Neste enlace hai algunhas imaxes desta actividade
Nesta agradable tarde do 31 de outubro fixemos unha camiñada pola Rañada, o Liñón, as poulas de Monelo... e aprendemos, sobre todo de Tomás, algo do mundo misterioso dos cogumelos, do monte, da natureza.
Gozamos dun paseo atentos ó medio e tamén ollamos cara eses seres máxicos que non son nin plantas, nin animais.
E sendo a víspera de tódolos Santos prendemos o lume no patio da reitoral e asamos as castañas, tomamos o chocolate e o biscoito que nos prepararon a Lucía e o Fran. Graciñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario