Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

martes, 3 de septiembre de 2013

Benvida e grazas a Matiss, Merle e Norbert (SVE)


 
   Dámoslle a benvida a Merle Kaupat , unha voluntaria alemana que leva uns días con nós; a súa organización de envío é Sozialer Friedensdienst Bremen e.V.
 
   Tamén a Norbert Dobosi voluntario húngaro que chega a través da organización Uton Ifjusagi Kulturalis Eqyesulet.

   Eles estarán con nós ata maio de 2014.

   Teñen a sorte de contar xa aquí con Matiss Kulaines, letón pero xa coñecido na comarca porque leva con nós desde marzo. Veu a través de Jaunatne Par Iesaistisanos.

   O só feito de estar aquí xa é motivo para agradecerlles a súa opcíón, pero se ademais a súa actitude de servizo, acompañamento, alegría... chega ós maiores (da Vivenda comunitaria, Centro de día, etc.) e ós participantes nos outros programas (Pobo escola, antenas de informacion nos IES, ...) hai que dicirlles MOITAS GRAZAS.

   A súa estancia aquí é posible grazas ó Servizo de Voluntariado Europeo que ofrece á mocidade de entre 18 e 30 anos a oportunidade de expresar o seu compromiso persoal participando en actividades voluntarias a tempo completo e non remuneradas nun país extranxeiro dentro ou fora da Unión Europea.

   Lembrade que o Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" é organización de acollida pero tamén de envío.
   Se tés interese en participar neste programa ou noutros do CDR podes poñerte en contacto con nós a través deste medio ou pasar polo CIX na praza maior, nº 1, 1º de Xinzo de Limia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario