Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 8 de enero de 2021

Unha regalía: para gozar da nosa contorna

 


 
 
Moito frío, temperaturas propias de xaneiro... Xaneiro, xeadeiro. E se ademais baixa a néboa, queda a xeada dun día para outro... Ocorre que a paisaxe que nos atopamos é todo un espectáculo. Unha sorte poder gozar desta contorna. Velaquí unhas imaxes da reitoral, vivenda comunitaria, centro de inclusión e arredores.  

lunes, 4 de enero de 2021

O lobo no Covelo


 Velaquí unha nova de interese porque xa había tempo que non tiñamos visto o lobo por aquí. Esta vez poideron grabar estas imaxes á beira da granxa O Covelo.

 Será que hai neve na Serra e nos altos pero chámanos a atención que se achegue tanto e máis cando si temos constancia de que hai outras poboacións ben abondosas na contorna (xabaríns, cervos...) e que debería manter á liña se a presenza do lobo fose real.

Ou vai ser que non é un lobo o que aparece no vídeo? Fálannos de varios avistamentos estes días en varios lugares (Nocelo da Pena, Perrelos, Portela... ) e mesmo de algunha matanza. Pero foi o lobo?

sábado, 5 de diciembre de 2020

Día de neve e filloas

 https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d346173855k1482122o2l1/Neve. Filloas. Dec. 2020

 

 

Nevou o xoves, o venres... e así estaba o campo da Lama e arredores esta mañá. Con dous monecos de neve na ventá da vivenda comunitaria ollando o quentiños que están dentro. As fotos de exterior son de Fran. 

E, á hora da merenda apareceu a Manola, que fixo a matanza en Nocelo, cun bo agasallo para esta xente (algúns son moi lambisqueiros): filloas da matanza feitas pola Manola!!! Moitísimas grazas. As fotos de interior son de María José

martes, 1 de diciembre de 2020

Grazas, Tito, por este agasallo

   Participamos na grabación deste fermoso tema que canta o noso amigo Tito, de Nocelo. Escolleron imaxes para o videoclip:
- Do forno do Pobo onde amasou, quentou o forno... a Rosa e soou a gaita e a pandeireta dos nosos artistas. 
- Do tear que temos nos baixos da reitoral onde estivo, ese día tecendo a Palmira, unha das expertas neste oficio.
- E ata quixeron poñer algunhas imaxes do burro Fariñeiro...
 
   Encantados de colaborar desde o CDR O Viso neste empeño de visibilizar o medio rural. Grazas ó artista por contar con nós e sobre todo por refrescarnos a Memoria do corazón, as raíces. Como moi ben escribe Manolo Rivas: "Somos o que recordamos".


 Tema do cantautor Antonio Luz sobre o vivir, o sentir e o latexar do rural.

https://youtu.be/ewLh7N6ekvI 




 

jueves, 19 de noviembre de 2020

" O esencial é invisible ós ollos, vese co corazón"

O principiño (Antoine de Saint-Exupéry) ou a traxedia que supón medrar perdendo o esencial

 
 
Velaquí pois unha proposta que nos parece ben interesante e que atopamos neste enlace
Pincha na imaxe e goza destes contos
 

   

25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Porque a violencia contra a muller constitúe un obstáculo para o logro da igualdade, o desenvolvemento e a paz (ONU)



domingo, 8 de noviembre de 2020

Parabéns, Sra. Encarnación: No Luar e na Región con motivo do seu 100 aniversario

 

A Sra. Encarnación leva varios anos en "A túa outra casa" a  vivenda comunitaria tutelada que o CDR O Viso puxo en marcha hai máis de 18 anos. 

Aínda que a maioría dos programas do CDR para as persoas maiores da nosa contorna tratan de conseguir o obxectivo de que poidan permanecer nas súa casas, con todos os apoios posibles e ese é o modelo polo que apostamos, temos que recoñecer que ten habido momentos nos que "A túa outra casa" ten servido como opción a que algunha xente non teña que marchar lonxe dos seus lugares de referencia.

Nesta vivenda para 12 persoas con todas as precaucións deste momento pola pandemia maldita celebramos o pasado 27 de outubro o aniversario da Sra. Encarnación.

Veciña de Cortegada, deste Concello de Sarreaus, Encarna ("Caxón" para algunha xente) cando lle dicimos que nos diga que quere que poñamos dela no blog, di que " está moi agradecida pola marabillosa familia que ten; tamén por ter ben a cabeza e a vista".

"Moi agradecida ás traballadoras da casa por coidala tanto e tan ben, aínda que sabe que dá moito traballo porque ten moitos anos".

E nós encantados de poder seguir compartindo o día a día con esta xente que nos aprende o saber estar, a relativizar todo, a valorar o importante ( a familia, o cariño), a estar sempre coa palabra gracias na boca... Graciñas.




 


sábado, 31 de octubre de 2020

Tocou rozar algúns terreos que as ovellas e os burros non deron mantido limpos


Algunha facenda do CDR (burros e ovellas) son empregadas para manternos bastantes terreos, fincas como pasteiros e pradarías que a vecindade nos cede. Normalmente terreos pequenos nos arredores das casas que os granxeiros e agricultores non traballan. E que empregamos como pasto extensivo.

Máis de oito hectáreas que co pastoreo, a rotación permanente dos animais, a sega de herba para facer pacas, a roza de toxos, silvas, fentos... para estrar a corte (o lugar a cuberto onde comen ou dormen os animais para mantelos secos e, ao mesmo tempo, que fagan esterco que empregamos para mellorar a terra). Nalgunhas ocasións non damos "mantido a raia" a vexetación espontánea cos traballos de mantemento que facemos os traballadores e as persoas voluntarias que nos axudan nestas tarefas.  

Contribuímos así ó mantemento da diversidade e dunha paisaxe humanizada que forma parte do noso patrimonio. Nun territorio no que todo "nos fala" porque se da unha marabillosa simbiose entre as persoas e a paisaxe, a contorna. 

Grazas ó Concello de Sarreaus que nos posibilitou dispoñer unhas horas do Pepe (un auténtico profesional no manexo do tractor habilitado para esta labor) e rozar algúns anacos en tres terreos que teñen arredor casas e que convén manter limpos para evitar males maiores no caso dalgún incendio.