Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 27 de septiembre de 2013

A rede Symbios en Lodoselo

Os participantes da Rede Symbios no Seminario “Crise demográfica, exclusión territorial e a exclusión social” que empezou onte en Santiago visitaron hoxe venres 27 de setembro a experiencia do CDR O Viso. Xunto ós representantes da administración autonómica, coa presenza de Mª Amparo González Mendez, directora xeral de familia e inclusión, estiveron persoas da Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER), da Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro- CETRAD, da  Universidad de Zyud- CERST (Países Baixos) e do Consello Rexional de North Karelia (Finlandia).

   O CDR O Viso xa participou no Seminario de lanzamento que tivo lugar no mes de xuño de  2013 en Santiago. O seguinte que hai programado é sobre “A inclusión socioterritorial. Análise de experiencias a favor duns territorios inclusivos, intelixentes e sostibles” para xuño de 2014.

   O Proxecto SYMBIOS é un proxecto promovido pola Xunta de Galicia que se enmarca dentro do Eixo 4.80 do Programa Operativo Rexional FSE- Galicia (2007-2013). Conta cun presuposto inicial de 250.000 euros, financiados nun 80% polo Fondo Social Europeo.









   SYMBIOS céntrase nos efectos sociais da crise demográfica e, concretamente, no seu
vínculo coa exclusión social e territorial. A Xunta de Galicia promove, con este proxecto, a creación dunha rede de traballo coas vertentes autonómica, interrexional e transnacional, para intercambiar experiencias e metodoloxías orientadas a abordar as consecuencias sociais do declive e envellecemento demográfico.

Os participantes na constitución da Rede Symbios (15 de octubre de 2012):
• Xunta de Galicia
• Instituto Galego de Estatística
• Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
• Universidade de Santiago de Compostela- IDEGA
• Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia
• Confederación de Centros de Desarrollo Rural (COCEDER)
• Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro- CETRAD
• Universidad de Zyud- CERST (Países Baixos)
• Consejo Regional de North Karelia (Finlandia)


De SYMBIOS espérase que favoreza a mellora do coñecemento para deseñar un III Plan Galego de Inclusión Social, no marco do Programa Operativo Rexional para o periodo 2014-2020, tendo como marcos de referencia a Estratexia Europa 2020 e as consecuencias sociais da crise demográfica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario