Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 19 de septiembre de 2019

"Nunca preguntes por quen dobran as campás; dobran por ti".

Non acostumamos a facer unha entrada na web ou no blog do CDR O Viso cando unha persoa da nosa contorna morre; no noso entorno rural a morte forma parte da nosa vida cotiá. Pero hoxe temos que traer aquí esta mala nova porque nos levaron ó José (para moitos "O caixeiro"). 
Sempre foi un pilar do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", de Lodoselo. Ben coñecido na comarca: todo un "emprendedor" como din hoxe á xente que coma el foi quen de montar unha exemplar explotación a base de traballar. 
Desde que comezamos co programa do Pobo escola, aló polo 1992 a súa granxa e o seu bo caracter para entablar unha agradable conversa formaron parte da oferta que lle facemos ós grupos; así que os distintos educador@s do CDR foron, van á granxa a aprender coa xente coa que participa no Pobo escola. E el ensináballe os catro pilares que sustentan aquela explotación gandeira de leite: Alimentación, sanidade, xenética... 
Ademais sempre estivo en primeira fila loitando por conseguir máis e máis servizos para a nosa xente e a min, "protexédome com un irmán maior" cando viñan mal dadas; endexamais esquecerei a reunión que tiveramos unha comisión do CDR, da que el formaba parte,claro, co Bispado (no empeño de construírmos o que hoxe é o centro de inclusión); ou cando... 
Por todo: GRAZAS. Se ben é verdade que algo de nós morre con cada persoa do noso entorno que finou... Onte, o CDR O Viso, Lodoselo, A Limia... morremos un chisquiño. Porque non somos illas. Estamos vencellados. 


Quen non bota unha mirada ao sol cando atardece?
Quen quita os seus ollos do cometa cando estala?
Quen non presta oídos a unha campá cando por algún feito tañe?
Quen pode desatender esa campá cuxa música o traslada fóra deste mundo?

Ningún home é unha illa enteira en por si.
Cada home é unha peza do continente, unha parte do todo.
Se o mar leva unha porción de terra, toda Europa queda diminnuída, coma se fose un promontorio, ou a casa dun dos teus amigos, ou a túa propia.

Ningunha persoa é unha illa: a morte de calquera me afecta, porque me atopo unido a toda a humanidade; por iso, nunca preguntes por quen dobran as campás: dobran por ti.

John Donne. Londres (1572-1631).
Poeta metafísico ingles. 
Devociones para ocasiones emergentes, 1624 (fragmento)

No hay comentarios:

Publicar un comentario