Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 8 de febrero de 2024

Interesante artigo de Nieves Amado sobre os nosos peliqueiros


 Nieves Amado Rolán
Natural de Laza (Ourense), exerce como arqueóloga profesional desde fai máis de 30 anos. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC, e posgrao co mestrado en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural, rama de Arqueoloxía (USC_CSIC_Xunta de Galicia).
Actualmente forma parte da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e do Grupo de Investigación arqueolóxica da Univ. de Vigo, GEAAT.
Na actividade arqueolóxica profesional, abordou todo tipo de proxectos en Galicia. Tamén traballou nos eidos da documentación histórica aplicada ao patrimonio cultural e no campo da etnografía material e inmaterial.
Colabora activamente en proxectos culturais desenrolados na Comarca de Monterrei, ligados ao asociacionismo cidadá.
Na valorización e difusión do Entroido colabora e publica artigos desde fai varios anos no monográfico anual do “Entroido en Galicia” do xornal O Sil. Publicou artigos na revista Auria, na rev. Ágora do Orcellón (O Entroido galego na Idade Media), no extinguido colectivo Homo Ludens, folletos da Deputación de Ourense, en varios xornais etc. Tamén ten dado varias conferencias sobre os entroidos da bisbarra do Támega. (https://axendacultural.aelg.gal/tag/nieves-amado-rolan/)

martes, 6 de febrero de 2024

Domingo corredoiro




Un ano máis, cun espléndido día de sol e moi boa temperatura, celebramos o domingo corredoiro. Grazas a todas estas persoas que nos alegraron o día e encheron o pobo de sons, vistosidade, música, festa... Graciñas por achegarse ata a vivenda comunitaria. Sentir as chocas dos peliqueiros segue a ser a mellor chamada, a referencia clave do noso entroido. 

Gozar deles ("non se cansa un de miralos") unha moi boa maneira de facer memoria e agolparse nas nosas cabeciñas momentos vividos. Admiración, case devoción ou culto para estas personaxes que coas súas elegantes carreiras adornan de maneira singular os nosos espazos cotiás e enchen o pobo e as nosas vidas, nestas datas, dunha costume case sagrada; todo un rito.

 


sábado, 13 de enero de 2024

TAMAGANIA (o país do Alto Tâmega): Hoxe, LODOSELO

TAMAGANIA (o país do Alto Tâmega) (Pincha aquí para ver enteira a entrada que fixo o Bruno Tamagani Rúa)


 
LODOSELO

Cecais a aldea máis impresionante e grande de todo Sarreaus é Lodoselo. Ten unha boa cantidade de atractivos ademais do mesmo que teñen o resto das aldeas da contorna, cunha boa cantidade de recursos en auga e moi boas terras, o que se nota nas construcións. A cantidade de patios de labor que se ven son refrexo da riqueza da terra dende hai séculos e pásalle que, como as demais, está super equilibrada entre monte e campo, aínda que hoxe a gandeiría sexa máis intensiva que extensiva, pero é o mal dos tempos actuais.
A arquitectura tradicional está moi ben representada nos grandes corredores, pero curiosamente, non abundan os cabaceiros ou canastros. A pericia dos pedreiros limiás vese perfectamente no uso maxistral da cachotería, á que logo de estruturada a picaban para que o aspecto exterior fose o óptimo. Hai casas que son unha maravilla desas técnicas, como veredes. Pero tamén se ve nas fontes e nas escaleiras, cunha delas que me parece unha obra de arte.
Non está falta tampouco de monumentos e edificios nobres. Algunhas casas vilegas elevan a categoría da aldea, pero gústame destacar, sobre todo, o cruceiro (fermosísimo), a casa reitoral, enorme e usada a día de hoxe como centro social (ou eso me pareceu), e tamén a igrexa, non tan grande como cabería agardar, pero ben feita, firme e duradeira, moi do século XVII.
https://www.facebook.com/groups/236597576531361/permalink/2286747934849638/    

 

O Bon Xesús (Trandeiras): 500 anos

 

Fai 500 anos, os primeiros franciscanos chegaron ó Convento do Bon Xesús de Trandeiras, o único de estilo artístico manuelino en Galicia e tamén unha das primeiras mostras do inicio do Renacemento en Ourense.

Despois dunha traxectoria histórica con máis episodios de desgracia que de éxito, o Concello de Xinzo de Limia fíxose coa súa propiedade (a igrexa pertence ó Bispado) e agora estase realizando a primeira fase da súa recuperación (grazas a un convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil).
 
O Centro de Cultura Popular do Limia reclama a declaración como BIC (Ben de Interese Cultural) deste monumento e a súa posta en valor, algo que tamén reivindican os veciños de Trandeiras dende fai décadas.
https://www.facebook.com/vialethes.es 
 
Velaquí o que saíu no Telexornal Serán_TVG (12/1/2024)      Mosteiro do Bon Xesús.Trandeiras