Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

martes, 16 de julio de 2013

Campamentos 2013

 



"CAMPaRURAL" e "Conecta-NATUREZA" coa participación de nenos e nenas de pobos dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia, Ourense...

Velaquí algunhas imaxes dalgúns participantes no campamento que esta semana se está a desenvolver polo CDR O Viso en Lodoselo.


Aprendendo a base de actuar... A educación que é vivir, aprender, sonreír.

No noso entorno, recuperando para a acción educativa o patrimonio cultural da comunidade rural.

E dándolle valor ó cotiá...O cotiá é extraordinariamente rico.

























martes, 9 de julio de 2013

Xuño,tamén tarefas agrícolas e gandeiras


  






 



Algunhas das nosas tarefas agrícolas e gandeiras no mes de xuño foron a de segar a herba e metela na palleira ou facer algún palleiro; tamén fixemos pacas e un medouco con elas... Temos que gardar herba para o inverno para os coellos, os burros, as ovellas...E facémolo á vella usanza: aí tedes ao fariñeiro que é o encargado de apañar os carros que cargamos de herba e o Alberto que bota a herba primeiro ó carro e despois á palleira.
Tivemos moitos nacementos de poliños (con máis de 20 galiñas e kikas que chocaron ou están deitadas, a día de hoxe levamos sobre 70 nacementos aínda que temos tido moitas baixas, 26); sacámolos por gaiolas a pacer polos arredores da fonte do Carrajal. Se queres, xa o sabes, temos galos, galiñas, kikas para cambiar, vender, facer troco por outros productos...
Houbo un tempo para visitar o colmear e ir poñéndolle as medias alzas ás colmeas; tamén no invernadoiro e na horta para transplantar (cabaciñas, cabaceiras, pementeiras, cogombros, remolacha...) e coidar o que xa tiñamos posto (patacas, millo, berza galega...).
Seguimos tratando de aprenderlle á Néboa a familiarizarse co seu rabaño de ovellas. Vaise notando que medra pero sobre todo o que máis lle gusta é xogar coa xente da vivenda comunitaria e cos nen@s que veñen ás tardes cara o campo da Lama cando sacamos as ovellas.
Animádevos a vir por aquí e participar de todo isto. Agora -se aínda non tés nada programado- temos o campamento a vindeira semana do 15 ó 21.


viernes, 24 de mayo de 2013

A rapa das ovellas

 

 

 No pasado fin de semana -aproveitando que viñeran 4 polacos rapar as ovellas do rabaño que hai no pobo- tamén raparon as nosas; nun momento (escasos 2 ou 3 min. por cabeza) deixarónas descoñecidas. Sen atar as ovellas, empregan o método australiano, o rapador mantenas no chan baixo a presión dunha das súas mans e vainas xirando, mentras que a outra manexa a máquina.

A verdade é que o tempo ten estado bastante fresco -case frío, por momentos- así que deben ter pasado frío.  Iso si, xa temos la, deste ano, para facer actividades no "fiadeiro".  






lunes, 20 de mayo de 2013

Curso de educación e terapia asistida con animais de granxa

Lodoselo, Santiago, Roma...Roma, Santiago, Lodoselo.

   Este fin de semana 17, 18 e 19 de maio a veciñanza de Lodoselo estivemos de festa. Temos a sorte de ter un veciño, un amigo (O Pepe, da Celia e do Ánxel) que ven de ser nomeado arzobispo. Pero quen para nós é Pepe é para moita xente Mons. Fr. José Rodríguez Carballo, Franciscano, Arzobispo de Belcastro, Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica.     http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Rodr%C3%ADguez_Carballo
  
   Temos que darlle as grazas -entre outras cousas- porque sendo a súa unha distinción persoal quixo que fose unha homenaxe á nosa terra, ó noso medio rural, ós nosos antepasados; grazas por manifestar e testimoniar que "a persoa é coma unha árbore: non pode renunciar ás súas raíces; vir a Galicia é encontrarme coa miña cultura, coa miña xente". É un honor termos unha persoa así ó noso carón. Agradecellerlle o apoio que nos ten dado e que de seguro nos seguirá aportando ó pobo, ó CDR, ó medio rural galego e teriamos que lembrar aquilo que no seu día dicía Aristóteles: "a grandeza non consiste en recibir honras senón en merecelas". Isto está ó alcance duns poucos e Pepe é un deles. Parabéns!!!

   Poñemos aquí algunhas fotos e enlaces deste acontecemento 
  

  
Unhas palabras e a entrega por parte de Josefa dun recordo do pobo e o pan que amasamos e cocemos como sinónimo de alimento en moitas culturas, de vínculo de fraternidade, de compaña ("cum panis"), de boa fe, de hospitalidade, de amistade e solidariedade... xunto cao petición ás autoridades de apoio ó medio rural, ó entorno como parte de nós ó estilo de S. Francisco de Asís na festa do seu 119 sucesor.

A partires do minuto 12.03


A partires do min.1.23

No comezo e a partires do 6.45

E neste enlace que nos achegou Darío hai moi boas fotos deste día. Moitas grazas Darío polo teu traballo.
dasupe.blogspot.com

martes, 30 de abril de 2013

Aniversario de Elisa e Ricarda.



             
           
                    
                           


lunes, 8 de abril de 2013

O C.D.R. O Viso en "Máis Social", programa de fortalecemento da xestión no terceiro sector.

  

           Dez entidades sociais galegas veñen de ser seleccionadas pola Fundación Barrié e a Fundación de PwC para participar en Máis Social, o programa de fortalecemento da xestión no terceiro sector impulsado por ambas entidades.
   A resolución desta segunda convocatoria do programa Máis Social, dirixido a entidades galegas sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, de tamaño mediano e pequeno, que queiran mellorar a súa xestión directiva, foi anunciada hoxe luns 8 de abril en A Coruña por Javier López, director da Fundación Barrié e  Javier Garilleti, director da Fundación de PwC. 
   As entidades beneficiaranse da contratación dun profesional especialista en xestión e captación de fondos, de servizos de consultoría de PwC e de formación.
   As entidades seleccionadas traballan a favor de colectivos da sociedade galega desde distintos ámbitos: discapacidade auditiva, dano cerebral, enfermidade mental, parálise cerebral, autismo, desenvolvemento comunitario, Párkinson, infancia e familia, discapacidade intelectual e Alzheimer.
   Ademais, outras 32 entidades participarán tamén no programa formativo que se desarrollará entre maio e outubro en Vigo e A Coruña, e que se iniciará cunha conferencia inaugural en Ourense a cargo do profesor de branding e marketing público no Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de Esade, Toni Puig, o 23 de abril. 
   As dez entidades seleccionadas este ano son: 
· ACOPRÓS- Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo, A Coruña.
· ADACECO- Asociación de Daño Cerebral de A Coruña, A Coruña. 
· AFAGA – Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia, Vigo y comarca. 
· ALUME- Asociación lucense de ayuda a enfermos mentales, Lugo.
· APAMP- Asociación de familias de persoas con parálisis cerebral, Vigo.
· Asociación Parkinson Galicia Coruña, A Coruña.
· ASPANAES- Asociación de Padres de Persoas con Trastorno del Espectro Autista de la Provincia de A Coruña, A Coruña.
 · ASPANAEX - Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra, Pontevedra. 
· C.D.R. “O VISO” - Centro de Desarrollo Rural “O Viso”, Ourense.
· Fundación Meniños, A Coruña (con ámbito de actuación autonómico).