Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

sábado, 16 de junio de 2012




 
Lodoselo, en Sarreaus, completa a súa oferta para os maiores ao inaugurar o seu Centro de Día
 
Dende este venres, a localidade de Lodoselo, en Sarreaus, dispón xa de Centro de Día, que depende do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, no que a Xunta de Galicia di que investiu nos últimos anos 65.000 euros. Segundo a Xunta O Viso completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
 
 

 
16 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL
A localidade de Losodelo, no concello de Sarreaus, inaugurou este venres o seu Centro de Día que pon en marcha o CRD, Centro de Desenvolvemento Rural  O Viso. Ao acto asistiron o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial de Traballo e Benestar en Ourense, José Selas.
Segundo informa o departamento de Martínez, os centros de día defínense como "centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que prestan atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual".
Coa posta en funcionamento deste servizo, o CDR O Viso completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da súa xefatura territorial en Ourense, desde o ano 2010 vén de colaborar con esta entidade outorgándolle subvencións acollidas a Orde de axudas a entidades de iniciativa social, por un importe de preto de 65 mil euros.
Rogelio Martínez eloxiou esta iniciativa que responde ás necesidades dun "colectivo importante", dixo, tendo en conta que o 22% dos galegos e galegas teñen máis de 65 anos e precisan unha maior atención, sinalou o represetante da Xunta en Ourense.
Neste senso, subliñou que "a procura do máximo benestar e a mellora da calidade da vida dos maiores galegos e galegas é un obxectivo prioritario e irrenunciable para a Xunta".

No hay comentarios:

Publicar un comentario