Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

lunes, 5 de octubre de 2020

Día mundial dos animais

Con motivo da celebración, onte, deste día, lembramos aquí a nosa aposta por ligar o desenvolvemento ó territorio, ó coidado do territorio. Porque as raíces dun territorio teñen as mesmas funcións que as dunha planta: arraigarse á terra e facilitar o crecemento dos seres vivos que a habitamos.
 

 O 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos Animais, unha data promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, co obxectivo de frear a extinción de moitas especies ó longo e ancho do mundo.

Elixiuse este día en particular por coincidir co santo dos animais San Francisco de Asís, quen en vida considerou que todos os seres que habitamos a terra somos criaturas de Deus.
Alá polo ano 1200, cando San francisco de Asís era apenas un raparigo, el dixo "que debemos comprender cal é o noso lugar na Terra, xa que o benestar de nós está integrado ó benestar de todos os animais e o medio ambiente".
As súas palabras, non foron comprendidas para nada naquela época, pero actualmente todos os seres humanos sabemos de certo, cuan sabia e premonitoria, foi aquela frase.
A intención de celebrar o Día Mundial dos Animais, é lembrarnos que, aínda que dicimos que somos a especie máis evolucionada, iso non lle quita os dereitos e protección ó resto dos animais do planeta.
Porque tal e como lle explican a Simba no Rey León, todos formamos parte dunha cadea coñecida como o ciclo da vida, e a destrución de calquera especie xera grandes estragos na natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario