Así as patacas que brotaran, os plantíos que se puxeran (verza, remolacha...), os castiñeiros, os nogais... e ata algúns carballos (o quercus pyrenaica) sufriron unha noite aniquiladora. A froita que xa se vía enxendrada (algunhas cereixas, peras...) tamén quedou chamoscada. O centeo, o trigo, a herba, o buxo de arredor da vivenda comunitaria... Muchou todo!
O vento destes días estalles arrincando as follas e nalgúns momentos isto parece o outono.
Algunha xente maior lembrávanos o ano da fame; de cando veu unha xeada así e levara o pan...
Afortunadamente son outros tempos e temos outros posibles (que entón non había) pero é sangrante pasear polo nosa contorna e ver o que lle está costando á natureza reporse; mesmo en algunha árbore que quedou totalmente abrasada estalle abrindo a casca... Chegará a secar?