Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

sábado, 31 de octubre de 2020

Tocou rozar algúns terreos que as ovellas e os burros non deron mantido limpos


Algunha facenda do CDR (burros e ovellas) son empregadas para manternos bastantes terreos, fincas como pasteiros e pradarías que a vecindade nos cede. Normalmente terreos pequenos nos arredores das casas que os granxeiros e agricultores non traballan. E que empregamos como pasto extensivo.

Máis de oito hectáreas que co pastoreo, a rotación permanente dos animais, a sega de herba para facer pacas, a roza de toxos, silvas, fentos... para estrar a corte (o lugar a cuberto onde comen ou dormen os animais para mantelos secos e, ao mesmo tempo, que fagan esterco que empregamos para mellorar a terra). Nalgunhas ocasións non damos "mantido a raia" a vexetación espontánea cos traballos de mantemento que facemos os traballadores e as persoas voluntarias que nos axudan nestas tarefas.  

Contribuímos así ó mantemento da diversidade e dunha paisaxe humanizada que forma parte do noso patrimonio. Nun territorio no que todo "nos fala" porque se da unha marabillosa simbiose entre as persoas e a paisaxe, a contorna. 

Grazas ó Concello de Sarreaus que nos posibilitou dispoñer unhas horas do Pepe (un auténtico profesional no manexo do tractor habilitado para esta labor) e rozar algúns anacos en tres terreos que teñen arredor casas e que convén manter limpos para evitar males maiores no caso dalgún incendio.









No hay comentarios:

Publicar un comentario