
  
   Temos que darlle as grazas -entre outras cousas- porque sendo a súa unha distinción persoal quixo que fose unha homenaxe á nosa terra, ó noso medio rural, ós nosos antepasados; grazas por manifestar e testimoniar que "a persoa é coma unha árbore: non pode renunciar ás súas raíces; vir a Galicia é encontrarme coa miña cultura, coa miña xente". É un honor termos unha persoa así ó noso carón. Agradecellerlle o apoio que nos ten dado e que de seguro nos seguirá aportando ó pobo, ó CDR, ó medio rural galego e teriamos que lembrar aquilo que no seu día dicía Aristóteles: "a grandeza non consiste en recibir honras senón en merecelas". Isto está ó alcance duns poucos e Pepe é un deles. Parabéns!!!

   Poñemos aquí algunhas fotos e enlaces deste acontecemento 
  

  
Unhas palabras e a entrega por parte de Josefa dun recordo do pobo e o pan que amasamos e cocemos como sinónimo de alimento en moitas culturas, de vínculo de fraternidade, de compaña ("cum panis"), de boa fe, de hospitalidade, de amistade e solidariedade... xunto cao petición ás autoridades de apoio ó medio rural, ó entorno como parte de nós ó estilo de S. Francisco de Asís na festa do seu 119 sucesor.

A partires do minuto 12.03


A partires do min.1.23

No comezo e a partires do 6.45

E neste enlace que nos achegou Darío hai moi boas fotos deste día. Moitas grazas Darío polo teu traballo.
dasupe.blogspot.com

martes, 30 de abril de 2013

Aniversario de Elisa e Ricarda.



             
           
                    
                           


lunes, 8 de abril de 2013

O C.D.R. O Viso en "Máis Social", programa de fortalecemento da xestión no terceiro sector.

  

           Dez entidades sociais galegas veñen de ser seleccionadas pola Fundación Barrié e a Fundación de PwC para participar en Máis Social, o programa de fortalecemento da xestión no terceiro sector impulsado por ambas entidades.
   A resolución desta segunda convocatoria do programa Máis Social, dirixido a entidades galegas sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, de tamaño mediano e pequeno, que queiran mellorar a súa xestión directiva, foi anunciada hoxe luns 8 de abril en A Coruña por Javier López, director da Fundación Barrié e  Javier Garilleti, director da Fundación de PwC. 
   As entidades beneficiaranse da contratación dun profesional especialista en xestión e captación de fondos, de servizos de consultoría de PwC e de formación.
   As entidades seleccionadas traballan a favor de colectivos da sociedade galega desde distintos ámbitos: discapacidade auditiva, dano cerebral, enfermidade mental, parálise cerebral, autismo, desenvolvemento comunitario, Párkinson, infancia e familia, discapacidade intelectual e Alzheimer.
   Ademais, outras 32 entidades participarán tamén no programa formativo que se desarrollará entre maio e outubro en Vigo e A Coruña, e que se iniciará cunha conferencia inaugural en Ourense a cargo do profesor de branding e marketing público no Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de Esade, Toni Puig, o 23 de abril. 
   As dez entidades seleccionadas este ano son: 
· ACOPRÓS- Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo, A Coruña.
· ADACECO- Asociación de Daño Cerebral de A Coruña, A Coruña. 
· AFAGA – Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia, Vigo y comarca. 
· ALUME- Asociación lucense de ayuda a enfermos mentales, Lugo.
· APAMP- Asociación de familias de persoas con parálisis cerebral, Vigo.
· Asociación Parkinson Galicia Coruña, A Coruña.
· ASPANAES- Asociación de Padres de Persoas con Trastorno del Espectro Autista de la Provincia de A Coruña, A Coruña.
 · ASPANAEX - Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra, Pontevedra. 
· C.D.R. “O VISO” - Centro de Desarrollo Rural “O Viso”, Ourense.
· Fundación Meniños, A Coruña (con ámbito de actuación autonómico).

jueves, 21 de febrero de 2013

Curso en Lodoselo dentro do Plan de Formación no Eido do tempo libre 2013


cartel_pdf2013
Plan de Formación no eido do tempo libre 2013

Curso: Educación e terapia asistida con animais de granxa

Número de horas:  30

Número de prazas:  25

Contidos:
Módulo I. Fundamentos da TEED asistida con animais: principais conceptos e referentes.
Módulo II.  O equipo de traballo en TEAA.                                                                                
Módulo III. Os animais de terapia.                                                                        
Módulo IV. Colectivos que poden beneficiarse da intervención en contextos de granxa, claves e
contraindicacións.                                  
Módulo V. A educación facilitada con animais de granxa.                                  
Módulo VI. Os animais de granxa como recurso terapéutico.
Módulo VII. Metodoloxía de traballo nos programas de terapia asistida con animais de granxa                                                                      
Módulo VIII. Deseño específico de actividades educativas e terapéuticas na granxa.                                                                                                
Módulo IX. Proxecto conexión granxa: intervención psicosocioeducativa facilitada con animais de granxa
e o seu contexto dirixido a nenos e nenas e mozos e mozas en situación de vulnerabilidade.

Modalidade: presencial.

Lugar de impartición: Lodoselo (Sarreaus – Ourense).

Data de inscrición: aberta ata 15 días antes do inicio do curso.

Data prevista de realización: do 17 ao 19 de maio de 2013.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 21.00 horas.

Equipo persoal imprescindible: Non inclúe manutención nin pernoita.


Para máis información, apuntarte... vai á páxina de xuventude.net  http://xuventude.xunta.es/plan-de-formacion-no-eido-do-tempo-libre-2013.html