Na tardiña do Quince polo barrio dos tres pés, a canella da Ponte e no outeiro a veciñanza volvemos encher os espazos onde puxemos os materiais dos xogos tradicionais, populares e do mundo que seguimos tentando mellorar cada ano. Feitos con xeito, á maneira da que a Pili e o Eloi seguen a aprendernos en cada traballo que fan o artistas que son. Parabéns !!! E nas Casas da Memoria un complemento temporal de 10 paneis do proxecto ENRAIZADAS da asociación Euroeume que visibiliza o papel fundamental das mulleres no medio rural, o ecofeminismo e a custodia do territorio. Valorar o traballo diario das mulleres no sostemento da vida e a comunidade. Como tratamos de seguir facendo na Unión de Asociacións rurais galegas Terra e Xente da que formamos parte, entres outras asociacións, Euroeume (comarca do Eume- A Coruña-) e o CDR O Viso.
Moitísimas grazas a todas as persoas pola participación e á Comisión de festas por seguir incluíndo esta actividade no programa. Coma sempre estampas espectaculares; familias enteiras gozando, aprendendo uns doutros aqueles xogos de toda a vida e deseguida competindo a tope, tratando de gañar con todo o empeño... para ó acabar, dicir aquilo de o importante é participar; pero saboreando cada momento, relacionándonos, conversando, poñendo en común pensamentos e vivenzas.
.jpeg)

















No hay comentarios:
Publicar un comentario