O potencial non utilizado das zonas rurais como nova oportunidade para a inclusión sociolaboral
O inaprazable pacto por unha Galicia integrada
A sociedade galega necesita un gran pacto por un medio rural vivo e con futuro. Non polo ben do rural, grave fallo de percepción. É polo ben de Galicia, tamén da urbana. Porque somos un todo rururbano, pero dolorosamente fracturado. Non nos podemos permitir un territorio así, dislocado, gravemente descompensado en termos demográficos e socioeconómicos. Porque esa fractura, ese desequilibrio ten consecuencias fatais nas posibilidades reais de cohesión, de desenvolvemento harmonioso e sustentable, de inclusión social e benestar, tanto dos que habitan a Galicia verde, arredada, ardida e envellecida, como dos que habitan a Galicia acelerada, cementada e desempregada –ou, quizais, precarizada. Somos aldea, aldea mutante, viva, global. E somos vila galega, simbiótica, alternativa, amigable. Sómolo en potencia. Cómpre tanto ruralizar a urbe como urbanizar o agro, física e mentalmente, urbanística e culturalmente, con xeito. Varrendo estereotipos, recreando modelos.
O territorio rural está infrautilizado, desertizado. O chamado progreso pasouse de freada. E temos externalidades negativas enriba da mesa: diversas e perigosas. Si que hai potencial infrautilizado. E iso pódese afirmar da propia actividade agraria, pero tamén das actividades non agrarias e das posibilidades que abren os enfoques neorurais. (e hai unha valiosa unanimidade neste punto; ver ao respecto estes dous enlaces dispoñibles na nosa páxina web de symbios
http://www.lalin.org/files/Galicia%20un%20mundo%20rural%20vivo%20baja.pdf
http://praza.com/economia/3536/o-agro-galego-a-alternativa-de-futuro-que...)
Cómpre logo ese pacto. Que supere, en primeiro lugar, as fronteiras mentais do minifundio administrativo. Non vale xa conque o responsable público se autoxustifique no minifundismo competencial. “Ah, iso é de medio rural”; “non parece cousa de benestar?”; “que va, é claramente un tema de medio ambiente”; “quizais isto tería que levalo planificación, ou estatística, ou economía, ou....”
Pero tamén debe ser un gran pacto “transpartidario”. Imposible? Non; hai unha condición de posibilidade: un gran movemento social, unha alianza responsable polo futuro dos territorios, que implique ás comunidades locais, asociacións, emprendementos diversos (e nomeadamente os de raíz social e cooperativa), universidades e centros de coñecemento, investigación e innovación; con cabeza, con realismo, con visión. Hai que avanzar nesa liña, porque o heroísmo dos que intentan demostrar cada día que é posible, que esa potencia pode converterse en acto, non é suficiente. A estratexia de país é inaprazable.

No hay comentarios:
Publicar un comentario