Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

martes, 19 de junio de 2018

No Encontro de Educación Infantil Familiar, protagonismo inesperado


No Encontro de familias participantes no Programa de Educación Infantil Familiar celebrado o 15 de xuño vivimos un acontecemento espectacular; aínda que os distintos grupos estaban rotando polos obradoiros preparados houbo un momento que a acción, a atención xirou cara o lameiro onde estaban as ovellas do CDR xa que unha se puxo de parto. 
E fomos observando, falando e con atención seguindo o proceso; agora deitábase, erguíase; botou unha vexiga... Botou outra! Logo o parto vai ser de dúas crías, se oía... E tal cual: aquí o vídeo que nos mandou Esme do primeiro año que naceu. Ben grande, por certo e con moitas manchas...

domingo, 20 de mayo de 2018

Pitiños, patiños, añiños ... primavera




Ó longo deste mes de maio son moitos os Centros educativos, familias, grupos... que se achegan ata Lodoselo. Aquí os agardamos cunha manchea de actividades de relación co medio, coa xente, cos animais. E si, xa ten cría a parella de Cegoñas que temos na Lama pero tamén máis pitiños, patiños (grazas a Ángel Isaac), coelliños... Pavos, galiña de Guinea...  e a punto de parir algunhas ovellas para seguir gozando desta primavera vizosa aínda que castigada, a estas alturas (metade de maio) por algunhas xeadas. Velaquí uns pequenos vídeos de Tomás:






Patiños na fonte do Carrejal 


                               Máis pitiños na horta 



Se onte, cando fixemos esta entrada, diciamos que estaba xa algunha ovella a punto de parir, hoxe, domingo 20, apareceu a primeira cun parto doble; unha parella de añiños. Así que facemos este engadido. Esta nai (70) foi a primeira que naceu aquí e é un bo exemplo do prolífica que é a ovella galega. O seu anterior parto foi en novembro (unha parella) e velaquí, seis meses despois, aparece con outra parella.



miércoles, 16 de mayo de 2018

E viñeron os rapadores



   Pois si, o domingo 13 de maio a partir das 19 horas viñeron os rapadores; unha moza e un mozo da montaña de Lugo que ademais de rapar as nais e o carneiro fixéronlle os pés. Tamén coa axuda de Fran aproveitamos para desparasitar... Así que, volta completa. E agora xa temos la para o fiadeiro, la que tamén empregamos para acolchar no invernadoiro... Porque este, noutro tempo apreciado produto, neste momento non ten ningunha saída. Algún ano aparece alguén para levala regalada. Este ano nin eso. 
Algo de frío deberon pasar esa noite pero xa ó día seguinte co sol retozan polo campo da Lama.  
   

viernes, 27 de abril de 2018

Rosa Mari, Josefa, José... Exemplo de bo facer no campo galego

Facendo pobo, país... Persoas amigas moi queridas que teñen participado, colaborado... sempre  contribuíndo co CDR O Viso. Eles son tamén a cara visible para os grupos que participan no Pobo escola; as crianzas, o  profesorado, levan moitos anos (desde a década dos noventa) aprendendo nesta explotación. Graciñas por estar sempre aí alentando e axudando, transmitindo que ser labrego é unha profesión e non unha condena, dignificando o medio rural. E parabéns!!! 

Gandería “O Cobelo”: Aposta pola enerxía solar e polo cebo dos xatos

Visitamos esta gandería con 120 vacas en muxido que se atopa no concello ourensán de Sarreaus. Hai un ano instalaron un sistema de placas solares para reducir a factura eléctrica. Tamén ceban os becerros na propia explotación

lunes, 12 de marzo de 2018

11 de marzo: vento, chuvia, sol... Pastoreando.







Xa están as lameiras e o campo da Lama encharcados; unha imaxe típica dalgunhas épocas do ano que levabamos algún tempo sen ver. Despois da seca que pasamos case presta ver isto así. Coas cegoñas nas charcas e ós poucos no niño; xa coa posta ou empezando a chocar.

 E Néboa coas ovellas sen importarlle a chuvia; aínda menos ás ovellas que pacen e pacen. Por momentos todo oscuro -coma se fora anoitecer- e de súperto unhas raiolas de sol -case cegadoras- e como viña o vento do Oeste e Suroeste no Liñón (ladeira que mira ó Norte) pasamos a mañá ben agarimados,tamén polos castiñeiros. E gozando destes espazos, da boa lectura e a compaña.

A semana pasada lía no País que os urbanitas californianos pagan pola experiencia de pasear sen móbil un par de horas polo campo acompañando á persoa que pastorea un rabaño (naquel caso de cabras). Pastorear, a quen? Conectarse co presente. É o que se "vende" a 45 dólares: eses paseos silenciosos de meditación con cabras. E lembro aquela cita de Machado: só o necio confunde valor con precio.  

Si, seica pagan tamén por abrazar vacas, pavos, porcos en granxas-zoo que viven diso; velaí unha boa combinación: o contacto cos animais e a moda do mindfulness (a atención consciente ou plena). Unha volta ó pasado para ganar o futuro. 

domingo, 18 de febrero de 2018

Xa levan 10 anos con nós


   Foramos por eles á Xironda (Cualedro) o 11 de febreiro de 2008; Ademais da Torda e o Fariñeiro tamén trouxemos a Raiano (+) e a Zascandil. E neste tempo naceron Lúa (+), Terra, Café e Alai (+). Hoxe os burros que quedan son Torda, Fariñeiro e Terra. Con eles (sobre todo co Fariñeiro) é co que se fai a actividade de pasear en carro ós grupos que participan no pobo escola e solicitan esta actividade. Pero tamén traballamos a horta empregándoos para arar e para apañar a herba, o estrume para estrar a corte, a leña para o forno, etc.   
Case todos os días se sacan ó monte (salvo os que fai moi malo, especialmente se chove moito); os educador@s, os voluntari@s son os que fan este traballo. Fóra axúdannos a "desbrozar"; pero tamén se coidan na corte (sobre todo o Aníbal); tamén viña o ferrador facerlle os pés (o seu punto débil porque estaban moi descoidados) e agora, xa xubilado, aprendeunos a nós a facelo. Ou os veterinarios cando a situación o require.
Gústalle moito a compaña e que os cepillen ou lles leven algún agasallo (anaco de pan, sobre todo). 
Recollemos nesta montaxe algúns momentos destes últimos anos.

lunes, 12 de febrero de 2018

As cegoñas, os gregos e o coidado dos maiores...

Xa están aquí. A parella de cegoñas está na Lama. O 12 de febreiro xa encheron co seu son característico este día soleado. Pero levan por aquí -segundo me dixeron os de "A túa outra casa" (vivenda comunitaria) desde o 11 de xaneiro. O mesmo día que lemos que Da igual el país que busque en el mapa. Absolutamente todos los del mundo menos uno tienen índices de natalidad superiores al de Galicia. SoloMónaco, 19 veces más pequeño que A Coruña y con una población a la que llegan vidas ya hechas, tiene menos proporción de hijos que Galicia: 6,5 por cada mil residentes en el principado por 7,03 en la comunidad gallegahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/11/solo-monaco-hijos-galicia/0003_201802G11P2992.htm
Hoxe non nos deixaron arrimar e ata as ovellas e Néboa as asustaban... 



Algunhas curiosidades sobre as cegoñas da Galipedia
Debido ao seu gran tamaño, predación de animais daniños, e o seu comportamento de nidación preto dos asentamentos humanos e sobre os tellados, a cegoña branca ten unha impoñente presenza que tivo un impacto na cultura e folclore humanos. No Antigo Exipto estaba asociada ao Ba ou "alma" e era o xeroglífico que a representaba. A palabra hebrea para denominar a cegoña branca é chasidah (חסידה), que significa "misericoridosa" ou "amable". A mitoloxía grega e a romana representaban as cegoñas como modelos de devoción parental, e crían que non morría de vella, senón que voaba a illas e tomaba a aparencia de seres humanos. Esta ave intervén en polo menos tres fábulas de Esopo tituladas O raposo e a cegoñaO granxeiro e a cegoña, e A ra que quería ser rei. Tamén se pensaba que coidaba aos seus pais vellos alimentándoos e mesmo transportándoos, e os libros para nenos representábanas como un modelo de valores filiais. Unha lei grega chamada Pelargonia, nome que procede da palabra do grego antigo pelargos, que significaba cegoña, obrigaba aos cidadáns a coidar aos seus pais anciáns. Os gregos tamén estableceron que matar unha cegoña podía ser punido coa morte. Na antiga Tesaliaparece que era protexida, xa que cazaba cobras, e sostíñase que era a "ave branca" de Virxilio. Os escritores romanos salientaron a chegada da cegoña branca en primavera, que era un aviso para que os agricultores plantasen os seus viñedos.