Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

miércoles, 19 de octubre de 2022

Un espazo aquí á beira, o das areeiras, para visitar e gozar


 


As areeiras, ese espazo onde empresas de áridos extraen materia prima para a construción, ocupan unhas 300 hectáreas de terreos que se escavan e despois fican anegados pola auga, creando un novo hábitat para anfibios, aves e mesmo peixes. A cámara de Noelia Caseiro percorreu esa zona híbrida entre industria e natureza, polos camiños trazados polo transporte de area e entre as charcas onde medra a vexetación de ribeira e aniñan distintas especies. Auga e area que se misturan para despois ocupar cadanseu lugar. (Diario do Limia).
Aquí tés un enlace para dar un paseo virtual e o convite a visitar este lugar cando teñas un oco no teu día a día. De seguro que repetirás porque o temos aquí mesmo. Coñecer a nosa contorna é o primeiro paso para querela, coidala, vivir en harmonía con ela...

No hay comentarios:

Publicar un comentario