|   
           Os Premios ó Desenvolvemento Rural
  “Macario Asenjo Ponce”, están dirixidos a persoas, colectivos ou institucións
  que se distinguen polo seu traballo en pro do desenvolvemento rural.  
O obxectivo destes galardóns,
  na súa dobre modalidade nacional e provincial, é recoñecer a traxectoria
  dunha persoa, colectivo ou institución que teña destacado pola súa labor
  científica, técnica, cultural, educativa, empresarial, social e humana na
  posta en marcha de accións ou proxectos significativos para o desenvolvemento
  rural. 
 Estes proxectos han de ser un reflexo das
  persoas, empresas ou entidades que traballan por un medio rural mellor,
  contribuíndo de maneira decisiva ó desenvolvemento económico e social dos nosos pobos,
  cunha labor moitas veces non recoñecida; por esta razón a Fundación quere
  valorar esta importante labor, á vez que se contribúe a recordar a figura de
  Macario Asenjo Ponce, recoñecendo a súa labor e empeño por impulsar o desenvolvemento
  integral dos nosos pobos e as persoas que os habitamos. 
           Ós
  premiados otórgaselles unha figura, peza exclusiva, deseñada e creada pola
  artista de San Pedro de Gaillos (Segovia), Angela Clemares, y una dotación
  económica de 3000 €.  A entrega de premios será o vindeiro sábado 2 de xuño; coincidirá co XX Aniversario de Codinse – Coordinadora para o desenvolvemento integral do Nordeste de Segovia- e pechará o programa de actividades organizadas para esta semana en Campo de San Pedro. 
O  fin principal da Fundación para o D. Rural é
  promover o desenvolvemento social, económico e cultural do medio rural e a mellora
  da calidade de vida das persoas que viven nel, contribuíndo a superar o
  desequilibrio demográfico, as deficiencias de infraestruturas e servizos e
  optimizando o nivel de autoestima cultural, ata conseguir un equilibrio entre
  el desenvolvemento rural e urbano en orde a unha maior xustiza territorial. 
Nace en 2005 coa
  clara e decidida intención de ser un instrumento máis que posibilite a
  revalorización do patrimonio que atesoura o medio rural así como motor de
  cambio nas deficiencias que sufre. 
Traballa en catro
  liñas principais: 
•    Programa integral para la atención a maiores. 
•    Programa formativo para el asentamento da
  poboación nova. 
•    Programa ambiental. 
•    Programa de Promoción del medio rural. 
Nesta sétima edición consolídanse as categorías
  nacional e provincial. En 2011 as entidades que obtiveron este distintivo
  foron Cuarto Creciente Borobia S.L, en categoría Nacional, e o Concello de
  Coca na Provincial. Cuarto Creciente Borobia S.L é unha entidade ubicada en
  Borobia (Soria), unha pequena poboación nas ladeiras do Moncayo. No momento da
  súa creación deuse a opción a todos os veciños para que puideran formar parte
  dela para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural sostible empregando
  os recursos existentes no pobo. Pola súa parte, o Concello de Coca (Segovia)
  mantén desde 1998 un proxecto de desenvolvemento no municipio consistente na
  investigación de novas técnicas de extracción resineira en 18.000
  pinos.  
O nome destes premios é un homenaxe a Macario
  Asenjo Ponce, unha persoa comprometida que dedicou a súa vida a axudar ós
  demais e que grazas á súa visión anticipou solucións ás deficiencias e
  problemas das zonas rurais, impulsando o desenvolvemento integral dos pobos e
  mellorando a calidade de vida dos que neles viven.  | 
http://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-centro-viso-orense-ecomanjar-segovia-premios-desarrollo-rural-fundacion-macario-asenjo-ponce-20120528185814.html
http://ecodiario.eleconomista.es/espana/noticias/4000392/05/12/el-centro-o-viso-de-orense-y-ecomanjar-de-segovia-premios-al-desarrollo-rural-de-la-fundacion-macario-asenjo-ponce.html
http://www.20minutos.es/noticia/1483363/0/
http://ecodiario.eleconomista.es/espana/noticias/4000392/05/12/el-centro-o-viso-de-orense-y-ecomanjar-de-segovia-premios-al-desarrollo-rural-de-la-fundacion-macario-asenjo-ponce.html
http://www.20minutos.es/noticia/1483363/0/
 
    
No hay comentarios:
Publicar un comentario